martes, 6 de outubro de 2026

VISITA CLUBE BALONMÁN NARÓN

Estes días tivemos a oportunidade no cole de contar con Iago Muiña, adestrador do Clube Balonmán Narón i ex-xogador profesional deste deporte. Iago conta a nivel persoal cunha gran traxectoria deportiva en Liga Asobal (Bidasoa Irún, Teucro, Guadalajara...) e noutras ligas do mundo, pero en Moeche demostrou que tamén ten talento cos rapaces/zas...

Asistiu ás clases de Educación Física de TODAS as idades que temos no centro para achegar o balonmán á cativería. Foron unhas sesións divertidas á par que didácticas neste deporte. Aprendemos certos aspectos do xogo como o bote, condución ou tiros a porta.

Queremos dar as grazas ao Clube Balonmán Narón por achegarse a Moeche, en especial a María pola xestión e a Iago polo seu bo facer. Quedamos encantad@s!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.