venres, 28 de abril de 2023

Búsqueda do tesouro

No CEIP San Ramón contamos cun grupo de lutodecarias extraordinario. Nesta ocasión decidiron facer unha búsqueda do tesouro a través de pistas para os máis pequenos. Estes, axudados polas nosas ludotecarias foron descubrindo, argallando e lendo as pistas ata chegar ao final satisfactoriamente. 

Todos recibiron un regalo ao final polo seu esforzo e entusiasmo. Foi todo un éxito!








 

MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR 28/4

 Debido á ausencia da cociñeira hoxe, venres día 28 de abril, o menú verase modificado.

1º PRATO: Ensalada de pasta

2º PRATO: Boliños preñados recheos de salchicha

SOBREMESA: Mazá

sábado, 22 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO 2023

No CEIP San Ramón encántanos a lectura, así que celebramos o Día do Libro de diversas formas:

Para empezares, da man de “A xanela do Maxín”, o alumnado de infantil e o primeiro ciclo de primaria presenciou unha mestura dun contacontos cun espectáculo de títeres chamado “Os libros da Titiriteira”.


A continuación, os máis maiores do cole contaron coa actuación do Mago Paco, onde nos amosou, entre outras cousas, a usar a imaxinación a través da lectura coa súa actuación “Mochilas viaxeiras”.



E por último, pero non menos importante, o venres disfrutamos dunha actividade que levábamos tempo sen poder facer: o apadriñamento lector. O alumnado máis maior (padriños e madriñas) leulle un conto da súa elección aos pequenos (afillados/as) e regaloulles un marcapáxinas personalizado. Todo un éxito!



venres, 14 de abril de 2023

PRIMEIRA DO TERCEIRO TRIMESTRE EN METEOMOECHE!

 Hoxe daremos un pequeno tour galego vendo fotos de meteo!!!


Comezamos coa máis asidua a este foro: teacher Alba. Hoxe tráenos un solpor en Vilaxoán de Arousa (estamos comezando a ser moi fans dese lugar...) e outras dúas tomas onde podemos ver as ondas da praia de Doniños baixo unha capa de cúmulos moi interesante.




De seguido temos unha foto de Noa Fraga (infantil). Ela, nas súas vacacións de Semana Santa quixo retratar este mar en Burela. Parece certo o que di: ten unha cor turquesa!



PODCAST: Food preferences

O alumnado de 5º de primaria deléitanos esta vez cun podcast sobre "food preferences" (comidas favoritas). 

Esperamos que o disfrutedes tanto coma eles facéndoo!





xoves, 13 de abril de 2023

OBRADOIRO LETTERING

Hoxe, no CEIP San Ramón, contamos cun obradoiro bastante desexado polo alumnado: lettering. Da man de Alba Farto aprendemos a utilizar diferentes pinceis e rotuladores, a facer trazos e tamén sombras. 

O alumnado xunto con algunhas familias pasaron un rato moi agradable e fixeron verdadeiras marabillas. 

Aquí deixamos un vídeo resumo con algunhas fotos:



martes, 11 de abril de 2023

PODCAST: What do you do at the weekend?

O alumnado de 3º de primaria fálanos neste podcast sobre algunhas "free-time activities" (actividades de ocio e tempo libre) que fan durante a fin de semana.

Esperamos que o desfrutedes!





luns, 3 de abril de 2023

Obradoiros creativos

Durante o mes de marzo, tivemos o pracer de contar con Iván Montes, formador en "Biblioteca Creativa".

Con el, durante varias sesións, os nenos de Educación Infantil e do 1º ciclo de Primaria aprenderon robótica, os do 2º ciclo unha introdución á programación, e os do 3º ciclo aprenderon a programar videoxogos con "Scratch".

Aquí deixamos unhas fotos a modo resumo: