Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIO_INCLUSIVA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIO_INCLUSIVA. Amosar todas as publicacións

luns, 12 de outubro de 2026

EMPEZA MODESTIN-ARTE!

 O venres pasado vivimos no cole unha actividade moi especial para dar comezo ao noso proxecto deste curso. A nosa amiga Modestina enviounos unha mensaxe en vídeo para contarnos que este ano imos mergullarnos no mundo da arte, coa misión de rematar o curso converténdonos en auténticos artistas e facendo de Moeche unha gran obra de arte. 

Para comezar esta aventura, tiñamos un reto: aprender a mirar a nosa contorna con outros ollos, descubrir a beleza das pequenas cousas e atopar arte alí onde ás veces pasa desapercibida.

Para iso, convertémonos en equipos de exploradores e exploradoras e percorremos o cole na procura de pistas, detalles e descubrimentos, superando os retos artísticos que Modestina nos tiña preparados. Despois da expedición, reunímonos todos e todas na biblioteca para compartir os nosos achados e poñer en común as nosas ideas e descubrimentos.

A través deste proxecto queremos descubrir que a arte non está só nos museos, nos cadros ou nas esculturas. A arte tamén pode agocharse nunha folla, nunha sombra, nunha pedra, nun cheiro, nunha historia, nunha persoa ou nunha paisaxe. Incluso nunha desas cousas que levamos toda a vida vendo, pero nas que nunca nos paramos a reparar.

Que comece a aventura! Benvidos e benvidas a MODESTIN-ARTE!














xoves, 18 de xuño de 2026

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA: ESCAPE ROOM E CHISTÍN

Na xornada de hoxe a biblioteca de Modestina tivo moito movemento: Escape Room i entrega de premios de Chistín.

En primeiro lugar visitounos Iria, unha gran profesional que nos levou ao mundo dos Escape Room. A clase de 3º e 4º tivo a oportunidade de descifrar diferentes códigos sobre o San Xoán. Fixérono ás mil marabillas para ser quen de abrir todos os candados!

Logo foi a quenda dos maiores do centro, que investigaron moito para conseguir descifrar unha receita de chocolate saudable. Por suposto, houbo que probala!!!


Ademais, o tradicional concurso de Chistín tivo a súa entrega de premios. Houbo unha gran participación e todos levaron un pequeno agasallo. Pero desta volta, os agraciados coa ansiada taza do noso dragón preferido foron Leo e Clarís (ambos de 3º e 4º), que resolveron todas as probas á perfección!





mércores, 20 de maio de 2026

CONVIVENCIA POR LETRAS GALEGAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas fixemos unha convivencia cos centros de A Barqueira e Somozas.

Desde ben cediño pola mañá compartimos unha gran xornada. Creamos dúas alfombras florais, un maio vertical, cadros con flores e xogamos a xogos populares. Por suposto houbo tempo para compartir un bo recreo e unha merendola ben rica.

Como colofón final, o grupo de 5º e 6º ofreceu un mini concerto de frauta, tocando "Na beira do mar" e o Himno Galego, o cal acompañamos todo o mundo cantando.

Queremos felicitar á rapazada dos tres coles o seu bo comportamento e disposición para pasalo pipa!

E, como non, agradecer aos centros de O MARBÁN E A BARQUEIRA por asistir e polos regalos!



xoves, 30 de abril de 2026

DESCUBRIMOS O FONDO MARIÑO GALEGO CON 13 GRAOS

Onte tivemos a sorte de gozar dun obradoiro moi especial coa empresa 13 Graos, dedicada á exploración do fondo mariño das costas galegas. Foi unha experiencia moi interesante na que aprendemos moito sobre a riqueza natural que agochan os nosos mares.

Durante a actividade, explicáronnos as diferentes especies de animais e plantas que habitan nas costas de Galicia, descubrindo a gran biodiversidade mariña que temos tan preto. Tamén nos falaron dos perigos aos que se enfrontan actualmente os océanos, como a contaminación, o cambio climático ou a sobreexplotación dos recursos mariños.

Despois da charla, realizamos un obradoiro de debuxo no que os nenos e nenas pintaron con acuarelas distintos animais do fondo mariño galego, deixando voar a súa imaxinación e creatividade.

Ademais, gozamos dunha incrible experiencia inmersiva grazas a unhas gafas de realidade aumentada, coas que puidemos facer unha viaxe virtual polo océano galego e sentirnos como auténticos exploradores mariños.

Sen dúbida, foi unha xornada educativa, divertida e moi enriquecedora que nos axudou a valorar aínda máis a importancia de coidar os nosos mares.






martes, 28 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO 2026

Onte celebramos o Día do Libro, foi un dia moi especial e divertido. Moitas grazas a todas as familias que estiveron creando as obras de arte e gozando con nós.  



















xoves, 9 de abril de 2026

CORRENDO POLA IGUALDADE



O venres antes de irnos de vacacións, tivemos a sorte de contar cunha actividade moi especial: un contacontos da man de M de Manuela, centrado na reflexión sobre os estereotipos de xénero e na presenza do machismo na nosa realidade cotiá. A través de historias e dinámicas participativas, o alumnado puido cuestionar roles tradicionais e tomar conciencia da importancia da igualdade.
Como peche da actividade, os nenos e nenas de infantil organizaron unha “volta ao cole” correndo, nun xesto simbólico inspirado na Maratón de Boston. Esta carreira ten un significado moi especial na historia do deporte, xa que en 1967 Kathrine Switzer converteuse na primeira muller en correr oficialmente esta proba, abrindo camiño para moitas outras.

TENDAL DAS PALABRAS

 






Xa estamos preparados e preparadas para recibir o sol e a primavera co noso tendal de palabras en galego. Cada unha delas leva consigo o seu significado e tamén un anaquiño de nós, acompañado dunha imaxe que a fai aínda máis especial. Así, o noso tendal converteuse nun espazo cheo de luz, alegría e creatividade, perfecto para dar a benvida a esta estación tan fermosa.
A primavera xa está aquí… e nós celebrámola con palabras en galego!




venres, 27 de marzo de 2026

Viaxamos polo espazo

 O outro día os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria compartiron con todo o cole o seu traballo de investigación sobre o Sistema Solar.

Ademais de ensinar os vídeos que fixeron tamén responderon a todas as preguntas que lles fixeron. Agardamos que vos gustase!



xoves, 12 de marzo de 2026

CONTACONTO CON MIGALLAS

Hoxe tivemos no colexio unha sesión moi especial de contacontos da compañía de teatro Migallas Teatro. Foi unha mañá moi divertida na que todo o alumnado, profesorado e familias participamos con moita atención e entusiasmo. As historias, cheas de ritmo e humor, fixeron que todos e todas pasásemos un rato moi agradable.

Como sempre,  Migallas non defrauda e conseguiu que gozásemos moito desta actividade tan especial. Agardamos poder volver gozar pronto doutra das súas actuacións! 

domingo, 1 de marzo de 2026

DÍA DE ROSALÍA

O pasado 23 de febreiro celebramos no cole o Día de Rosalía de Castro.

Na biblioteca do centro puidemos desfrutar dunha sesión moi especial, "Poesía con moito conto", da man de Marisa, actividade que nos traslada o Concello de Moeche.

Ademais, durante días previos, o alumnado estivo traballando acerca da figura máis representativa da nosa lingua. Aquí vos deixamos unha mostra:

  • Vídeo poema "Negra sombra"
  • Podcasts na Radio 23

luns, 23 de febreiro de 2026

CARREIRA SOLIDARIA UN ENTRE CEN MIL

Como ben sabedes, participamos unha vez máis na campaña solidaria "Un entre cen mil" e recaudamos a cantidade de 413€. A continuación se pinchades no enlace, podedes acceder á carta de agradecemento recibida no centro.

Carta agrademento

xoves, 19 de febreiro de 2026

ABRIL AS NOVAS: UN XORNAL DOS HISTÓRIC@S 10.0



"Abril as novas" é un pequeno proxecto de Lingua Galega onde a rapazada de 5º e 6º elaborou un xornal que recollía diversas noticias ficticias sobre o noso centro educativo. Desaparición de profesores, segredos misteriosos ou un divertido "xamonazo" son algúns dos sucesos que ocorren neste centro.

Queredes saber máis? Pois podedes ver a versión en papel no corredor de arriba ou ben escoitar as audionovas que vos ofrecen a continuación:


A CAÍDA DE LUPE A CAÍDA DE MANOLA A DESAPARICIÓN DE ÓSCAR A PANTASMA DO COLEXIO A PELEXA A SUBSTITUTA A TIXOLA MISTERIOSA DE LUPE ALUMNOS ROYALE CONCURSO DE CHISTES DATCHBALL A CAÍDA DO COLEXIO NOTICIA ALMUDENA SEGREDO MESTRE ABEL UNHA CABRA NO DESPACHO XAMONAZO AO PROFE ABEL