venres, 20 de marzo de 2020



Ola familias!!

Hoxe é venres!

Por se vos aburrides durante o finde, ou se estades quedando sen ideas para entretervos durante a cuarentena... aquí tedes un xogo moi sinxelo e divertido para toda a familia!!


Aquí deixo o enlace para a imaxe orixinal.


Para xogar tan so precisades un dado. Debedes tirar o dado 3 veces, dependendo do número que vos toque leredes unha liña ou outra. A columna a ler dependerá do número de veces que se tire: a primeira vez que se tira, lese a primeira columna, a segunda vez, segunda columna, terceira vez, terceira columna.

O dado débese tirar 3 veces, dependendo do número leredes unha cousa ou a outra. É moito máis sinxelo de comprender cun exemplo!

A primeira vez que se tira, obtés o "character", o persnoaxe. Tiro o dado a primeira vez, toca 3, polo que o meu personaxe é un "an angry ghost", é dicir unha pantasma enfadada. 

A segunda vez que se tira consiges o problema. Se me toca o número 6, por exemplo, leo que á miña pantasma estana a perseguir abellas: "is chased by bees". 

Tiro o dado por terceira e última vez, para obter o lugar onde todo sucede: "the setting". Se me toca o número 2, todo ocorrerá: "in the forest", é dicir, nun monte. 

O resultado final sería: "an angry ghost is chased by bees in a forest" ou "unha pantasma enfadada é perseguida por abellas nun monte". 

Para os máis inspirados, podedes facer un debuxo do que ocorre, decidir como continua a historia ou incluso facer unha obra de teatro na casa!

Espero que o disfrutedes, que aprendades algunha cousiña nova e que vos axude a alixeirar esta cuarentena. 

Celia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.