mércores, 18 de novembro de 2026

TEATRO DE MONICREQUES da man de Inacio Vilariño

 Hoxe pola mañá participamos nun contacontos moi divertido con Inacio Vilariño, fundador da compañía de monicreques Fantoches Baj. Rimos, cantamos e bailamos á vez que aprendimos historias da cultura popular galega. Moitas grazas, pasámolo xenial!

 


luns, 16 de novembro de 2026

TORNEO COLPBOL

Durante as semanas pasadas estivo a desenvolverse no colexio un torneo de Colpbol. O Colpbol é un deporte alternativo que ten moito tirón no noso centro. Durante varios recreos foron moitas nenas e nenos quenes se animaron a pasar un bo rato coa pelota. Disputaron a liga catro equipos, resultando vencedor na final "Peloteiros FC".

Grazas a toda a rapazada pola deportividade e a o alumno Efrén por ofrecerse como árbitro do torneo, facendo un bo papel.




sábado, 14 de novembro de 2026

DÍA DO PEÓN 2026

Esta semana celebramos o Día do Peón no cole. Traballamos nas clases de Eduación Física este xogo tradicional que tanto gusta aos nenos/as. É un pracer ver como, tras aprender a bailar o peón, ocupar o seu tempo libre con este divertido xogo.
A actividade final desta temática realizámola o venres, cunha tirada conxunta de todo o cole á voz de:

"POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO!"




luns, 9 de novembro de 2026

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR - INFORMACIÓN

ANUNCIO PROCLAMACIÓN CANDIDATOS E VOTACIÓN

SORTEO MESA ELECTORA DATA E HORA


No enlace está publicado o censo provisional para as eleccións ao Consello Escolar. Calquera reclamación ao respecto deberá realizarse á Xunta Electoral dende hoxe ata o día 29 de outubro ás 14:15 horas a través do correo electrónico: ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.gal

A Xunta Electoral está constituída por:

Almudena Yáñez Rodríguez . Presidenta

Judit Rodríguez Calvo. Secretaria e representante do profesorado

Miguel Ángel Vilela Fernandes- Vogal e representante de pais/nai

Guadalupe Gabeiras Martínez- Vogal e representante do sector de persoal non docente.

CENSO

Neste enlace tedes toda a inforamción sobre o proceso das elección ao Consello Escolar.

Publicación convocatoria eleccións ao Consello Escolar

Modelo presentación candidatura

 

 RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR


Informamos a toda a comunidade educativa —familias, profesorado e alumnado — de que se pon en marcha o proceso de renovación parcial do Consello Escolar do centro, de acordo coa Resolución do 27 de agosto de 2026 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, publicada no DOG do 4 de setembro de 2026.

Calendario electoral

As principais datas previstas para o desenvolvemento do proceso electoral son as seguintes:

Constitución da Xunta Electoral: entre o 20 e o 26 de outubro de 2026.

Presentación de candidaturas: establecerase un prazo mínimo de sete días naturais a partir da constitución da Xunta Electoral. Os modelos necesarios e as datas concretas publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro.

Votación telemática das familias a través do Espazo Abalar: desde as 00.00 horas do 11 de novembro ata as 23.59 horas do 17 de novembro de 2026. Cómpre ter en conta que o voto telemático é definitivo: as persoas que xa votasen por esta vía non poderán volver votar presencialmente nin modificar o voto emitido.

Votación presencial no centro: entre o 23 e o 27 de novembro de 2026, segundo os horarios que se establezan para cada sector.

Próximas comunicacións

Ao longo das vindeiras semanas, o centro irá difundindo toda a información necesaria para seguir o proceso electoral, incluíndo os censos electorais, a convocatoria específica para a presentación de candidaturas e os horarios das votacións presenciais correspondentes a cada sector da comunidade educativa.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e animámosvos a participar activamente nesta renovación do Consello Escolar, contribuíndo así a fortalecer a representación e a participación de toda a comunidade educativa na vida do noso centro.

 

domingo, 1 de novembro de 2026

SAMAÍN 2026

O pasado venres celebramos o Samaín no cole cunha mañá chea de diversión. Viñemos disfrazados e disfrazadas, gozamos dunhas boas castañas e participamos na nosa tradicional decoración de cabazas, unha actividade na que as familias volveron colaborar con moita ilusión e creatividade.

Nesta xornada tamén contamos coa participación especial das señoras da Casa do Maior, que quixeron acompañarnos e compartir connosco esta celebración. Ademais, houbo espazo para algunha que outra actuación que animou aínda máis a mañá.
Pasámolo xenial, foi unha xornada moi especial. Moitas grazas ás familias e ás señoras da Casa do Maior por formar parte desta celebración!