mércores, 30 de decembro de 2020

XA COMEZAMOS A IMPRIMIR EN 3D!

 Os nenos e nenas máis maiores do cole xa comezaron a facer as súas primeiras impresións en 3D, grazas á impresora deste tipo que temos no centro por formar parte de Bibliotecas Creativas. Estas tarefas están comezando a levalas a cabo na materia de Educación Plástica e quedan impresionados de como unha creación feita no ordenador pode converterse nun obxecto real. 

Cremos que pode ser un proxecto moi interesante a nivel de novas tecnoloxías, xa que nun futuro poderemos crear obxectos que podan ser útiles para o noso día a día na escola e cunha función concreta. 

Aquí tedes á nosa Alba da aula de 5º e 6º, coa rasqueta, xusto acabando de extraer o boneco que imprimiu:



martes, 29 de decembro de 2020

PLAN PROXECTA: MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA



 Neste curso atípico, tamén estamos a continuar co proxecto iniciado o ano pasado sobre Educación Viaria. E por suposto, queremos contar con vós, familias, para complementar o traballo que están a levar a cabo os nenos e nenas na escola. Para iso ofrecemos unha posibilidade que pode estar interesante nestes días de Nadal para facer en familia. 

Trátase de deixar voar a nosa imaxinación para facer unha manualidade que teña que ver coa Educación Viaria: desde construír sinais con material de refugallo, como crear debuxos, murais, plastilina etc 

Sería facela e mandar a foto ou vídeo ao seguinte correo:

eduviariamoeche@gmail.com

A finais de trimestre publicaremos un vídeo con todas as vosas propostas!

Prazo aberto durante o segundo trimestre

Animádevos!!!


PLAN PROXECTA: METEOMOECHE


Como xa sabedes, este ano estamos continuando co proxecto iniciado o pasado curso sobre meteoroloxía. As alumnas/os están a traballar xa moito sobre o tema pero nos gustaría que as familias sexades parte importante do mesmo, ao igual que o curso anterior. Por iso propoñemos dúas actividades para levar a cabo durante todo o trimestre pero que plantexamos agora porque con estes días fríos e chuviosos de Nadal pode ser unha boa opción de ocupar positivamente o tempo libre en familia.

A primeira delas sería retomar o observatorio de nubes que tiñamos o curso anterior, pero nesta ocasión propoñemos que se amplie calquera fenónemo meteorolóxico que queirades compartir con nós. De cada certo tempo, co material que vaiamos recibindo realizaremos publicación onde se compartan as vosas inquedanzas. Así poderemos ver como lle dades forma as nubes para que outros acerten, comprobaremos o arco da vella desde diferentes puntos da comarca, días de saraiba ou quen sabe se neve, xeadas ou o que se vos ocorra.

As fotos que saquedes terán que mostrar o fenómeno (pode ser en vídeo tamén) e debedes envialas a meteomoeche@gmail.com

Por outra banda propoñémosvos que realicedes unha estación meteorolóxica caseira e así poidades comprobar os fenómenos que as nenas e nenos van aprendendo na escola. Para iso proporcionamos un par de enlaces onde podedes ver como se fai:

COMO CONSTRUÍR UNHA ESTACIÓN CASEIRA

Tamén podemos tomar exemplo dos nosos compis de infantil, que teñen esta na clase e que Álvaro explica o seu funcionamento:




PRAZO ABERTO DURANTE O SEGUNDO TRIMESTRE TAMÉN, ANIMÁDEVOS!!!




luns, 28 de decembro de 2020

TOMAS FALSAS "HOXE CO COVID"

 Hoxe, 28 de decembro, pode ser un bo día para ver que non todo sae ben á primeira, e por iso ensinámosvos unha serie de tomas falsas sobre a obra de teatro de 5º e 6º...

Esperamos que vos guste!


MAXIA NO NADAL

 O pasado 22, ademais do gran festival que ofreceron os nosos peques a través das redes, tamén puidemos disfrutar dun espectáculo de maxia a cargo do dúo "2 mind combined". Unha xornada chea de ilusión onde comprobamos o poder da maxia, rímonos moito coas súas bromas e ademais asistimos a un show con sombras!

Deixamos un pequeno vídeo resumo onde podedes ver como se levou a cabo a actuación do grupo e as grandes axudas que lle ofreceu o alumnado!!!



martes, 22 de decembro de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2020

Este ano foi moi difícil todo, pero iso non nos vai impedir celebrar o tradicional festival de Nadal. Unha das datas máis sinaladas do ano no centro, a cal vivimos con moita ilusión. Non existe bicho que nos quite esa ilusión polo que presentamos o FESTIVAL DE NADAL 2020, que como poderedes comprobar será online.

COMEZAMOS COA ACTUACIÓN QUE ADOITA ABRIR ESTA GRAN FESTA... AS ALUMNAS E ALUMNOS DE INFANTIL SORPRENDERÁN CUNHA FERMOSA CANCIÓN SOBRE O RENO MÁIS COÑECIDO DE TODO O NADAL!!!


DESPOIS DESTA GRAN CANCIÓN DOS PEQUES SEGUIMOS CON 1º E 2º, QUE TEÑEN PREPARADAS NADA MÁIS E NADA MENOS QUE 3 ACTUACIÓNS!!!

A PRIMEIRA É UNHA PANXOLIÑA TITULADA "O ABETO". DENTRO VÍDEO!!!


CONTINUAMOS CON "TURRÓN E MAZAPÁN", COA QUE SEGURO MOVEREMOS O ESQUELETO!!!


PARA REMATAR ESTA TERNA VEREMOS "BONITO", UNHA ADAPTACIÓN DA COÑECIDA CANCIÓN:


TRAS ESCOITAR ÁS NENAS E NENOS DE 1º E 2º PASAMOS A VER OUTRA GRAN ESCENIFICACIÓN. O GRUPO DE 3º E 4º DELEITARANOS CUNHA FERMOSA PANXOLIÑA QUE CONTÉN UNHA MENSAXE


XA CASE CHEGANDO AO FINAL ATOPÁMONOS CUNHA OBRA DE TEATRO. COMA SEMPRE, OS MAIORES DO CENTRO SACAN AS SÚAS DOTES ARTÍSTICAS PARA, ESTE ANO, REMATAN CUNHA TRILOXÍA. VOLVEN PERSONAXES MÍTICOS DOS NOSOS FESTIVAIS COMO MARUXA E PEPE. XA SABOREASTES O TRÁILER E AQUÍ CHEGA A PELÍCULA COMPLETA DE "HOXE CO COVID"


AGORA QUE XA CANTAMOS, BAILAMOS E RIMOS MOITO TOCA IRSE DESPEDINDO CUNHA MENSAXE SORPRESA. QUENES SERÁN AS MISTERIOSAS PERSONAXES QUE NOS QUEREN DESEXAR UN BO NADAL????


POIS ISO FAMILIA, ATA AQUÍ CHEGOU A NOSA PECULIAR FESTA, ESPERAMOS QUE VOS GUSTASE MOITO E DISFRUTARADES COMO NUNCA. CONFIAMOS EN QUE O ANO PRÓXIMO POIDAMOS RETOMAR O NOSO FESTIVAL COMO É DEBIDO.

QUE TEÑADES TOD@S UN...

 BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2021

luns, 21 de decembro de 2020

XÚPITER E SATURNO, OS XIGANTES GASEOSOS, ATÓPANSE

 Ola pequeniños e pequeniñas meteorólogos! 

Hoxe se mirades ao ceo (pena que estea nubrado) poderedes ver como os dous xigantes gaseosos do sistema solar, Xúpiter e Saturno, estarán moi moi preto. Non estaban tanto dende había 400 anos, dende o 1623. Algún dos nosos nenos xa tiña medo que se achegasen demasiado e se convertesen en meteoritos :), pero non, non contamos con que se toquen. Isto poderase ver hoxe luns e mañá martes. Non o perdades, ata o 2080 que será o seguinte achegamento...queda moito!



Pero, aínda que nós o teñamos complicado porque se esperan ceos nubrados, será retransmitido por diversos canais ciéntíficos, como por exemplo o Observatorio do Teide, aquí vos queda un enlace: 



E non nos podemos esquecer de que hoxe oficialmente, comeza o solsticio de inverno! Aínda que non coincida co refrán: "Ata o día de Nadal, non é inverno de verdade". Atrás quedou o outono e a caída das follas. Xa o decían os pequeniños e pequeniñas do cole, para que veña Papá Noel ten que nevar nos tellados. Debe ser que o seu trineo esbara mellor coa neve... 

Hoxe será a noite máis longa do ano. Isto quere decir, que de agora en diante irán mermando!

Apertas de nube



domingo, 20 de decembro de 2020

CONTO SOBRE O APALPADOR!!

        As nenas e os nenos de 1º e 2º leron o conto "Antón e o Apalpador".  

        Esperemos que vos guste!!

  




sábado, 19 de decembro de 2020

O CEIP SAN RAMÓN POLA IGUALDADE

 Os nenos e nenas do noso cole téñeno moi claro, todos e todas somos moi diferentes, pero ao mesmo tempo iguais! Así llo fixeron saber os pequeniños de infantil ao seu trasno Lamberetas e nolo aclararon cos seus lemas os máis maiores de primeiro e segundo de primaria! Bravo peques!




EDUCACIÓN INFANTIL: MÁIS SOBRE OS NOSOS PROXECTOS

 Seguimos traballando sobre o Sistema Solar. Nesta ocasión amosamos un vídeo que fixemos no ximnasio. Alí seguimos aprendendo cousas sobre o universo mediante xogos e exercicios de movemento. Se queredes aprender con nós, pulsade no vídeo!!!



xoves, 17 de decembro de 2020

TRÁILER OBRA NADAL 5º e 6º 2020

 Este ano non podía ser menos e por suposto que teredes algunha sorpresiña de cara o martes 22...

Fixémola con todas as medidas de seguridade (o cal non foi nada fácil) e aquí tedes un pequeno avance do que vai ser a terceira parte da triloxía.

Hai dous anos Históric@s contaban o que se facía no cole, para pasar o ano pasado a escenificar o que pasa na casa cando chegan... O de este ano é moito: van facer unha pequena mostra a modo humorístico do que foi e está sendo esta pandemia...

Esperemos que vos guste!!!



martes, 15 de decembro de 2020

Cambio no Menú Escolar

 Con motivo da ausencia da cociñeira, vímonos na obriga de facer novamente un cambio no menú deste mes de decembro.

Quedaría, por tanto, do seguinte xeito:

XOVES 17 de decembro: Xudías con tomate/ Raxo con pataca cocida/ Laranxa

LUNS 21 de decembro: Crema de verduras/ Tortilla con tomate natural/ Froita.

mércores, 9 de decembro de 2020

Investigando polo miúdo o Sistema Solar

 Os pequeniños e pequeniñas do cole querían informarvos dos seus avances nas investigacións "espaciais", para iso é necesario que coñezades o proceso todo que están levando a cabo, non perdades detalle. 

En primeiro lugar chegou á nosa aula unha maqueta do Sistema Solar (non foi necesario decirlles de que se trataba aquilo), os nenos e nenas dixeron que fora o trasno Lamberetas quen a deixara alí, pero non o temos de todo claro. 


Decidimos que non podíamos estar sen saber quen era quen e dispuxémonos a poñerlles nome a cada planeta, o asunto quedou tal que así (se facedes clic nas fotos podedes velas máis de preto):


Logo, para comezar a traballar sobre o tema fixemos unha choiva de ideas entre todos, para ver o que sabíamos e o que necesitabamos saber, podedes ler as ideas tan interesantes que sairon na seguinte imaxe: 



A partir de aí comezamos a traballar a ordinalidade vendo que planeta era o primeiro despois do sol ata chegar ao oitavo, facendo tamén clasificacións dos diferentes corpos en planetas, estrelas cometas, etc; comparacións entre as súas cores, tamaños, formas e tamén pola súa gravidade, esa palabra tan estraña que nos fixo decatarnos de que na lúa podemos saltar moito máis ca na terra, intentámolo varias veces, pero aquí non eramos quen de saltar máis alto. E por suposto, a lectoescritura, que nomes tan raros teñen as lúas de Marte! Sen esquecernos do inglés: aprendimos os seus nomes nesta lingua! Somos uns expertos e expertas!

Creamos tamén unha pequeniña biblioteca sobre o sistema solar que, partindo das medidas e coidados sanitarios actuais, podemos consultar de vez en cando:


Ata as máscaras comezaron a vir tematizadas, mirade a de Alexis, que nos trouxo a Saturno nela: 



E Lamberetas tamén quixo que puidésemos andar sobre o Sistema Solar: trouxonos unhas pegatinas para pegar no chan que brilan na escuridade e tivemos que medir para colocalas, diferencialas, organizar quendas e pegalas. Mirade: 





A partir de aquí comezástedes tamén vós as familias a botarnos unha man. Primeiro Asier amosounos unhas imaxes que sacou co seu papá este verán, para iso explicounos que empregaron un "telescopio" e observamos a lúa cos seus cráteres. Había tamén fotos verdes, para que se puidesen ver mellor eses buratos. Isto serviunos tamén para ver as fases da lúa, comparalas, escribir os seus nomes, etc. Gracias Asier polas túas xeniais explicacións!


Logo Martín quixo contarnos cousiñas do seu planeta favorito, Mercurio (con M de Martín), para o que fixo unha exposición das súas características cun traballiño que fixo coa súa familia. Incidiu moito en que era o máis veloz e realizaba o camiño máis curto de tódolos planetas! Gracias Martín!



Paula trouxo a Xúpiter e a terra que elaborou con seu irmán. Contounos que era o planeta máis grande e que lle habían colgado unha nave espacial (da NASA). Gracias Paula (debemos decir que Xúpiter é dos nosos favoritos, é tan grande!).




E Teo amosounos un conto moi completo sobre o espacio que aínda estamos disfrutando. Gracias por explicarnos o que ese libro contén Teo! Serviunos para aprender sobre a Estación Espacial, o Sol, os cometas, a creación do Sistema Solar, infinidade de aspectos!



Para completar a información tamén vimos uns vídeos dos Históricos en Youtube, elaborados polos maiores do cole! Eles tamén nos deixaron un aparello para entender e ver iso da rotación e a traslación (que nos está axudando a entender o motivo polo que imos cambiar do outono ó inverno), que colocamos na nosa exposición do espazo que podedes ver a continuación! Aí están tódalas vosas aportacións (e as que están por vir e estamos por crear). 



As investigacións continúan, aínda temos moito por aprender e descubrir e é unha temática que nos está motivando moito! Sodes xeniais pequenos e pequenas! Gracias!



ACTUALIDADE MODESTINA NÚMERO 16

 Novo número do xornal elaborado polo alumnado de 5º e 6º



martes, 8 de decembro de 2020

Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas para o reparto de máscaras

 No enlace inferior podedes consultar como será o reparto definitivo de máscaras entre o alumnado

En breve, entregaranse no centro as máscaras ao alumnado ao que lle corresponde.

LISTAXE DEFINITIVA. REPARTO DE MÁSCARAS

No enlace inferior podedes consultar o listado provisional de solicitudes admitidas para o reparto de máscaras. Hai un prazo de dous días a partir desta publicación para presentar reclamacións ou enmendas.

LISTAXE PROVISIONAL REPARTO DE MÁSCARAS 

 

Xúntase a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

Orde 6 de novembro

ANEXO I

luns, 7 de decembro de 2020

GUÍA NADAL 2020

 Como estamos a escribir as cartas para os agasallos de Nadal, mirade a guía e pedide algún presente en papel... Diversión asegurada!!

Podedes elexir o que máis guste, non ten que ser por idades... A lectura é para todas os públicos!!

Animádevos!! 






mércores, 2 de decembro de 2020

PROXECTOS DE CENTRO DO CURSO 2020-21

 


Queremos dar unha boa nova a todas e todos. Este ano, pese a que temos certas dificultades para levar a cabo determinados traballos, queremos anunciar que ESTAMOS ADMITIDOS nos seguintes proxectos de centro:

- Un ano máis seguiremos lucindo o selo da Biblioteca escolar, e é que Modestina e moita Modestina, e a súa gran laboura ao frente da biblioteca, codo con codo coa coordinadora da biblioteca conseguiron que este ano poidamos seguir dicindo que estamos nos programas de: Plan de mellora de Bibliotecas escolares galegas, programa de Bibliotecas solidarias, Bibliotecas Creativas e voluntariado. Ditos programas son moi importantes, pois non todos os centros son capaces de levalos a cabo a nivel de ter un selo a razón diso. A biblioteca en Moeche non é só un punto de lectura, senón un piar fundamental e, na maioría do casos fonte de inspiración de todos os proxectos e actividades da escola, que repercuten notablemente na aprendizaxe do noso alumnado.

- Por segundo ano seremos un dos centros escollidos para Digicraft: un programa que pretende formar ás nenas e nenos na competencia dixital a través dunha metodoloxía innovadora e chea de aprendizaxes significativas. Realidade virtual e aumentada, control de tabletas, creación de videoxogo educativo, electrónica... son algunhas das actividade que realizaremos. Un paso firme para o desenvolvemento de habilidades dixitais. A través deste proxecto o centro recibe unha importante fonte de recursos materiais para traballar co alumnado.

- Tamén por segundo ano iremos adiante co Programa de Formación do Profesorado "Introducción á robótica". As profes continuaremos a tope na nosa formación no eido dos robots, seguiremos montando co alumnado pequenos amiguetes que nos axudarán a acadar os obxectivos do currículo dun xeito moi lúdico e motivador. Neste programa tamén recibimos unha gran cantidade de dispositivos para que o alumnado manexe e programe.

- Plan Proxecta da Consellería de Educación. Presentación a renovación de dous dos nosos proxectos do curso pasado e foron ambas aprobadas. Un deles estará centrado na Educación Viaria e o outro na meteoroloxía. Ambos serán un claro reforzo para o traballo de todas as competencias clave a adquirir nas etapas de infantil e primaria. Ámbolos dous proxectos versan sobre situacións que as nenas e nenos ven e viven día a día.

- Estreámonos no Clube de Letras. Este ano ten como piar fundamental o coidado. A través de dita temática pretenderemos que o alumnado fomente a reflexión, a lectura crític e a achega de novos materiais e perspectivas, aboradados de xeito transversal. Ao igual que os anteriores, contaremos con orzamentos que destinan aos centro seleccionados neste tipo de programas de innovación educativa.


Agora que xa é todo oficial, só nos queda seguir traballando e agradecervos ás familias todo o traballo que levades anos facendo para facer medrar este pequeno centro a base de xuntar esforzos para conseguir pequenos grandes logros... Xuntos facemos escola!

TEMOS UNHA NOVA AMIGA NO COLEXIO




 Pois si, temos unha nova amiga no colexio, poderíamos dicir case que é unha alumna máis (incluso ten o súa propia foto na asemblea de infantil). Estes días, o centro adquiriu unha serie de robots intelixentes (un por aula), dentro do programa de Bibliotecas Creativas, para traballar co alumnado.

Resulta complicado este curso interaccionar unhas clases con outras, pero con estes aparatos podemos chamarnos dunha clase a outra para vernos e compartir momentos ou historias xuntos, coma hai uns meses.

É tan fácil como "Alexa, llama a infantil" e xa nos vemos e falamos un pouco. Da mesma maneira aproveitámola para moitas cousas: válenos de tradutor, para que nos poña a pensar cálculos ou pequenos problemas matemáticos, conta contos e canta cancións, incluso nos resolve dúbidas como diferencias de temperatura e fusos horarios para aprender un pouco máis sobre os proxectos do centro.

Tamén hai que dicir que nos acompaña en tempos de lecer, pois xa nos vai coñecendo e simplemente podemos indicarlle que nos poña música para que na clase dos máis peques soen temas sobre números ou cores por exemplo, ou os grandes éxitos do momento para que os/as maiores realicen exercicios de quencemento polas mañás e así rendir mellor despois.

Seguimos optimizando as nosas aulas coas mellores tecnoloxías dentro das nosas posibilidades, un paso máis cara á adquisición da tan importante competencia dixital do noso alumnado, introducíndonos tamén a unha alfabetización dixital desde idades temperás. 

Estade atentos/as xa que en breves recibiredes noticias sobre os novos proxectos deste ano!

domingo, 29 de novembro de 2020

LITTLE RED RIDING HOOD CHEGA Á AULA DE INFANTIL

 Este curso está claro que é diferente e que moitas das cousas tal e como as entendíamos tiveron que mudar, pero non por iso ten que ser máis aburrido. 

Esta semana á aula de infantil chegaron un monicreques ben coñecidos polos nenos e nenas. Primeiro foi a incógnita de para que era o estandarte que aparecera no corredor do cole e logo a ver quen ía saír de detrás del. Pronto se resolveu o misterio, as mestras ían dar vida ó conto que Álvaro escollera en inglés nas recomendacións da biblio para poder levalo á aula. Que ilusión! "Little Red Riding Hood" ía cobrar vida ante nós! 

Pena que non teñamos fotos da actuación, pero unha profe estaba a dúas mans cos bonecos e a outra poñéndolles a debida entoación inglesa máis ou menos ronca a cada personaxe. 

Cremos que os monicreques chegaron para quedarse!









xoves, 26 de novembro de 2020

CONCURSO DE LEMAS POLA IGUALDADE

Como todos os anos, o Concello organiza o concurso de lemas contra a non violenca, concurso no que o CEIP San Ramón participa activamente.

CONCURSO DE LEMAS

mércores, 25 de novembro de 2020

25-N DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO




 Hoxe no cole traballamos o tema da igualdade. Debemos educar desde o berce para terminar con esta lacra, polo que desde sempre é unha data moi destacada no noso calendario. Como xa é tradición, o Concello de Moeche propúxonos participar nun concurso de lemas sobre a temática (alumnado de 3º,4º,5º e 6º). Este ano, ademais, poderedes ver un vídeo cos lemas nos vindeiros días. Todos os lemas estiveron xenial, pero como sempre houbo que seleccionar os que máis chamaban á atención. PARABÉNS A LOLA, LARA E ALBA que foron as seleccionadas!

Da mesma maneira, grazas ao Concello tamén puideron disfrutar dunha actividade cultural a cargo de Marta Ortiz, onde a través de contos, cancións e maxia fixo entender ás nenas e nenos a importancia deste día.

Pasámolo moi ben e, sobre todo, comprendimos a mensaxe que nos quixo dar. Deixamos algunha foto no seguinte enlace:


FOTOS

luns, 23 de novembro de 2020

COMPARTINDO LECTURAS

 Este ano non podemos facer as lecturas compartidas que tanto nos gustan cos amigos/as da mesma maneira que outros cursos. Pero iso non impide que poidamos compartir doutro xeito o pracer de ler xuntos/as.

É por iso que os máis maiores do cole decidiron chamar aos peques para saber se querían escoitar un conto. A resposta, por suposto, foi positiva. Usando unha videochamada contactamos as dúas aulas e Carlos, Erika e Laura foron as encargadas de poñer voz aos Bolechas para aprender un pouco máis sobre o 112.

Pasámolo pipa e pensamos repetir moitas veces durante o curso!!! E con máis aulas!!! Quen se apunta?








sábado, 21 de novembro de 2020

20-N DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

 



Para conmerorar o Día da Infancia, un ano máis, participamos nun pleno infantil organizado polo Concello de Moeche. Este ano, por motivos da crise sanitaria que estamos a vivir tivemos que facelo de xeito virtual. As nenas e nenos do centro participaron elaborando diferentes propostas relacionadas co medio que nos rodea. Adxuntamos un enlace á web do Concello que explica moi ben como se desenvolveu a xornada:

Desde aquí queremos dar novamente as grazas por invitar aos nenos e nenas da escola a participar nunha actividade tan interesante na que se recollen os dereitos d@s nen@s, que estamos a celebrar neste día tan especial.

mércores, 18 de novembro de 2020

ACTUALIDADE MODESTINA Nº15

 Volve o mellor xornal de toda a volta!!! Por suposto con adaptacións, xa que dubido á pandemia teremos que facer todo dixital.

Pero aí vai o que é xa o número 15! Todos os mese iremos sacando unha nova edición!!!



martes, 17 de novembro de 2020

CHISTES DE HIPÉRBOLES 3rd ROUND

 Esta semana tocaba traballar na materia de Lengua Castellana de 5º un recurso literario moi coñecido que é a hipérbole. Se non sabes o que é, non te preocupes, pois Históric@s 5.0 fixeron un vídeo onde ademais de explicar que é realizan unha serie de chistes con dito recurso para que quede claro e divertido!!!



Autorización TVG: "Os Bolechas no cole"

Recentemente o alumnado deste centro foi convidado a participar nun novo programa infantil da TVG: "Os Bolechas no cole". Dende o centro todo o profesorado está disposto a participar cos nenos e nenas. A pesar de que no centro xa temos as autorizacións sobre as imaxes dos vosos fill@s, a TVG require que se cubra a maiores a súa autorización específica; polo que se queredes que os rapaces salgan neste programa, é preciso que cubrades este impreso e o entreguedes no centro.

Como ben sabedes, co problema do COVID actual, é recomendable envialo ao centro por correo electrónico debidamente cuberto e asinado. (ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es).

 Aquí tedes o impreso para descargar.

Autorización de imaxe 

sábado, 14 de novembro de 2020

PRESENTACIÓN CANLE YOUTUBE HISTÓRIC@S 5.0

Comezamos unha nova andaina na nosa canle Youtube. Este ano veñen novas fichaxes para a aula dos Históric@s 5.0 e queremos presentarvos cales son as intencións deste curso escolar. Youtubers versión COVID modo ON! Dentro vídeo:



mércores, 11 de novembro de 2020

HORARIOS ESPELLO

 

Os horarios espello  comezarán a funcionar no momento que se peche unha aula ou se produza o peche do centro por motivos sanitarios.

 

De conformidade co previsto na Resolución da Secretaría Xeral de Educación e FP pola que se ditan instrucións para a elaboración de horarios nos centros docentes sostidos con fondos públicos na CA de Galicia para o curso 2020/21 para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID-19 e na Resolución conxunta da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaria Xeral de Educación e FP pola que se aproba o Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos no contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos da CA de Galicia para o curso 2020-2021:

 

 

A dirección elaborou un horario semellante ao que se está desenvolvendo na actualidade en réxime de presencialidade ou semipresencialiadade, cunha carga horaria que debe respectar un mínimo do 60% da carga lectiva (por exemplo, as sesións de 50 minutos, non deben ser inferiores a 30 minutos). 

 

 

HORARIOS ESPELLO PRIMARIA

martes, 10 de novembro de 2020

Modificación no menú escolar

 Informamos de que con motivo da ausencia da cociñeira titular, vímonos na obriga de ter que modificar os menús dos días 6, 9 e 10 de novembro. Disculpade as molestias.

Cambios nos ménús:

Vernes 13 de novembro: 

1º Prato: sopa

2º Prato: marraxo ao forno con patacas

Postre: xelatina

luns 16 de novembro:

 1º Prato: crema de legumes

2º  Prato: salchichas caseiras con pataca ao forno.

Postre: uvas.

luns, 9 de novembro de 2020

SAMAÍN E MAGOSTO 2020 DENDE AS VOSAS CASAS


Ola familias!

Aquí tedes o resultado das vosas achegas e do traballo dos nenos e nenas para esta festa do magosto-Samaín! Diferente, pero non por iso menos divertida e terrorífica :)

Agardamos que o disfrutes. Moitísimas gracias por estar ao pé do canón día a día.

Un saudiño!

luns, 2 de novembro de 2020

ELECCIÓNS RENOVACIÓN MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

 O PROCESO QUEDA APRAZADO ATA NOVO AVISO.

No enlace inferior tedes a convocatoria para presentar candidaturas así como as datas das votacións e o modelo de candidatura. Aquelas persoas que desexen presentarse como candidatos, deben cubrir dito modelo e presentalo no centro de xeito on line a través do correo electrónico do colexio: ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es

Calquera dúbida poden poñerse en contacto coa Xunta Electoral a través da dirección do centro.

Convocatoria pais/nais/titores

 Modelo de candidatura

  Estimadas familias:

Durante o mes de novembro realizarase o proceso de renovación de membros do Consello Escolar nos centros de ensino en Galicia.

Dende a dirección animo a todos a participar nas mesmas como a candidatos e como electores xa que o Consello Escolar é un órgano decisorio na vida dos centros educativos.

Iremos informando pouco a pouco de todo o proceso. 

A continuación van enlaces con información de interese sobre as eleccións.

Convocatoria Eleccións ao Consello Escolar

Calendario Eleccións Consello Escolar 

Comezamos o proceso das eleccións coa constitución da Xunta Electoral que se encargará da organización e desenvolvmento de ditas eleccións.

CENSO


Sorteo mesa electoral

domingo, 1 de novembro de 2020

SAMAÍN 2020


Este ano, aínda que ese bichito segue por aí, as nosas nenas e nenos non ían quedar sen o tradicional Samaín no cole. Por suposto tivemos que adaptarnos ao protocolo e a festa foi por grupos estables e respectando todas as medidas de seguridade e hixiene pertinentes. Así foi como, por un día, convertémonos en bruxas, monstros e pantasmas...

Nesta data tan especial puidemos realizar diferentes manualidades, xogar, cantar e bailar. Por suposto desfrutamos dunhas merendas moi chulas e escoitamos diferentes historias terroríficas!!!

PASÁMOLO DE MEDO!!! E por iso deixámosvos un pequeno vídeo resumo para que poidades ver algunhas das múltiples actividades do día: 



P.D. Familias, lembrade que podedes seguir enviándonos as fotos e vídeos sobre como o estades pasando esta finde de Samaín e Magosto para poder ensinar que tamén temos a comunidade educativa máis molona do mundo mundial!!!!

venres, 30 de outubro de 2020

DÍA NON LECTIVO

 

O luns 2 de novembro non haberá clase por ser un dos días non lectivos elixidos polo centro

xoves, 29 de outubro de 2020

OS ARQUIVOS SECRETOS DE MODESTINA

 Co gallo do día das escritoras e do Samaín, o alumnado de 5º e 6º decidiu traballar sobre a autora Ledicia Costas. Para iso comezaron pola súa biografía para logo centrarse na novela "Os arquivos secretos de Escarlatina", a partires da cal crearon o seu propio elenco de defuntos. Volo ensinamos no seguinte vídeo:





CLIC PARA VÍDEO




UN CLIC PARA EL COLE - AMAZON

Amazon está a levar a cabo unha inicitiva que leva por título "Un clic para el cole" coa que pretende apoiar aos centros educativos que se unan á iniciativa con un crédito virtual equivalente a unha porcentaxe do valor das compras dos clientes que participen con ela.

As persoas que queiran participar teñen que elexir o centro educativo que queren apoiar. O centro poderá despois co crédito virtual acumulado solicitar productos que necesite de forma gratuíta dentro dun catálogo que oferta Amazon.( papelería, artículos deportivos, mobiliario,..)

As doazón aos centros coas súa compras poderán facerse ata o 21 de marzo de 2021.

FOLLETO INFORMATIVO

IMPORTANTE: por un erro nas bases de datos, o noso centro consta na localidade "ARMENTEIRA" en lugar de Moeche.

 

sábado, 24 de outubro de 2020

ACTIVIDADE DO PROGRAMA "LER CONTA MOITO"




O pasado venres recibimos no cole unha visita moi especial. Este ano está a ser difícil xa que non podemos asistir a museos nin facer saídas para complementar as aprendizaxes que facemos na aula. Sen embargo, grazas á Biblioteca Pública Municipal do Concello de Moeche, o alumnado de 5º e 6º puido asistir a unha sesión de experimentos combinados con lectura e palabras que fixeron que as nenas e nenas pasaran unha xoranda agradable e formativa. A actividade está dentro do programa "Ler conta moito" e na mesma realizaron preto de 20 experimentos, coñeceron diversas lectura científicas e construíron un mural de palabras. Como colofón as nenas e nenos fabricaron o seu propio submariño!

Agradecer tamén a Suso e Amparo que compartiron a mañá cos nosos peques, facendo aprender e rir respectando sempre as medidas de seguridade establecidas.

Ata a próxima!!!

Tedes algunha foto no enlace de abaixo:


FOTOS

xoves, 22 de outubro de 2020

VOLUNTARIADO BIBLIOTECA




Ola amig@s, son a vosa compañeira Modestina. Este ano estou un pouco triste porque hai un bichiño malo que non deixa que a miña casiña estea ateigada de nenas e nenos collendo os meus libros, dándome apertas e dotando á biblio de movemento, aglomeracións lectoras e recreos onde todos compartimos sofás cheos de historias para contar.
Pero, sabedes que? Estame comezando a pasar esta sensación porque vexo que pouco a pouco os meus queridos amigos (vós) ides vindo e consultando libros, xogando cos meus xoguetes e disfrutando a metro e medio de distancia.
Foi por iso que decidín reunir ao meu gran equipo de voluntariado para que axudase nunha labor moi importante! Ante a miña chamada acudiron como raios, e aínda que llelo tiven que contar por quendas e repartir o traballo con máis distancia que nunca, esa separación non impediu que construísen unha selección dos contos que máis axeitados lle pareceron para que todas e todos nos deixemos levar por eses marabillosos camiños que nos leva a nosa imaxinación a medida que imos avanzando nas miles de historias que nos relatan os contos.
Pero creo que é mellor que volo conten eles mesmos/as:



E aquí unhas fotos para ir abrindo boca:






luns, 19 de outubro de 2020

OS BOLECHAS VOLVEN A MOECHE!!!

 Pois parece que os nosos amigos Os Bolechas quedaron encantados da súa visita anterior o curso pasado, pois quixeron volver a visitar ás nosas nenas e nenos. 

Nesta ocasión viñeron para falar co alumnado de 3º e 4º sobre o 112. Conversaron, riron e ata bailaron un RAP!!!

Por suposto, para o desenvolvemento desta actividade respectáronse todas as medidas se seguridade establecidas nos protocolos sanitarios.

Deixamos algunha foto da actividade:







xoves, 1 de outubro de 2020

PAGO TELEMÁTICO DOS IMPRESOS DE COMEDOR

EXPLICACIÓN PAGO TELEMÁTICO DOS IMPRESOS DE COMEDOR:

As familias que teñan nen@s usuarios de comedor con abono, poden realizar o pago telemático sen necesidade de presenciarse nunha oficina bancaria. Non é preciso dispoñer de certificado dixital.

A continuación vai unha pequena explicación de como se fai por se vos pode interesar.

 
Este é o enlace donde hai que iniciar o proceso de pago:

Enlace ó pago telemático de tasas

Seguide os seguintes pasos:






































Unha vez feito isto, o único que tedes que facer e cubrir os datos que se vos piden, que se atopan todos no impreso PDF do comedor(lembrade que os teredes a vosa disposición  no Abalar Móbil)

Nos vos esquezades de enviarme o xustificante de pago a través do correo do colexio

ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es

 
Saúdos.
A Directora.

domingo, 6 de setembro de 2020

MODELO AUTOENQUISA EPIDEMIOLÓXICA

AUTOENQUISA 

PROTOCOLO COVID 19 CURSO 2021-2022

Neste enlace podedes acceder ao protocolo do centro con motivo do Covid 19 do curso 2021-2022.

PROTOCOLO COVID 2021-2022 

No enlace seguinte, tedes un resumo das normas de funcionamento máis importantes sobre este protocolo para o curso 2021-2022.

RESUMO FAMILIAS

PLAN DE ACOLLIDA 

PLAN DE CONTINXENCIA

 

 

 

Neste enlace podedes acceder ao protocolo do centro con motivo do Covid 19.

PROTOCOLO

No enlace seguinte, tedes un resumo das normas de funcionamento máis importantes sobre este protocolo.

RESUMO FAMILIAS

No enlace inferior podedes ver os carteis que se colocarán no centro.

PLAN DE ACOLLIDA

CARTELERÍA DO CENTRO

PLAN DE CONTINXENCIA

 

Neste enlace tedes a enquisa de obrigada realización todas as mañáns aos vosos fill@s antes de sair cara ao colexio.

ENQUISA EPIDEMIOLÓXICA 



martes, 21 de xullo de 2020

PARABÉNS PARA A NOSA BIBLIOTECA



Hoxe Modestina pode estar ben orgullosa, pois o seu traballo, xunto co de toda a comunidade educativa do CEIP SAN RAMÓN obtén un recoñecemento!

O pasado 16 de xullo publicábase a resolución pola que se resolvían dúas das iniciativas integradas no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS correspondentes ao curso 2019/2020. Unha vez valoradas as candidaturas presentadas, só 10 centros obteñen o selo de Biblioteca Escolar Solidaria. O CEIP SAN RAMÓN de Moeche repite galardón polo traballo desenvolto durante o ano!!!

Este selo é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidade escolar.


Por outra banda, tamén se seleccionaban, entre as 88 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A" (destinada ao alumnado de 5º e 6º de primaria), e en función do interese e calidade das actividades recollidas na memoria presentada. O CEIP SAN RAMÓN TAMÉN É UN DOS 10 CENTROS ELIXIDOS!!!

Somos o único centro que repite en ambas mencións, polo que estamos tremendamente orgullosos de toda a comunidade educativa, xa que estes recoñecementos son mérito de todas e todos que, unidos,levamos a cabo un gran traballo a prol da biblioteca como factor de desenvolvemento integral do noso alumnado.
Isto é un agasallo que nos permite seguir adiante en novos proxectos que seguro serán moi enriquecedores para as nenas e nenos de Moeche.

Parabén para tod@s, unha vez máis demostramos que xuntos facemos escola!

BICOS DE MODESTINA

venres, 10 de xullo de 2020

LISTAXE DEFINITIVA LIBROS FONDO



No enlace inferior podedes consultar os libros de fondo correspondente a cada alumn@.

A entrega de libros realizarase no mes de setembro.

Listaxe definitivo

martes, 7 de xullo de 2020

LIXTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS


Aquí tedes a listaxe provisional de libros de fondo que correspondería a cada alumn@ para o vindeiro curso. Calquera dúbida, podedes chamar ao teléfono 669864753.

Listaxe provisional

mércores, 1 de xullo de 2020

APERTURA PRAZO PARA SER COLABORADOR DE COMEDOR


A día de hoxe, ábrese o prazo para que todas aquelas persoas que forman parte da comunidade educativa do centro podan presentar a súa solicitude de colaborador de comedor para o vindeiro curso 2020-2021.

As persoas interesadas poden presentar o modelo cuberto e asinado no centro a través do correo corporativo da xunta: ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es

Para calquera dúbida tamén poden chamar por teléfono : 669864753

MODELO SOLICITUDE

AULAS LIBERA

Hola nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, acabo de recibir o diploma pola nosa participación no proxecto de AULAS LIBERA dende a asigntura de Ciencias da Natureza.
Xa somos un dos centros LIBERa.


xoves, 25 de xuño de 2020

VÍDEO FINAL EDUCACIÓN FÍSICA

Chega o momento de subir o último vídeo de EF deste curso. Foron moitas as propostas que me enviastes durante o confinamento e agradézoo de corazón. Nesta última produción podedes ver o deporte que máis lle gusta a cada nena/o:


MATRICULA CURSO 2020-2021


O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA SERÁ DO 1 AO 10 DE XULLO

 DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:
A documentación presentarase a través do correo electrónco do colexio: ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es
Para calquera dúbida: tel. 669864753

- IMPRESO 

IMPRESO MATRICULA 

- MODELO AUTODECLARACIÓN DO COMEDOR( para aquelas familias que non o teñan xa entregado e desexen facer uso do comedor)

*Lembrade que o alumnado de novo ingreso, se non entregou esta documentación na admisión debe facelo agora: cartilla de vacinas, certificado médico, cartillas INSS do alumn@ e adulto co que esté inscrito, DNI(nen@se o ten e proxenitores), e 2 fotos tamaño carné(estas podedes entregalas en setembro cando estemos de xeito presencial).

MODELO AUTODECLARACION COMEDOR 

- PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO: indicar a parada que desexan(no caso de querer facer uso do transporte escolar) no propio impreso da matrícula.