venres, 29 de setembro de 2023

FORMACIÓN DE PODCAST PARA O ALUMNADO

Esta mañá no centro tivemos a oportunidade de contar con Damián Alonso, de Ponte nas Ondas. Un excelente profesional do mundo da radio e da doblaxe que ensinou á cativada de 3º a 6º unha serie de consellos básicos para a elaboración dun podcast de radio. Aprenderemos desde como montar o guion, escaleta, edición etc ata técnicas de vocalización vitais para a expresión oral.

O alumnado traballu arreo e na mesma mañá, ademais de aprender, deixaron un programa feito por parellas que quedou realmente ben. Escoitarémolo nuns días...

Queremos agradecer ao Concello de Moeche a oportunidade que nos brindou traendo este obradoiro ao colexio.





NO SEGUINTE ENLACE PODEDES VER MÁIS FOTOS:



luns, 25 de setembro de 2023

MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR

Debido a un imprevisto, os menús dos días 26 e 28 intercambiaranse, así como os menús dos días 27 e 29 desta semana de setembro.

Así mesmo, en lugar de filete de gallineta con patacas, haberá ballacao á vizcaína con pataca cocida.

Desculpade as molestias.

xoves, 21 de setembro de 2023

MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR

 Debido a un imprevisto, o primeiro prato de hoxe intercambiarase polo primeiro prato de mañá, venres día 22 de setembro.

Desculpade as molestias.

 

CAMPAÑA SOLIDARIA RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO

Neste 1º trimestre de curso, levaremos a cabo dende o centro unha colaboración coa campaña "RIGHT TO EDUCATION" en Bengala(India).

Nos enlaces inferiores tedes a información sobre ela.

A entrega das bolsas poderá facerse ata o día 5 de outubro, data na que pasarán polo centro a recollelas. 

NOTA ÁS FAMILIAS

CAMPAÑA SOLIDARIA 

martes, 12 de setembro de 2023

MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR 13/9

 Debido a un imprevisto o segundo prato do mércores 13 de setembro, melva en salsa con gambas e pataca cocida cambiarase por anillas de calamar con patacas chip.

Desculpade as molestias.

venres, 1 de setembro de 2023

AUTORIZACIÓNS - CURSO 2023-2024

  

 Todas as familias deben cubrir estas autorizacións a comezos de curso e entregalas aos titor@s dos seus fill@s antes do día 11 de setembro

AUTORIZACIÓNS 2023-2024