luns, 12 de outubro de 2026

EMPEZA MODESTIN-ARTE!

 O venres pasado vivimos no cole unha actividade moi especial para dar comezo ao noso proxecto deste curso. A nosa amiga Modestina enviounos unha mensaxe en vídeo para contarnos que este ano imos mergullarnos no mundo da arte, coa misión de rematar o curso converténdonos en auténticos artistas e facendo de Moeche unha gran obra de arte. 

Para comezar esta aventura, tiñamos un reto: aprender a mirar a nosa contorna con outros ollos, descubrir a beleza das pequenas cousas e atopar arte alí onde ás veces pasa desapercibida.

Para iso, convertémonos en equipos de exploradores e exploradoras e percorremos o cole na procura de pistas, detalles e descubrimentos, superando os retos artísticos que Modestina nos tiña preparados. Despois da expedición, reunímonos todos e todas na biblioteca para compartir os nosos achados e poñer en común as nosas ideas e descubrimentos.

A través deste proxecto queremos descubrir que a arte non está só nos museos, nos cadros ou nas esculturas. A arte tamén pode agocharse nunha folla, nunha sombra, nunha pedra, nun cheiro, nunha historia, nunha persoa ou nunha paisaxe. Incluso nunha desas cousas que levamos toda a vida vendo, pero nas que nunca nos paramos a reparar.

Que comece a aventura! Benvidos e benvidas a MODESTIN-ARTE!














martes, 6 de outubro de 2026

VISITA CLUBE BALONMÁN NARÓN

Estes días tivemos a oportunidade no cole de contar con Iago Muiña, adestrador do Clube Balonmán Narón i ex-xogador profesional deste deporte. Iago conta a nivel persoal cunha gran traxectoria deportiva en Liga Asobal (Bidasoa Irún, Teucro, Guadalajara...) e noutras ligas do mundo, pero en Moeche demostrou que tamén ten talento cos rapaces/zas...

Asistiu ás clases de Educación Física de TODAS as idades que temos no centro para achegar o balonmán á cativería. Foron unhas sesións divertidas á par que didácticas neste deporte. Aprendemos certos aspectos do xogo como o bote, condución ou tiros a porta.

Queremos dar as grazas ao Clube Balonmán Narón por achegarse a Moeche, en especial a María pola xestión e a Iago polo seu bo facer. Quedamos encantad@s!




martes, 15 de setembro de 2026

RECOLLIDA CALZADO E ROUPA USADA

No enlace inferior podedes ver a finalidade da campaña coa que participamos neste 1º trimestre do curso.

O prazo para a recollida vai dende o día de hoxe ata o 7 de outubro.

 CAMPAÑA SOLIDARIA INDIA


mércores, 2 de setembro de 2026

Voltamos ós bos hábitos

Benvidas de novo familias!

Este curso 26/27 voltamos ás boas costumes e seguimos traballando en torno ós hábitos de vida saudables. Por iso, queremos pedir de novo a vosa colaboración no que respecta ás merendas dos nosos pequenos, tendo en conta o listado de merendas saudables. Na fotografía podedes observar o reparto semanal, fixádevos que hai días que teñen varias opcións. As opcións son para elixir entre unha e outra, non é para traelas todas.

Na segunda fotografía veñen explicados os alimentos de cada sección con exemplos. As de cor verde (as máis saudables) e as amarelas serían as permitidas. As vermellas indicarían aquelas merendas que non aconsellamos traer á rapazada.

Cando se trate de días especiais como aniversarios etc falade antes co titor/a para facer un axuste do calendario de merendas. Asemade, nos casos de alumnos/as que, por causas médicas xustificadas, non poidan tomar algún alimento concreto, deberán falar co titor/a para ver como se faría nese caso.

BO PROVEITO!





martes, 1 de setembro de 2026

REUNIÓN TITORÍAS - COMEZO CURSO 2026-27

AVISO ÁS FAMILIAS:

Comezamos un novo curso e queremos convocarvos á reunión de inicio de curso o próximo VENRES 4 DE SETEMBRO. 


Os horarios de cada grupo serán os seguintes, nas aulas correspondientes 


- Infantil 9:30

- 1° e 2 ° EP 10:00

- 3º e 4° EP 10:30 

- 5° e 6° EP 11:30 


Recordamos e agradecemos que traiades os documentos de autorizacións de Imaxe , Saida ,Transporte , recollida , alerxias … para a reunión , para xestionalos e organizar o inicio de curso.

xoves, 25 de xuño de 2026

ÚLTIMA DÍA DO CURSO, FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS!

 Boas familias, 

O último día de curso pasámolo en grande! Comezamos a mañá graduando o alumnado de 5º de infantil e de  6º de primaria, despois fixemos o tradicional partido de alumnado contra profesorado e finalmente recibimos as vacacións cunha GRAN FESTA DA AGUA. 

E agora si que si... FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS! Vémonos en setembro!








VISITA DAS SEÑORAS DA CASA DO MAIOR CASABRANCA


 Boas familias,

a semana pasada viñeron a visitarnos ao cole as señoras do centro do maior. Os nenos e nenas de infantil e de sexto de primaria prepararon uns contacontos e despois  amosámoslles fotos e vídeos de moitas das actividades que fixemos ao longo do curso. Foi unha mañá moi agradable e desfrutamos moito da presenza das señoras no cole, agardamos que volvan pronto!




       







FESTA NO COLE COA GUAGUA!

Durante as últimas semanas o cole estivo cheo de actividades moi divertidas. Unhas delas foi unha xornada especial para as nenas e nenos de infantil, 1º e 2º. O equipo de animación de La Guagua foi o encargado de convertir o cole nunha gran búsqueda do tesouro, onde a nosa rapazda demostrou gran pericia para atopar o premio final.

Moitas grazas a La Guagua pola súa gran labor!!!



ROUPA PERDIDA

  Queridas familias: 

Un ano máis, seguimos aumentando o noso patrimonio téxtil. Se alguén recoñece algunha destas prendas, pode vir recollelas antes de que remate o mes de xuño.
Moitas grazas!


xoves, 18 de xuño de 2026

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA: ESCAPE ROOM E CHISTÍN

Na xornada de hoxe a biblioteca de Modestina tivo moito movemento: Escape Room i entrega de premios de Chistín.

En primeiro lugar visitounos Iria, unha gran profesional que nos levou ao mundo dos Escape Room. A clase de 3º e 4º tivo a oportunidade de descifrar diferentes códigos sobre o San Xoán. Fixérono ás mil marabillas para ser quen de abrir todos os candados!

Logo foi a quenda dos maiores do centro, que investigaron moito para conseguir descifrar unha receita de chocolate saudable. Por suposto, houbo que probala!!!


Ademais, o tradicional concurso de Chistín tivo a súa entrega de premios. Houbo unha gran participación e todos levaron un pequeno agasallo. Pero desta volta, os agraciados coa ansiada taza do noso dragón preferido foron Leo e Clarís (ambos de 3º e 4º), que resolveron todas as probas á perfección!





martes, 16 de xuño de 2026

SAÍDA FIN DE CURSO ÁS FRAGAS DO EUME E PRAIA DE CABANAS

A pasada semana tivemos a saída de final de curso de todo o centro. Unha xornada moi completa onde puidemos aprender moito sobre a fauna e flora do Parque Natural das Fragas do Eume, en primeiro lugar no centro de interpretación e, a continuación, no propio parque. A segunda foi a experiencia máis produtiva porque, ademais de pegar unha boa camiñada, desfrutamos dunha entorna espectacular que temos ben pretiño da casa.

Ao rematar, cansos e famentos, fomos cara o Pinar de Cabanas, onde comimos e xogamos na area da praia. Ademais houbo tempo de mollar os pés para referescarnos un pouco.




Visita da autora Sabela Fernández e da tenda animal educa

Onte veu ao cole a autora de literatura infantil Sabela Fernández. Estes últimos meses estivemos lendo os seus contos ''ladrón de soños'' e ''A miña avoa, a miña heroína'', estivo no noso cole falando da súa experiencia como escritora e das súas obras.  

Hoxe tivemos a charla da tenda animal educa, para aprender a facer os nosos animais felices. 

Moitas grazas polas vosas visitas!




domingo, 14 de xuño de 2026

PEDROSO 2026

Esta semana tivemos aos maiores do noso cole na súa tradicional excursión con pernocta a Pedroso. Foron tres días cheos de divertidas actividades, bailes, xogos e, sobre todo, emocións.

Levan a mochila cargada de lembranzas bonitas das que seguro se acordarán anos. Ademais, este ano foi especial, pois compartimos lugar e vivencias cos nosos/as amigos/as do CEIP VIRXE DO MAR de Narón. Outro grupo de 11 rapaces cos cales fixeron moi boas migas e fixaron unha amizade que esperemos dure toda a vida.

Toca tamén agradecer ao pedazo equipo de monitoras que estiveron con nós, Tempus Educa demostrou unha vez máis que teñen un gran valor humano. Majo, María, Uxía, Lachi, Saray, Yahy... xa ides no corazón modestino!

Deixamos un vídeo que seguro vos gustará!



xoves, 11 de xuño de 2026

LIBROS DE TEXTO CURSO 2026-2027

 Libros de texto

MATRÍCULA CURSO 2026-2027

O prazo para a formalización da matrícula será dende o 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos

Neste curso, o procedemento de matrícula en liña permitirá ás familias formalizar a matrícula sen desprazarse ao centro educativo a través dun novo aplicativo. É importante matizar que os trámites presenciai seguirán vixentes como anteriormente.

Para facilitar a matriculación en liña, podedes consultar no enlace inferior.

Guía para a matrícula en liña

Autorizacións

IMPORTANTE: Se se opta pola tramitación presencial, débese pedir cita con anterioridade.

martes, 9 de xuño de 2026

RETO CHAMORRO 2026

Durante as pasadas semanas recibimos un vídeo dos nosos amigos do centro Asociación Nuestra Señora de Chamorro. No mesmo puidemos ver as caras dos usuarios dese centro, entre eles a nosa exalumna Lara, a cal nos fixo moita ilusión ver de novo. O vídeo era unha seria convidación a realizar o seu último reto.

Non é un reto sinxelo, aínda que si moi divertido! Desta volta tocaba xogar en equipo a unha proposta deseñada i elaborada polo alumnado do seu centro. Por suposto, aceptamos novamente o reto!!!

Querede ver como se xoga con ese material tan chulo que nos regalaron? Pois mirade o vídeo!!!




MOITÍSIMAS GRAZAS CHAMORRO POR CONTAR CON NÓS UN ANO MÁIS!!!


venres, 29 de maio de 2026

FASE PROVINCIAL CROS ESCOLAR

Hoxe tivemos a Leo representando a Moeche na derradeira fase de cros escolar. Ata Porto do Son foi para levar o nome do noso cole nunha carreira dura e técnica, na que amosou un gran nivel. Para o ano máis e mellor!





martes, 26 de maio de 2026

TORNEO FÚTBOL 3X3

Durante as pasadas semanas estivemos a facer no centro un torneo de fútbol 3x3. Houbo unha elevadísima participación e pasámolo xenial!

Desenvolveuse un torneo de infantil, cun empate entre os dous equipos participantes.


E outro en primaria, cun total de 9 equipos. Foron moitos os partidos e moi interesantes. Pero finalmente fíxose coa victoria o E.F. IRMANDIÑOS de Sergio, Éric i Erin.

Parabéns a todos os equipos pola deportividade demostrada durante o campionato.




mércores, 20 de maio de 2026

CONVIVENCIA POR LETRAS GALEGAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas fixemos unha convivencia cos centros de A Barqueira e Somozas.

Desde ben cediño pola mañá compartimos unha gran xornada. Creamos dúas alfombras florais, un maio vertical, cadros con flores e xogamos a xogos populares. Por suposto houbo tempo para compartir un bo recreo e unha merendola ben rica.

Como colofón final, o grupo de 5º e 6º ofreceu un mini concerto de frauta, tocando "Na beira do mar" e o Himno Galego, o cal acompañamos todo o mundo cantando.

Queremos felicitar á rapazada dos tres coles o seu bo comportamento e disposición para pasalo pipa!

E, como non, agradecer aos centros de O MARBÁN E A BARQUEIRA por asistir e polos regalos!



CONCURSO CHISTÍN CURSO 2026-2027

Ola de novo nenos, nenas e familias. Canto me tardaba volver estar con vós.

Este curso imos ter un concurso un pouquiño diferente. Apetecíame coñecer un pouco máis Moeche e fun dando unhas voltiñas por todo o Concello. Saquei unha morea de fotos en distintos lugares e pensei que este ano crearía un CONCURSO DE LUGARES DE MOECHE

Quero comprobar a ver que tal coñecedes as vosas vilas. 


Cada día subirei unha foto ao blog

QUE HAI QUE FACER?

1.- Debes identificar o sitio

2.- Escribir nun papeliño pequeno o NOME DO LUGAR que aparece na foto e o TEU NOME(as respostas sen nome, non teñen validez)

3.- Introducir na miña caixiña de concurso a resposta ao día seguinte antes das 10:00 da mañá


Cada día publicaquei o nome dos acertantes.

O concurso durará 10 días 

ANÍMASTE? Coma sempre, haberá agasallos para os gañadores e tamén para aqueles que aínda que non acertaran todo, particaparan en todas as probas.

AGARDO POR TOD@S VÓS!!!


1º PROBA: FOTO Nº1


ESTRADA DA FEIRA


Ola a tod@s:

Acabo de revisar as respostas i estou moi contento porque non hai erros. PERO algúns non leron ben o que tiñan que facer  e non escribiron o NOME do lugar ou da estrada. COIDADO nas próximas fotos!!!

SOLUCIÓN: ESTRADA DA FEIRA - LUGAR DE SAN RAMÓN(valería calquera das dúas)-

GAÑADORES: Anxo, Leo, Aroa, Xian, Erin, Alma, Efrén, Breogán, Abraham, Clarís, Julia, Lía, Sergio, Gael, Ander, Antía, Paula, Briana, Noa 2º

PARTICIPANTES QUE SABÍAN ONDE ESTABA PERO NON PUXERON O NOME CORRECTO:

Amaia, Adrián 6º, Martín, Julieta, Noel, Valeria e Álvaro.


2º PROBA: FOTO Nº2

Ánimo que seguro que sabedes onde se sacou esta foto, e LEMBRADE poñer o nome do lugar


SOUTO GRANDE - A PONTE DO NORTE

Parabéns aos seguintes GAÑADOR@S:

Anxo, Aroa, Briana, Efrén, Clarís, Isabella, Breogán, Uxúe, Abraham, Asier, Adrián 6º, Erin, Ander, Leo, Sofía 3º, Gael, Antía, Valeria, Álvaro, Alexis, Julieta, Sergio, Amaia, Estela, Julia, Lía, Noel, Paula, Martín, Karen.

Tamén participaro:
Vicen, Xian e Noa F.


3º PROBA: FOTO Nº3


CASABRANCA - CARRETERA CRISTO RAÑAL

Parabéns aos seguintes GAÑADORE@S:

Anxo, Abraham, Noa 2º, Amaia, Uxúe, Kyara, Clarís, Ander, Sergio, Xian, Paula, Asier, Julieta, Álvaro, Noel, Valeria, Karen, Leo e Martín

Tamén participaron:

Efrén, Gael, Briana, Breogán, Julia e dúas respostas sen nome do alumn@.

4º PROBA: FOTO Nº4



CAMIÑO PISTA CORTIÑA

Parabéns aos seguintes GAÑADORE@S:

Asier, Lía, Xian, Ander, Amaia, Julia, Valeria, Uxúe, Clarís, Noa 2º, Noel, Julieta, Álvaro, Erin

Tamén participaron:

Abraham, Kyara, Martín, Antía, Paula, Anxo, Leo, Adrián 6º, Sergio e Gael.


5º PROBA: FOTO Nº5




MIL DE ABAIXO - LEBOREIRO

Parabéns aos seguintes GAÑADOR@S:

Briana, Xian, Uxúe, Amaia, Antía, Adrián 6º, Julia, Clarís, Noa 2º, Lía, Abraham, Martín, Álvaro, Noel, Valeria, Asier, Julieta, Paula, Sergio e Leo



Tamén participaron:

Anxo, Vicen, Gale, Aroa, Isabella, Kyara, Efrén, Karen e un sen nome



6º PROBA: FOTO Nº6



LEBOREIRO - CASA TOÑITO

Parabéns aos seguintes GAÑADOR@S:

Álvaro, Sofía, Adrián 6º, Alba, Amaia, Antía, Abraham, Uxúe, Xian, Noa 2º, Clarís, Asier, Leo, Julia, Valeria, Erin, Karen, Martín, Ander, Julieta, Kyara, Estela, Paula, Gael e Efrén.



Tamén participaron:

Vicen


7º PROBA: FOTO Nº7




 BALOCOS, CAMIÑO BALOCOS

Parabéns aos seguintes GAÑADOR@S:

Amaia, Álvaro, Anxo, Gael, Ander, Efrén, Noa 2º, Antía, Xian, Sofía 3º, Kyara, Alba, Paula, Leo, Martín, Sergio, Asier, Sofía EI, Abraham, Clarís, Uxúe, Julieta, Erin, Valeria, Lía e Noel

Tamén participaron: Vicen, Breogán e Briana


8º PROBA: FOTO Nº8



VILAPEDRE

arabéns aos seguintes GAÑADOR@S:

Xian, Gael, Julieta, Anxo, Noa 2º, Ander, Paula, Amaia, Sergio, Efrén, Abraham, Álvaro, Vicen, Clarís, Uxue, Erin, Valeria, Asier, Antía, Leo, Lía e Noel



9º PROBA: FOTO Nº9




CONFURCO 

arabéns aos seguintes GAÑADOR@S:

Amaia, Sandra, Álvaro, Antía, Uxue, Leo, Abraham, Xian, Erin, Valeria, Leo, Ander, Noa 2º, Sergio, Clarís, Asier, Lía, Paula, Julieta e Noel.



10º PROBA: FOTO Nº10


PONTE NORTE - PENASALBAS

Parabéns aos seguintes GAÑADOR@S:

Valeria, Xian, Noa 2º, Clarís, Asier, Erin, Abraham, Antía, Noel, Lía, Ander, Vicen, Anxo, Amaia, julieta, Uxua, Paula, Sergio, Leo, Álvaro e Martín

Tamén participaron: Gael, Efrén e un sen nome

Bueno, chegamos ao final do concurso. 

GAÑADORES: LEO E CLARÍS

FINALISTAS: ABRAHAM, PAULA, NOA 2º, AMAIA, JULIETA, VALERIA, ÁLVARO, UXUE,                             ASIER, SERGIO, ANDER E XIAN.

BOS PARTICIPANTES: ANXO, ERIN, ANTÍA, NOEL, LÍA,  EFRÉN, JULIA, GAEL E 
                                            MARTÍN

TAMÉN PARTICIPARON:  AROA, ALMA, BREOGÁN, BRIANA, ADRIÁN 6º, ISABELLA, SOFÍA 3º, ALEXIS, ESTELA, KAREN, KYARA, VICEN, ALBA, ESTELA, SOFÍA EI E SANDRA

NORABOA A TODOS E TODAS. PRONTO NOS VEREMOS.

HABERÁ PREMIOS!!!




martes, 19 de maio de 2026

FONDO LIBROS CURSO 2026-2027

 O prazo para a presentación da solicitude de fondo solidarios de libros(3º e 4º primaria), adquisición de libros( 1º e 2º de primaria) e material está aberto ata o dia 19 de xuño de 2026.

Tedes toda a información sobre o trámite así como o formulario nos seguintes enlaces:

Instrucción fondo libros 

Modelo solicitude 

Lembrade que se pode realizar a solicitude a través da sede electrónica( ED330B) usando chave 365, certificado electrónico os similar. Tamén se pode entregar de xeito presencial no centro educativo os luns, martes e venres en horario de 9:00 a 10:00 horas.

venres, 8 de maio de 2026

Saída "Exhibición solidaria da garda civil"

Recibimos no centro unha carta de agradecemento pola participación na actividade que permitiu ademáis recaudar comida con fins solidarios.

Deixamos aquí a carta para que poidade vela

Carta agradecemento

xoves, 30 de abril de 2026

DESCUBRIMOS O FONDO MARIÑO GALEGO CON 13 GRAOS

Onte tivemos a sorte de gozar dun obradoiro moi especial coa empresa 13 Graos, dedicada á exploración do fondo mariño das costas galegas. Foi unha experiencia moi interesante na que aprendemos moito sobre a riqueza natural que agochan os nosos mares.

Durante a actividade, explicáronnos as diferentes especies de animais e plantas que habitan nas costas de Galicia, descubrindo a gran biodiversidade mariña que temos tan preto. Tamén nos falaron dos perigos aos que se enfrontan actualmente os océanos, como a contaminación, o cambio climático ou a sobreexplotación dos recursos mariños.

Despois da charla, realizamos un obradoiro de debuxo no que os nenos e nenas pintaron con acuarelas distintos animais do fondo mariño galego, deixando voar a súa imaxinación e creatividade.

Ademais, gozamos dunha incrible experiencia inmersiva grazas a unhas gafas de realidade aumentada, coas que puidemos facer unha viaxe virtual polo océano galego e sentirnos como auténticos exploradores mariños.

Sen dúbida, foi unha xornada educativa, divertida e moi enriquecedora que nos axudou a valorar aínda máis a importancia de coidar os nosos mares.