Amosando publicacións coa etiqueta RADIO23. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RADIO23. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de marzo de 2026

AUDIOCONTOS LINGUA GALEGA



Na materia de Lingua Galega estivemos a traballar os contos. Ademais de redactalos, tamén quixemos gravalos en audio para que todo o mundo os poida escoitar.

Deixamos enlace ao programa deste curso da nosa canle de Radio 23, onde os podedes escoitar. Iso e moitos podcast máis!


RADIO 23 CURSO 25-26

domingo, 1 de marzo de 2026

DÍA DE ROSALÍA

O pasado 23 de febreiro celebramos no cole o Día de Rosalía de Castro.

Na biblioteca do centro puidemos desfrutar dunha sesión moi especial, "Poesía con moito conto", da man de Marisa, actividade que nos traslada o Concello de Moeche.

Ademais, durante días previos, o alumnado estivo traballando acerca da figura máis representativa da nosa lingua. Aquí vos deixamos unha mostra:

  • Vídeo poema "Negra sombra"
  • Podcasts na Radio 23

xoves, 19 de febreiro de 2026

ABRIL AS NOVAS: UN XORNAL DOS HISTÓRIC@S 10.0



"Abril as novas" é un pequeno proxecto de Lingua Galega onde a rapazada de 5º e 6º elaborou un xornal que recollía diversas noticias ficticias sobre o noso centro educativo. Desaparición de profesores, segredos misteriosos ou un divertido "xamonazo" son algúns dos sucesos que ocorren neste centro.

Queredes saber máis? Pois podedes ver a versión en papel no corredor de arriba ou ben escoitar as audionovas que vos ofrecen a continuación:


A CAÍDA DE LUPE A CAÍDA DE MANOLA A DESAPARICIÓN DE ÓSCAR A PANTASMA DO COLEXIO A PELEXA A SUBSTITUTA A TIXOLA MISTERIOSA DE LUPE ALUMNOS ROYALE CONCURSO DE CHISTES DATCHBALL A CAÍDA DO COLEXIO NOTICIA ALMUDENA SEGREDO MESTRE ABEL UNHA CABRA NO DESPACHO XAMONAZO AO PROFE ABEL

venres, 13 de febreiro de 2026

13 DE FEBREIRO, DÍA MUNDIAL DA RADIO

 O portal Escolas nas ondas emite este venres 13 os traballos recibidos para esta xornada de celebración do Día Mundial da Radio, se pinchades aquí poderes escoitar todas as propostas enviadas por diferentes coles, incluída a nosa!

O grupo de 5º e 6º creou un podcast orixinal no que imaxinaron que un grupo de invasores chamados “Larries” atacaban o noso planeta. O único medio de comunicación que aguantou este ataque foi Radio 23… como cres que continuará?

Este é o noso podcast!


martes, 10 de febreiro de 2026

DÍA DA RADIO 2026



O 13 de febreiro é o Día da Radio, desde a rede de radios escolares propoñían que participaramos neste día ofrecendo un programa no cal déramos lugar a pensar sobre a importancia da radio nas nosas vidas.

O grupo de 5º e 6º creou un podcast orixinal no que imaxinaron que un grupo de invasores chamados "Larries" atacaban o noso planeta. O único medio de comunicación que aguantou este ataque foi Radio 23... como cres que continuará?


mércores, 4 de febreiro de 2026

NOVOS PODCASTS NA RADIO 23

 A rapazada de 3º e 4º de primaria estivo a traballar na creación duns podcasts para a Radio 23, dentro da materia de Lingua Galega. Para iso, buscaron información, crearon o guión, ensaiárono e foron gravalo á radio do colexio.

Agardamos que vos gusten! Pronto volveremos con máis!

luns, 1 de decembro de 2025

VOLVE A RADIO 23 PARA CELEBRAR O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA!

Radio 23 volve a abrir as súas portas para que escoitedes os mellores podcast de toda a volta. E faino cunha ocasión moi especial, a celebración do Día dos Dereitos da Infancia.

Para iso asistimos ao Concello de Moeche a un pleno infantil onde expoñeremos as nosas conclusións sobre os dereitos das nenas e nenos no ámbito dixital. Para vivir neste mundo e que se respecten os nosos dereitos temos que elaborar un kit de supervivencia, pero... que meteríades nel? Polas diferentes clases do cole fomos recollendo información que vos ofrecemos neste programa de radio!



mércores, 4 de xuño de 2025

ENTREVISTAS DEPORTISTAS

 As alumnas e alumnos de 3º de primaria estiveron traballando a entrevista dentro da materia de Lengua Castellana.

Para iso, inventaron e redactaron os guións cos diálogos, ensaiáronos e finalmente, decidiron grabalos na Radio 23 do cole!

Agardamos que vos gusten!


martes, 3 de xuño de 2025

Cerrado por vacacións!

Un curso máis chega o momento que máis triste nos pon...o peche da biblioteca. Chega o verán e aínda que queremos descansar, votarei de menos a vosa presenza na miña casa que tanta vida lle dades.

Este ano, o peche será doblemente especial, non só por recordar todas as aventuras vividas ao longo deste curso, senón tamén pola presentación do voso libro "Modestina na Idade Media",  dando un formato diferente ao noso VENTOEIRO na súa XXXI edición.

Espero que esta andaina a disfrutárades tanto coma min...e por suposto que non será a última.

E recordade ler algún libro este verán porque libro pechado...TEMPO TIRADO!

A vosa querida Modestina




Se queredes ler esta gran aventura...

venres, 21 de marzo de 2025

MULLER E DEPORTE



Co gallo do 8-M, o alumnado de 5º e 6º fixo un traballo sobre como está a muller dentro do deporte. Falamos sobre a igualdade neste ámbito. Que mellor maneira de facelo que contar con 12 mulleres que falaron con nós, parte na Radio 23, parte desde as súas casas. 

12 mulleres que nos ensinaron moito e ás que lles queremos dar grazas por compartir as súas experiencias!


ADRIÁN entrevista á súa avoa Lita, muller que realiza varios deportes como senderismo, natación ou ximnasia de mantemento.
   

 CANDELA fala con Susi, coñecida atleta modestina, sobre muller e deporte.
   

 CAROLINA conversa cunha profe do centro. Veremos como é a igualdade no crosfit.

   

 HÉCTOR presenta o seu traballo cunha entrevista á súa nai. Cun pasado relacionado con varios deportes participará neste faladoiro.

   

 IVÁN entrevista a Mariana, veciña modestina que practicou xadrez durante varios anos.

   

 JOSUÉ fala con Fina, exfutbolista do mítico Cebarca feminino. Muller e deporte no mundo do fútbol.

   

 JULIA trouxo á Radio 23 a Lidia, a súa madriña e deportista desde hai varios anos.

   

 NUNO tivo un anaco coa profe Elena para falar sobre o papel da muller no deporte. Neste caso toca fútbol.

   

 OIHANE tráenos a Andrea, profesora de hípica panameña que nos dará o seu punto de vista sobre a igualdade no seu ámbito de traballo.
   

SERGIO compartiu un momento con Raquel, deportista local que practicou fútbol durante moitos anos e recentemente gañadora de títulos e copas coa bicicleta.

   

 UXÍO preséntanos a Lucía, a mestra de xadrez do cole. Falamos de mulleres no mundo do xadrez.

   

 VALERIA entrevista á última das nosas futbolistas. A súa tía Loli que practicou fútbol durante anos.

 

luns, 10 de marzo de 2025

LENDAS MEDIEVAIS MODESTINAS!



Nas clases dos grandes (3º a 6º) seguimos a traballar conxuntamente no tema das lendas do medievo. É un tema que está gustando e nesta ocasión tocou profundizar máis nas historias locais.

Grazas á xente que nos axudou nas nosas pescudas, e a varios libros consultados, logramos ter un pequeno recopilatorio de lendas modestinas que queremos compartir con vós.

Pero... xa sabedes que a nosa rapazada é de usar a creatividade e darlle unha volta de rosca máis. Por iso é que decidiron contar esas lendas en formato podcast. E non un podcast calquera: temos desde soños, contos en primeira persoa e ata viaxes no tempo!! Non deixan de sorprendernos aos profes coas súas ideas!


VASCO, O TROBADOR DE MOECHE (CANDELA, ADRIÁN, ESTELA, ASIER E ÁNDER)  
OS LOBOS DE MOECHE (OIHANE, ÁLVARO, SERGIO E UXÍO)  
 A LENDA DE SAN XIAO (IVÁN, JULIA, TEO, ALEXIS E NIKO)  
LENDAS CURTAS MODESTINAS (SHAYLA, HÉCTOR, JOSUÉ, VALERIA E LÍA)  
MÁIS LENDAS CURTAS (NUNO, ABRAHAM, CAROLINA, ÉRIC I EFRÉN) 

luns, 17 de febreiro de 2025

Día da Radio

 O pasado xoves 13, celebrouse o día mundial da Radio. Na nosa biblio quixemos contar coa presenza de José María Bará, para formar ao noso alumnado neste apaixonante mundo.

José María é un experto técnico e locutor de Radio con 25 anos de experiencia no mundo da radiodifusión. Traballou na Cadena Ser, 40 Principales, Cadena 100...entre outras. Traballou como locutor, director, redactor, presentador... e actualmente é provedor de contidos de audio que compatibiliza coa realización de obradoiros en centros educativos.

Foi unha mañá intensa pero moi proveitosa para seguir creando na nosa Radio 23.






venres, 7 de febreiro de 2025

A RADIO 23 CONSEGUE FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO!



Compartimos con vós un podcast creado polo alumnado de 5º e 6º de primaria para participar no Día da Radio de Ponte nas Ondas. A temática era o cambio climático e, tras un proceso de investigación, este é o orixinal resultado!


mércores, 5 de febreiro de 2025

AUDIOCONTOS



Hoxe traemos unha tarefa interesante que realizou o alumnado de 5º e 6º. A actividade consistía en crear un audioconto. Para iso escribimos un conto respectando as súas diferentes partes, logo gravamos co programa Audacity o audio para traballar a expresión oral ademais da escrita e, por último, xogamos con efectos de son para darlle un pouco de ambiente e creatividade á nosa historia. Esperamos que vos gusten!

 Que máis podería pasar?  (CANDELA)


Brut, o raposo   (NUNO)

A historia de Carlota (VALERIA)
 
 Doritos aventureiros (ADRIÁN)  
 Guerra en Nildon (HÉCTOR)  
 A aldea pantasma (IVÁN)  
 As mellores amigas (JULIA)  
 Sergio na cidade encantada (SERGIO)  


 Aventura dos Históric@s (OIHANE)  
 Viaxe ao descoñecido (UXÍO) 

martes, 14 de xaneiro de 2025

NOVOS PÓDCAST!

E seguimos co funcionamento de Radio 23, a mellor radio de toda a volta!!!

Nesta ocasión temos dous programas para vós... Un deles nace dunha proposta de traballo en Lingua Galega de 6º curso. O profe mandou facer unha descrición de lugar e á nosa amiga Candela, podendo elixir entre as mellores cidades do mundo, pensou que o mellor lugar para describir sería... O SEU CEREBRO!!! E por suposto, tédela aquí para escoitar!





E por outra banda, temos outro grupete que quixo falar sobre o medievo, algo que este ano sona moito polo cole!




luns, 14 de outubro de 2024

ARRINCAMOS COA RADIO 23!!!



Un ano máis, Radio 23 ofrecerá os mellores podcast de toda a volta. Hoxe comezamos cun de temática libre, no cal Héctor, Nuno, Adrián e Sergio investigaron sobre unha das súas afeccións favoritas: o fútbol!

Se queredes curiosear un pouquiño sobre este tema, clicade no enlace e a escoitar!!!



martes, 11 de xuño de 2024

NOVOS PODCASTS!!!

Nestes últimos días, o alumnado de 5º e 6º tivo a liberdade de realizar un podcast de temática totalmente libre. Os temas elixidos foron: Moeche e a súas actividades, o castelo e todo o que o rodea e unha viaxe no tempo a través do cole. Crearon, gravaron i editaron o seguinte...








xoves, 30 de maio de 2024

RADIO 23: VIAXE A AUSTRALIA

 Queredes saber que fixeron e que visitaron Teo, Julia, Adri, Sergio e Estela en Australia?


Non vos perdades este novo podcast en Radio 23!!


luns, 20 de maio de 2024

DÍA DAS ABELLAS

Hoxe, 20 de maio, celébrase o Día Mundial das Abellas. E que mellor maneira de celebralo que traer ao cole á nosa amiga Vanesa López Basanta, de Abellariza, que é toda unha experta na materia. Xa leva anos colaborando co centro nesta data e tennos ensinado moito sobre este animal. Hoxe centrámonos en diferenciar entre abella, abellón, avespa común e velutina.

Ademais, aproveitamos a ocasión para que viñese a Radio 23 (ela foi unha das alumnas creadoras do proxecto) e respondese a unhas preguntas.

Coma sempre, mil grazas Vanesa por achegarnos un pouco máis a este mundo!!!








Deixamos o podcast: