sábado, 26 de setembro de 2015

VOLEIBOL NO COLE

O pasado xoves, o grupo dos maiores, tiveron a gran sorte de recibir a visita do Clube de voleibol Aldebarán de San Sadurniño. Manolo, todo un clásico do deporte, visitounos con tres grandes xogadores como son Pablo Prada, Fran e Uxío. Todos eles nos ensinaron moito sobre o deporte, aprendemos a facer diferentes toques, a sacar e incluso fixemos un partido. Aínda que o que máis nos chamou a atención foi a pedazo exhibición de remates na rede que nos ofreceron!!!

Moitísimas grazas pola visita! Esperamos que outro día poidamos xogar outra vez!

Deixo un vídeo resumo da actividade, ademais dunha galería de fotos. Confío que vos guste!!!