domingo, 8 de setembro de 2024

Voltamos ós bos hábitos

Benvidas de novo familias!

Este curso 24/25 voltamos ás boas costumes e seguimos traballando en torno ós hábitos de vida saudables. Por iso, queremos pedir de novo a vosa colaboración no que respecta ás merendas dos nosos pequenos, tendo en conta o listado de merendas saudables. Na fotografía podedes observar o reparto semanal, fixádevos que hai días que teñen varias opcións. As opcións son para elixir entre unha e outra, non é para traelas todas.

Na segunda fotografía veñen explicados os alimentos de cada sección con exemplos. As de cor verde (as máis saudables) e as amarelas serían as permitidas. As vermellas indicarían aquelas merendas que non aconsellamos traer á rapazada.

Cando se trate de días especiais como aniversarios etc falade antes co titor/a para facer un axuste do calendario de merendas. Asemade, nos casos de alumnos/as que, por causas médicas xustificadas, non poidan tomar algún alimento concreto, deberán falar co titor/a para ver como se faría nese caso.

BO PROVEITO!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.