luns, 23 de setembro de 2024

VISITA ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO

A semana pasada tivemos unhas clases de Educación Física un tanto diferentes. Traballamos o voleibol e que mellor maneira de facelo que contar coa axuda do Clube Aldebarán-Intasa San Sadurniño.

Luís Meza, xogador profesional do primeiro equipo achegouse ao San Ramón para ensinar á rapazada os aspectos básicos deste deporte. Os nosos/as peques traballaron arreo, tal e como se ve nestas fotografías:











venres, 20 de setembro de 2024

Mesa de excedentes

Tendo en conta a boa acollida que tivo no alumnado a mesa de excedentes, este curso volvemos a poñela en marcha. 
Aquelas familias que teñan árbores froiteiras na casa e que non saiban que facer con tanta froita, poden traela ao colexio para que os nosos nenos e nenas poidan degustala nas merendas do recreo.
Moitas grazas de antemán e bo proveito!