venres, 25 de febreiro de 2022

ENTROIDO 2022

Esta semana puidemos ver un pequeno avance cara a normalidade no noso centro. Certo é que todavía non podemos celebrar coas familias esta festa no cole. Pero polo menos a semana do Entroido comezaba cunha Meca na porta do cole. Sinda, que así se chamaba, fíxonos pasar unha semana do máis movidiño: gorro, zapatillas, bata, pixama... Despois de todos estes mandatos cumprimos a tradición de queimala no patio do cole, previa lectura de coplas e testamento!
Presentamos unha serie de vídeos onde podedes ver tanto os disfraces como as coplas:


martes, 22 de febreiro de 2022

Día de Rosalía

 No centro traballamos o Día de Rosalía con moita ilusión. Aquí vai un pequeniño resumo.

En primeiro lugar amosamos un gran traballo colaborativo de todas as aulas onde creamos este fermoso mural.

 

En infantil fixeron unhas elaboracións moi chulas sobre a nosa autora





En 1º e 2º, coa axuda da tablet, atoparon moita información de Rosalía




3º e 4º propoñen un recitado de "Adiós ríos, adiós fontes"




O grupo de 5º leu o manifesto de Rosalía de Castro.



As maiores de 6º recitaron "Campanas de Bastabales"

 





 
Tamén deixamos un podcast de radio no cal Gabriel, Laura C., Laura R. e Alberto falan sobre o Día de Rosalía

luns, 21 de febreiro de 2022

FEBREIRO EN METEOMOECHE

 Pois aquí seguimos recibindo fotos de meteoroloxía. Hoxe imos a falar da lúa do mes de febreiro: chámanlle "lúa de neve" xa que nesta época do ano soen coincidir este fenómeno invernal coa fase da lúa en cuestión. Pois recibimos no correo "meteomoeche@gmail.com" unhas fotos dunha amiga do cole: A PROFE OFELIA!!! Coa súa achega podemos ver como foi esta lúa en Barreiros:






E seguimos cunha habitual desta sección: a teacher Alba, que nos ofrece unhas instantáneas dun solpor na praia de Doniños espectacular!!!




MOITAS GRAZAS A AMBAS!!!




venres, 18 de febreiro de 2022

CHEGA O ENTROIDO!!!



Como xa sabedes entramos nas datas do Entroido e non podemos quedar sen celebralo dunha ou doutra maneira. Tras un ano no que só visitou o cole de xeito virtual volvemos a ter Meco!!! Perdón, Meca. Chámase Sinda e está disposta a facer moitos mandatos moi esixentes durante a próxima semana. E coma sempre, hai que obedecer!!! En caso contrario pode que se enfade e bote algo de fariña.... Xa hai orde para luns!!! 

VIVA O ENTROIDO!!!


xoves, 17 de febreiro de 2022

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Xa sabedes que o vindeiro 1 de marzo abre o prazo de admisión nos centros educativos. No CEIP SAN RAMÓN de Moeche estamos desexando ter novos amigos e amigas con quen compartir esta fermosa etapa das súas vidas. Por iso queremos convidarnos a unha xornada de portas abertas o próximo XOVES 24 ÁS 11:30 horas. Na mesma coñeceredes un pouco máis sobre o noso proxecto educativo e verás as nosas instalacións...pero, mellor que contárvolo nós, que volo conten os auténticos protagonistas desta historia: o alumnado. Non vos perdades o podcast que fixeron Alba, Adri, Javi, Bruno e Anxo!!!








VÉN AO SAN RAMÓN!!!

Cambio na sobremesa

Debido a un imprevisto, notificamos que a sobremesa deste pasado mércores, queixo con marmelo, cambiarase para o venres 18 de febreiro.

Desculpade as molestias.

luns, 14 de febreiro de 2022

BILLARDA 2022

 A billarda é un xogo popular que gusta moito por Moeche. Aproveitando a cesión de material por parte de XOGADE, decidimos poñer en marcha un campionato onde as nenas e nenos participaban dentro dos seus grupos de convivencia nun concurso de lanzamentos de billarda. Ao rematar as súas tiradas, competían en puntos contra alumnado de outras aulas. Todos/as fixérono de marabilla, aínda que temos un cadro de honra!!!


Da mesma maneira, podedes ver alguna fotos no seguinte vídeo:




venres, 11 de febreiro de 2022

COÑECE O NOSO COLE!!!

O vindeiro 1 de marzo comeza o período de admisión de alumnado de cara o curso 2022-23. Se queredes formar parte desta pequena gran familia e vivir de cerca un proceso de ensinanza-aprendizaxe de calidade non dúbides en vir ao CEIP SAN RAMÓN. Infórmate no teléfono e comparte para que poida chegar a todo o mundo!!!



ADMISIÓN CURSO 2022-2023

ORDE DE ADMISIÓN

MODELO SOLICITUDE ADMISIÓN  

VACANTES 

- Presentación solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo

A entrega das solicitudes debe facerse sempre con "Cita Previa" a través o correo electrónico do centro ou mediante chamada telefónica

Correo electrónico: ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es

Telefóno: 881930329/30

xoves, 10 de febreiro de 2022

martes, 1 de febreiro de 2022

DÍA DA PAZ 2022

Este ano, para celebrar o Día da Paz, ademais de traballar a temática en todas as aulas como ven sendo habitual, fixemos unha actividade moi especial. Apareceu no cole unha gran pomba xigante que traia unha bolsa enorme no seu peteiro. Nela metimos un montón de noticias que levamos vendo tempo nos xornais e que non nos gustaron nada de nada. Metímolas alí para que as levara ben lonxe e a partir de agora só veñan boas novas!!!

Da mesma maneira, en colaboración con UNICEF, fixemos uns trols para a a paz. Trátase dunha creación onde as nenas e nenos realizaron un boneco (trol) con diferentes materiais. O obxectivo era transmitir emocións cos mesmos, axudándoos a comprender o que lles sucedía no seu corpo e a saber xestionalo. Así puidemos ver como o alumnado botou unha boa man a estes pequenos seres deixándose levar pola súa creatividade para expresar como se pode identificar a alegría, tristeza, ira, o amor...