Bo día pequenos e pequenas meteorólogas!
Volveu o frío! Esta primavera quérenos enganar, porque incluso volveu a caer neve en lugares altos!
Esta neve caída nesta época denomínase nalgunhas zonas a Neve do cuco, deixovos aquí unha pequena reseña disto:
A neve de primavera coñécese polos veciños de Negueira de Muñiz (Lugo)
como a "neve do cuco" xa que tras os primeiros cantos desta ave soen
chegar días fríos, nos que deixa de cantar e mesmo pode nevar.
Unha vez que soben as temperaturas, o cuco volve a cantar. Ademais, tras pasar a "neve do cuco", aínda queda a "neve da rá".
[Texto de Xabier Moure Salgado. Setembro de 2013]
Unha vez que soben as temperaturas, o cuco volve a cantar. Ademais, tras pasar a "neve do cuco", aínda queda a "neve da rá".
[Texto de Xabier Moure Salgado. Setembro de 2013]
Dende logo que a meteoroloxía é ben curiosa :)
Dito isto, poderedes comprobar na anterior publicación do observatorio de nubes, a incógnita resolta de que era aquilo que vían os autores das anteriores fotos de nubes, desta volta houbo varias coincidencias! O realmente interesante, foi ver que lonxe pode chegar a nosa imaxinación e que ideas tan variopintas sairon!
Co cal, aquí volvemos con máis nubes que nos fostedes enviando durante estes días pasados de sol (non esquezades compartir con nós a que vos recordan nos comentarios na parte inferior, é moi divertido volver á imaxe e intentar atopar aquilo que o outro imaxina), clícade no enlace para velas:
Temos nubes de todo tipo, pero estes días apareceron especialmente cúmulos, debido ao bo tempo, á pouca humidade e movemento de aire vertical que houbo nestes días pasados.
Animádevos a seguir enviándonos nubes. Son unha xanela máis, que nos permite ver ao exterior, ao mesmo tempo que o seu aspecto sedoso e cálido, transmite calma e paz.
Unha aperta de nube!
IMOS DESVELAR A INCÓGNITA QUE ESCONDÍAN AS NUBES
1. A nube de Asier era un ratiño.
2. Sergio díxonos que a súa era un paxaro.
3. Lidia enviábanos o que para ela era un León!
4. Houbo pleno acordo que Mara vía un corazón.
5. Alexis atopaba unha foca.
6. E Emilly unha serpe!
Grazas por participar!
1. A nube de Asier era un ratiño.
2. Sergio díxonos que a súa era un paxaro.
3. Lidia enviábanos o que para ela era un León!
4. Houbo pleno acordo que Mara vía un corazón.
5. Alexis atopaba unha foca.
6. E Emilly unha serpe!
Grazas por participar!
Adrián e Martín Muíño Dacal opinan:
ResponderEliminar1.- Eiruga
2.- Avión
3.- Un home enfadado
4.- Corazón!!!
5.- Toupa
6.- Reno de Papá Noel
1-Huevo con capa y piernas
ResponderEliminar2-Pavo con las alas abiertas
3-Cara de enfado(imaginando mucho)
4-Corazón
5-Ola
6-Pájaro pequeño