Feliz martes!!
Hoxe é o día dos cursos de 2º, 6º e 3º, imos aló!!
2º CURSO:
Xa aprendemos a expresar as nosas preferencias con: "I like..." ou "I don't like...". Pero, que ocorre se alguén nos pregunta se nos gusta algo: "Do you like cheese?", por exemplo? Nese caso, as respostas correctas serán: "Yes, I do", ou "No, I don't". Aquí deixo dúas cancións moi curtiñas para que o vexades e practiquedes:
Espero que vos gustasen!
Agora que xa escoitamos as preguntas e respostas, estamos listos para facer os seguintes exercicios! Necesitamos saber o que vos gusta e o que non, polo que escollede ben a vosa resposta!
O único que debedes facer nesta páxina é responder á pregunta: "do you like...?" e como respondemos? Escribindo: "Yes, I do" ou "No, I don't" segudo corresponda co vos gusto.
Yes, I do/No, I don't
6º CURSO:
Antes de traballar en "much/many", imos a revisar a/an e some/any.
a/an úsase para nomes contables singulares, tanto en afirmativa, como en negativa, como en pregunta:
I have a pen.
I don't have a pen.
Have you got a pen?
some úsase para nomes plurais contables, e nomes incontables en oracións afirmativas.
I have some apples.
I have some biscuits.
There is some sugar.
There is some water.
any úsase con nomes plurais contables e tamén nomes incontables en oracións negativas e en preguntas.
Is there any pencils?
There isn't any pencils.
Is there any sugar?
I don't have any sugar.
Ben, despois deste pequeno repaso, por favor, facede o exercicio: a, an, some, any;
e este outro tamén: a, an, some and any
Recordade, facédeo a modiño, para poder ver claramente se os nomes son contables ou non, e que tipo de oración temos. Concetrádevos, é moi sinxelo cometer erros nestes exercicios, e non por falta de coñecemento senon por falta de atención.
3º CURSO:
Ben, xa sabemos dicir en inglés, se hai ou se non hai algo. Agora, imos a traballar en como preguntar, e hai varias formas de facelo. Imos comezar pola máis sinxela: "How many...?". A resposta a esta pregunta inclúe, na maioría dos casos, un número.
Por exemplo:
How many kangaroos are there?
There is one kangaroo.
Cantos canguros hai?
Hai un canguro.
How many elephants are there?
There are two elephants.
Cantos elefantes hai?
Hai dous elefantes.
Mira este video con máis exemplos!
Unha vez visto, fai o seguinte exercicio:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.