Amosando publicacións coa etiqueta *ENDL*. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta *ENDL*. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de abril de 2026

DESCUBRIMOS O FONDO MARIÑO GALEGO CON 13 GRAOS

Onte tivemos a sorte de gozar dun obradoiro moi especial coa empresa 13 Graos, dedicada á exploración do fondo mariño das costas galegas. Foi unha experiencia moi interesante na que aprendemos moito sobre a riqueza natural que agochan os nosos mares.

Durante a actividade, explicáronnos as diferentes especies de animais e plantas que habitan nas costas de Galicia, descubrindo a gran biodiversidade mariña que temos tan preto. Tamén nos falaron dos perigos aos que se enfrontan actualmente os océanos, como a contaminación, o cambio climático ou a sobreexplotación dos recursos mariños.

Despois da charla, realizamos un obradoiro de debuxo no que os nenos e nenas pintaron con acuarelas distintos animais do fondo mariño galego, deixando voar a súa imaxinación e creatividade.

Ademais, gozamos dunha incrible experiencia inmersiva grazas a unhas gafas de realidade aumentada, coas que puidemos facer unha viaxe virtual polo océano galego e sentirnos como auténticos exploradores mariños.

Sen dúbida, foi unha xornada educativa, divertida e moi enriquecedora que nos axudou a valorar aínda máis a importancia de coidar os nosos mares.






martes, 28 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO 2026

Onte celebramos o Día do Libro, foi un dia moi especial e divertido. Moitas grazas a todas as familias que estiveron creando as obras de arte e gozando con nós.  



















xoves, 9 de abril de 2026

TENDAL DAS PALABRAS

 






Xa estamos preparados e preparadas para recibir o sol e a primavera co noso tendal de palabras en galego. Cada unha delas leva consigo o seu significado e tamén un anaquiño de nós, acompañado dunha imaxe que a fai aínda máis especial. Así, o noso tendal converteuse nun espazo cheo de luz, alegría e creatividade, perfecto para dar a benvida a esta estación tan fermosa.
A primavera xa está aquí… e nós celebrámola con palabras en galego!




venres, 27 de marzo de 2026

Viaxamos polo espazo

 O outro día os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria compartiron con todo o cole o seu traballo de investigación sobre o Sistema Solar.

Ademais de ensinar os vídeos que fixeron tamén responderon a todas as preguntas que lles fixeron. Agardamos que vos gustase!



domingo, 1 de marzo de 2026

DÍA DE ROSALÍA

O pasado 23 de febreiro celebramos no cole o Día de Rosalía de Castro.

Na biblioteca do centro puidemos desfrutar dunha sesión moi especial, "Poesía con moito conto", da man de Marisa, actividade que nos traslada o Concello de Moeche.

Ademais, durante días previos, o alumnado estivo traballando acerca da figura máis representativa da nosa lingua. Aquí vos deixamos unha mostra:

  • Vídeo poema "Negra sombra"
  • Podcasts na Radio 23

mércores, 4 de febreiro de 2026

NOVOS PODCASTS NA RADIO 23

 A rapazada de 3º e 4º de primaria estivo a traballar na creación duns podcasts para a Radio 23, dentro da materia de Lingua Galega. Para iso, buscaron información, crearon o guión, ensaiárono e foron gravalo á radio do colexio.

Agardamos que vos gusten! Pronto volveremos con máis!

venres, 30 de xaneiro de 2026

ANDAINA SOLIDARIA PARA A INVESTIGACIÓN DA LEUCEMIA INFANTIL E DÍA DA PAZ

 


Hoxe, despois do recreo, tivemos unha actividade especial arredor do valor da paz e da solidariedade. O alumnado de 5ºe 6º preparou un fermoso contacontos e tamén escoitamos varios podcasts sobre a paz feitos por eles e elas mesmas. Ademais, o alumnado de terceiro e cuarto escribiu un poema colectivo sobre a paz, mentres que os nenos e nenas de primeiro e segundo compartiron con todos e todas nós o que significa a paz para eles e elas. 

A continuación, desprazámonos ao pavillón para celebrar a carreira solidaria para recadar fondos para a Asociación Unoentrecienmil. Debido ao mal tempo, a actividade converteuse nunha andaina solidaria, coa que recadamos fondos para a investigación da leucemia infantil.

Para rematar esta mañá tan especial, lanzamos avións de papel ao aire como símbolo de amor e paz, enviando unha mensaxe positiva a todo o mundo. Foi unha xornada chea de valores, convivencia e solidariedade. 

Moitas grazas pola vosa participación e colaboracion, familias!

Aquí tedes máis imaxes e video do día de hoxe e tamén deixamos os podcast feitos polo alumnado de 5º e 6º. 

PODCAST 1

PODCAST 2 




sábado, 20 de decembro de 2025

SORTEO FESTIVAL NADAL

 Ola familias:

Un ano máis queremos agradecer a vosa asistencia ao xa tradicional festival de nadal do colexio.

Especial agradecemento a todas aquelas persoas que axudaron na montaxe e recollida do escenario que fixeron máis doada a actividade e contribuiron a fomentar a participación da comunidade educativa no funcionamento do centro.

Por último destacar que o sorteo da cesta de nadal este ano foi especialmente exitosa, chegando a recadar a non despreciable cantidade de 889€. Como xa sabedes, serán destinados a todo o alumnado a través dalgunha actividade complementaria ou extraescolar(da que seredes informados no seu momento). 

FELICES FESTAS



luns, 15 de decembro de 2025

CHRISTMAS JUMPER DAY

Informamos de que acabamos de recibir o agradecemento dende Save the children pola nosa colaboración así como a concesión de "centro solidario comprometido coa infancia".

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.






 Hoxe tamén celebramos o CHRISTMAS JUMPER DAY, vestimos as nosas mellores galas para celebrar un Nadal solidario seguindo a proposta de Save The Children. Moitas grazas a todos e todas polos vosos donativos!




AS PROPOSTAS DE MODESTINA PARA GOZAR DO NADAL

 Boas modestinas e modestinos! Chegamos a última proposta deste calendario tan especial. 

Tendo en conta o éxito dunha das propostas, aquí vai a de mañá... 

Moitas grazas a todas e todos por participar e por facer da biblioteca un espazo tan agradable no que rir, vivir e compartir tempo e experiencias xuntos e xuntas. 

Moitos besos e que teñades unhas festas moi felices!

Modestina. 


Algunhas fotos da proposta de hoxe escribíndolle os nosos desexos a Modestina. 




sábado, 13 de decembro de 2025

AS PROPOSTAS DE MODESTINA PARA GOZAR DO NADAL

 Ola rapazada! 

Xa temos a penúltima proposta deste calendario tan especial de Modestina. Non queda nada para Nadal! 


Deixo por aquí tamén algunhas fotos do pasado xoves e venres, nos que estivemos facendo postais de Nadal e xogando libremente cos xogos da biblioteca. 







martes, 9 de decembro de 2025

AS PROPOSTAS DE MODESTINA PARA GOZAR DO NADAL

 Boas rapazada!

Aquí tedes a proposta de mañá, espero que teñades ganas de mover o esqueleto!


Deixo aquí algunhas fotos e vídeo da proposta de hoxe. 



luns, 8 de decembro de 2025

AS PROPOSTAS DE MODESTINA PARA GOZAR DO NADAL

Ola rapazada! 
Xa temos a proposta de Modestina para mañá. Agardo que voltedes con moitas ganas de pásalo ben estes últimos días de cole antes das vacacións de Nadal. Vémonos mañá na biblio!



Aquí deixo algunhas fotos e vídeos da proposta do contacontos. 

xoves, 4 de decembro de 2025

AS PROPOSTAS DE MODESTINA PARA GOZAR DO NADAL

 Ola a todas e todos!

Hoxe tivemos as nosas lecturas compartidas de Nadal e foron todo un éxito, estivemos ao quentiño coas nosas mantas e moi comodamente cos nosos coxíns e peluches. Ademais, Efrén, Abraham, Niko, Teo e Valeria dramatizaron o conto de ''A historia dos bonobos con lentes'',foron moi profesionais e fixérono moi ben, moitas grazas!

Velaquí vai a proposta para mañá: 


Algunhas fotos do día de hoxe: