Amosando publicacións coa etiqueta LECTURAEFAMILIAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LECTURAEFAMILIAS. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de marzo de 2026

CONTACONTO CON MIGALLAS

Hoxe tivemos no colexio unha sesión moi especial de contacontos da compañía de teatro Migallas Teatro. Foi unha mañá moi divertida na que todo o alumnado, profesorado e familias participamos con moita atención e entusiasmo. As historias, cheas de ritmo e humor, fixeron que todos e todas pasásemos un rato moi agradable.

Como sempre,  Migallas non defrauda e conseguiu que gozásemos moito desta actividade tan especial. Agardamos poder volver gozar pronto doutra das súas actuacións! 

sábado, 14 de febreiro de 2026

TRABALLO SOBRE O ENTROIDO!

Durante as xornadas previas á festa do Entroido, a alumnado estivo a traballar sobre o Entroido galego. Investigación, traballo da información i exposición oral sobre a nosa cultura.







mércores, 17 de decembro de 2025

PROGRAMA FESTIVAL DE NADAL 2025

Boas familias!

Deixamos un listado das actuacións que ten preparadas a rapazada para este prometedor festival. Van con un horario orientativo que intentaremos cumprir, pero entendendo que con nenos/as é difícil ser exactos. Pregamos puntualidade na entrada das familias para non interromper as actuacións.

Grazas por adiantado a toda a comunidade pola vosa participación!



domingo, 15 de xuño de 2025

Booktrailers!

 Pois rematamos as clases de inglés con dous Booktrailers como recomendacións para ler no verán...

Enjoy your vacation!!!

PETE THE CAT, elaborado polo alumnado de 5º de primaria


SUPERTATO, elaborado polo alumnado de 6º de primaria.




mércores, 4 de xuño de 2025

FINAL DO PROXECTO SOBRE A IDADE MEDIA!: VENTOEIRO Nº 31


Na xornada de onte vivimos unha marabillosa experiencia que cerra o proxecto conxunto co CEIP de A Barqueira. Nós coa Idade Media i eles/as cos castros iniciamos unha viaxe aló por outubro que rematou na área recreativa do Castro, en Cerdido.

O alumnado de ambos centros, e coas familias presentes, realizaron unha exposición do traballo de todo un ano. Para todas aquelas persoas que non puidestes asistir, aquí vos deixamos o enlace para ver toda a presentación enteira, sen os vídeos cortados. 

Xa sabedes, collede flocos de millo, sofá, e a disfrutar de tooooodo o contido sen cortes!


CLIC PARA VER A PRESENTACIÓN

martes, 3 de xuño de 2025

Cerrado por vacacións!

Un curso máis chega o momento que máis triste nos pon...o peche da biblioteca. Chega o verán e aínda que queremos descansar, votarei de menos a vosa presenza na miña casa que tanta vida lle dades.

Este ano, o peche será doblemente especial, non só por recordar todas as aventuras vividas ao longo deste curso, senón tamén pola presentación do voso libro "Modestina na Idade Media",  dando un formato diferente ao noso VENTOEIRO na súa XXXI edición.

Espero que esta andaina a disfrutárades tanto coma min...e por suposto que non será a última.

E recordade ler algún libro este verán porque libro pechado...TEMPO TIRADO!

A vosa querida Modestina




Se queredes ler esta gran aventura...

mércores, 28 de maio de 2025

Lectura en familia con Charo Pita

 Onte á tarde tivemos a sorte de escoitar a Charo Pita na nosa biblioteca. Puidemos comprobar como unha simple historia pode coller forza según a maneira de contala e de escoitala. Fíxemolo grazas a presenza das nosas familias e cativ@s . Ademais tamén nos firmou o libro "Velliñas" que tiñamos nas nosas baldas.













domingo, 18 de maio de 2025

Pandeireta cantareira!

 O pasado venres celebramos o día das Letras Galegas todos xuntos cunha xornada chea de contos, xogos e por suposto...CANTAREIRAS!

Moitas grazas a todos os que participastes para que un ano máis a nosa lingua se sinta viva



martes, 29 de abril de 2025

Como os antigos trovadores

No corazón do Reino Modestino, cando os castelos se erguían no alto e os sabios transmitían o saber ao redor do lume. Hoxe, os nosos valentes cabaleiros e donas de Primaria convértense en padriños e madriñas de lectura, empuñando como espadas os  libros para compartir contos e aventuras cos pequenos escudeiros de Infantil e 1º e 2º curso.

Nesta nobre misión, os maiores guían aos máis novos polos camiños máxicos da lectura, como se foran mestres trovadores levando historias de aldea en aldea. Cada páxina lida é unha porta que se abre a un novo reino, cada voz que conta é un lazo que une xeracións dentro do noso pequeno reino escolar.

Porque ler non é só aprender: é soñar, viaxar e, sobre todo, compartir. E neste apadriñamento lector, cada encontro é un festexo da palabra, unha festa medieval onde os libros son os verdadeiros tesouros. Preparádevos, pois, para unha aventura digna de lenda!




Seguimos gañando torneos!

Nestes días, Adrián de 5º presentou a súa manualidade para o seu castelo lector!

Ben feito!



mércores, 26 de febreiro de 2025

Querida Rosalía...

 O pasado 23 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. Nós conmemoramos este día o venres 21 mediante a actividade "A túa poetisa invisible". Cada un de nós escribimos unha estrofa dalgún poema de Rosalía para enviar ao noso "amigo invisible".

Ademais de forma voluntaria o alumnado foi montando un quebracabezas para este día.

Moitas grazas a Iván, Héctor, Oihane e Candela por organizalo!



xoves, 30 de xaneiro de 2025

Tratado de paz

 Como sabedes hoxe celebramos o día da paz, e no noso reino particular decidimos firmar un Tratado ao redor da táboa redonda, como facía o Rei Arturo.

Ademais compartimos o momento da merenda, fixemos voar as nosas pombas e enviamos as nosas mensaxes de paz.


Agora toca que nas vosas casas deseñedes un escudo para o Reino Modestino. Decidiremos cal representa mellor o noso reino. Debe cumprir estos elementos:

1.- Modestina

2.- Castelo

3.- Nome do colexio

4.- Libros

Poñede a vosa creatividade a disposición do Reino.







luns, 20 de xaneiro de 2025

TORNEOS DE XUSTAS!

A semana pasada, Modestina antes de marchar deixoulles aos seus cativos/as un reto de reconquistar o seu propio castelo.

Para iso deben superar unha serie de retos para conseguir todo o necesario para gañar.


Moito ánimo e sorte!

Recordade:
LIBRO PECHADO... TEMPO TIRADO!


martes, 24 de decembro de 2024

FESTIVAL DE NADAL 2024

Un agasallo adiantado que nos chega ao cole... Modestina ten influencias para estas cousas e xa temos aquí... o FESTIVAL DE NADAL 2024 íntegro. Os vídeos están clasificados por actuacións para que sexa máis fácil de atopar e visualizar.
Esperemos que vos guste!
Aproveitamos tamén para agradecervos a vosa asistencia a esta festa, así como ao grupo de familias que axudaron na montaxe e desmontaxe do escenario. MIL GRAZAS!

QUE TEÑADES UNHAS BOAS FESTA E UNHA MELLOR ENTRADA NO 2025!


1.- INTRODUCIÓN 6º



2.- BAILE INFANTIL



3.- MUÑECAS FAMOSA 5º E 6º


4.- A FOTO DO BELÉN 1º E 2º


5.- LOTERÍA DE NADAL 5º E 6º


6.- RITMOS CON VASOS 3º E 4º


7.- PANXOLIÑA 5º E 6º


8.- DON QUIJOTE DE LA MANCHA 3º E 4º


9.- BAILE MEDIEVAL 5º E 6º


10.- JINGLE BELLS ROCK INFANTIL, 1º, 2º  E 3º



11.- HOXE NO PARTO 5º E 6º



12.- PANXOLIÑA 1º E 2º



13.- FERRERO ROCHER 5º E 6º



14.- LET IT GO 4º, 5º E 6º















venres, 15 de novembro de 2024

REABRIMOS!

 Por fin, despois de moito traballo, estamos de volta.

O motivo do peche debeuse ao cambio do programa de rexistro da biblioteca. Migramos de MEIGA a KOHA. 

Grazas a tod@s os que dunha maneira ou doutra axudastes a que o peche fose o menos tempo posible. 






venres, 21 de xuño de 2024

Cerrado por vacacións

Ata aquí un curso máis, un ano no que disfrutamos moito con historias, contacontos, familias e todos os nosos cativos/as.

Moitas grazas aos axudantes de biblioteca que sen eles, nada podería saír adiante.

https://www.youtube.com/watch?v=O8FkMkCghjE



Feliz verán a todos e non vos esquezades de ler un pouquiño!!

Vémonos en setembro!