xoves, 25 de xuño de 2026

ÚLTIMA DÍA DO CURSO, FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS!

 Boas familias, 

O último día de curso pasámolo en grande! Comezamos a mañá graduando o alumnado de 5º de infantil e de  6º de primaria, despois fixemos o tradicional partido de alumnado contra profesorado e finalmente recibimos as vacacións cunha GRAN FESTA DA AGUA. 

E agora si que si... FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS! Vémonos en setembro!








VISITA DAS SEÑORAS DA CASA DO MAIOR CASABRANCA


 Boas familias,

a semana pasada viñeron a visitarnos ao cole as señoras do centro do maior. Os nenos e nenas de infantil e de sexto de primaria prepararon uns contacontos e despois  amosámoslles fotos e vídeos de moitas das actividades que fixemos ao longo do curso. Foi unha mañá moi agradable e desfrutamos moito da presenza das señoras no cole, agardamos que volvan pronto!




       







FESTA NO COLE COA GUAGUA!

Durante as últimas semanas o cole estivo cheo de actividades moi divertidas. Unhas delas foi unha xornada especial para as nenas e nenos de infantil, 1º e 2º. O equipo de animación de La Guagua foi o encargado de convertir o cole nunha gran búsqueda do tesouro, onde a nosa rapazda demostrou gran pericia para atopar o premio final.

Moitas grazas a La Guagua pola súa gran labor!!!



ROUPA PERDIDA

  Queridas familias: 

Un ano máis, seguimos aumentando o noso patrimonio téxtil. Se alguén recoñece algunha destas prendas, pode vir recollelas antes de que remate o mes de xuño.
Moitas grazas!


xoves, 18 de xuño de 2026

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA: ESCAPE ROOM E CHISTÍN

Na xornada de hoxe a biblioteca de Modestina tivo moito movemento: Escape Room i entrega de premios de Chistín.

En primeiro lugar visitounos Iria, unha gran profesional que nos levou ao mundo dos Escape Room. A clase de 3º e 4º tivo a oportunidade de descifrar diferentes códigos sobre o San Xoán. Fixérono ás mil marabillas para ser quen de abrir todos os candados!

Logo foi a quenda dos maiores do centro, que investigaron moito para conseguir descifrar unha receita de chocolate saudable. Por suposto, houbo que probala!!!


Ademais, o tradicional concurso de Chistín tivo a súa entrega de premios. Houbo unha gran participación e todos levaron un pequeno agasallo. Pero desta volta, os agraciados coa ansiada taza do noso dragón preferido foron Leo e Clarís (ambos de 3º e 4º), que resolveron todas as probas á perfección!





martes, 16 de xuño de 2026

SAÍDA FIN DE CURSO ÁS FRAGAS DO EUME E PRAIA DE CABANAS

A pasada semana tivemos a saída de final de curso de todo o centro. Unha xornada moi completa onde puidemos aprender moito sobre a fauna e flora do Parque Natural das Fragas do Eume, en primeiro lugar no centro de interpretación e, a continuación, no propio parque. A segunda foi a experiencia máis produtiva porque, ademais de pegar unha boa camiñada, desfrutamos dunha entorna espectacular que temos ben pretiño da casa.

Ao rematar, cansos e famentos, fomos cara o Pinar de Cabanas, onde comimos e xogamos na area da praia. Ademais houbo tempo de mollar os pés para referescarnos un pouco.




Visita da autora Sabela Fernández e da tenda animal educa

Onte veu ao cole a autora de literatura infantil Sabela Fernández. Estes últimos meses estivemos lendo os seus contos ''ladrón de soños'' e ''A miña avoa, a miña heroína'', estivo no noso cole falando da súa experiencia como escritora e das súas obras.  

Hoxe tivemos a charla da tenda animal educa, para aprender a facer os nosos animais felices. 

Moitas grazas polas vosas visitas!




domingo, 14 de xuño de 2026

PEDROSO 2026

Esta semana tivemos aos maiores do noso cole na súa tradicional excursión con pernocta a Pedroso. Foron tres días cheos de divertidas actividades, bailes, xogos e, sobre todo, emocións.

Levan a mochila cargada de lembranzas bonitas das que seguro se acordarán anos. Ademais, este ano foi especial, pois compartimos lugar e vivencias cos nosos/as amigos/as do CEIP VIRXE DO MAR de Narón. Outro grupo de 11 rapaces cos cales fixeron moi boas migas e fixaron unha amizade que esperemos dure toda a vida.

Toca tamén agradecer ao pedazo equipo de monitoras que estiveron con nós, Tempus Educa demostrou unha vez máis que teñen un gran valor humano. Majo, María, Uxía, Lachi, Saray, Yahy... xa ides no corazón modestino!

Deixamos un vídeo que seguro vos gustará!



xoves, 11 de xuño de 2026

LIBROS DE TEXTO CURSO 2026-2027

 Libros de texto

MATRÍCULA CURSO 2026-2027

O prazo para a formalización da matrícula será dende o 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos

Neste curso, o procedemento de matrícula en liña permitirá ás familias formalizar a matrícula sen desprazarse ao centro educativo a través dun novo aplicativo. É importante matizar que os trámites presenciai seguirán vixentes como anteriormente.

Para facilitar a matriculación en liña, podedes consultar no enlace inferior.

Guía para a matrícula en liña

Autorizacións

IMPORTANTE: Se se opta pola tramitación presencial, débese pedir cita con anterioridade.

martes, 9 de xuño de 2026

RETO CHAMORRO 2026

Durante as pasadas semanas recibimos un vídeo dos nosos amigos do centro Asociación Nuestra Señora de Chamorro. No mesmo puidemos ver as caras dos usuarios dese centro, entre eles a nosa exalumna Lara, a cal nos fixo moita ilusión ver de novo. O vídeo era unha seria convidación a realizar o seu último reto.

Non é un reto sinxelo, aínda que si moi divertido! Desta volta tocaba xogar en equipo a unha proposta deseñada i elaborada polo alumnado do seu centro. Por suposto, aceptamos novamente o reto!!!

Querede ver como se xoga con ese material tan chulo que nos regalaron? Pois mirade o vídeo!!!




MOITÍSIMAS GRAZAS CHAMORRO POR CONTAR CON NÓS UN ANO MÁIS!!!