luns, 23 de marzo de 2020

EDUCACIÓN INFANTIL 23 DE MARZO

Bo día nenas, nenos e familias!

Aproveitando que acabamos de pasar o 19 de marzo imos ver un conto de Kalandraka relacionado, abride o seguinte enlace para velo con atención:

(Lembrade orelliñas, olliños, boquiña e cuíño ;) 

Resultado de imagen de con p de papá


Unha vez visto o conto podemos facer un pequeno faladoiro sobre o mesmo: Que pasaba neste conto? Que cousiñas facía ese papá? Porque? As preguntas irán xurdindo en función de por onde se vaian encamiñando as respostas das pequenas e pequenos. Así tamén veremos o nivel de atención que desenvolveron e que vai depender, por suposto, da súa idade, do interese que lle xere o conto, do seu nivel de relaxación, etc. Ademais de fomentar a comunicación oral e a expresión.

Os maiores (6º EI) poden tentar escribir varias funcións que tiña ese papá do conto, ao seu xeito, que é tan válido coma o dos maiores. Ademais de intentar lembrar quen eran os autores/autoras.

No caso dos nenos e nenas de 5º, podedes irlles preguntando oralmente como se escribirían algunhas das palabras e ir resolvéndoo coa nosa axuda, por exemplo: Papá avión. Como poñemos papá? Avión? Axúdalles moito que o pronunciemos as sílabas individualmente e de xeito esaxerado, mentres eles miran para a nosa boca e o pronuncian tamén.

Para os nenos e nenas de 4º, podemos ir escribir nós nun papel algúns deses nomes do conto ("PAPÁ FLOTADOR") e localizar as súas vogais coa nosa axuda.

Lembrade tamén a importancia a diario de localizar no calendario o día no que nos atopamos e situarnos así temporalmente.

Deixovos outra proposta opcional, que ten a motivación de xogar coa auga :) Aqueles que teñades figuriñas de letras na casa (senón pódense crear e recortar con goma eva, bolsa de plástico, etc) metemos esas letras nun recipiente con auga e escribimos un abecedario nun folio que metemos dentro dun plástico. Logo deberán ir recollendo as letriñas cunha culler e colocándoa encima da que corresponde do folio.  Deixovos tamén unha captura no seguinte enlace (para os que teñades Pinterest deixovos o enlace ao vídeo da actividade dentro do documento):




Os nenos de 4º sería un bo exercicio de identificación e clasificación, os de 5º coa nosa axuda poden pensar algunha palabra que comece por esa letra cando a están a colocar e os de 6º poden pensala e tentar escribila.

Lembrade que son recomendacións, cada familia debe ir realizándoas en función das súas posibilidades e necesidades. 

ÁNIMO!

Un saúdo.

#quédatenacasa





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.