mércores, 28 de xuño de 2023

PARTIDO DE FÚTBOL PROFES VS ALUMNADO

O que podería estar máis preto dun solteir@s contra casad@s no poli da parroquia rematou sendo unha auténtica final da Champions League. A historia remóntase a unhas semanas atrais cando un grupo de alumnos retou ao profesorado a xogar un partido de fútbol. 
As profes, que xa temos unha idade, decidimos aprazar ao máximo o enfrontamento para poder coller forma e puxemos como data o 21 de xuño.
Na previa o claustro xa meteu o primeiro gol asistindo ao evento con camisetas similares facendo honra á nosa mascota. Pero pouco a pouco foise nivelando a contenda, pois o primeiro encontro era contra a xente de infantil. Unha gran xogada poñía aos peques por diante do marcador. Tras unha bombonas de osíxeno e algo de 3 en 1 nas articulacións víamos como o profesorado comezaba a trenzar as súas primeiras xogadas e anotar algún goliño nos partidos contra 1º, 2º, 3º e 4º. Foi xa no último encontro, contra 5º e 6º, onde os docentes sacaron maxia das súas botas para demostrar que son un gran equipo e favorecer unha revancha cara o vindeiro curso, pois o resultado final foi de victoria para as profes.
Sentímolo rapazada, pero teredes outra oportunidade para o próximo curso. Iso si, cando nos recuperemos das maniotas que todavía temos!!! 
E temos vídeo!!! (grazas María por gravar)



martes, 27 de xuño de 2023

BÚSQUEDA DO TESOURO EN INFANTIL!

O último día foi moi especial para os máis peques da casa, pois tiveron que atopar un tesouro!!! Pero non pensedes que foi tarefa sinxela, houbo moitas probas que resolver e pistas que atopar para xuntas todas as pezas do mapa e poder atopar o tesouro agochado!!!







ACTIVIDADES BIBLIOTECA ÚLTIMA SEMANA

A última semana estivemos dous días no centro, pero tiveron moito movemento. En concreto, a nosa mascota Modestina recibiu varias visitas na súa casa: a biblioteca. 
Ela, puido ver, desde unha xincana organizada polas ludotecarias para o profesorado (da que, lamentablemente non temos fotos, pese a que foi unha competición disputadísima) ata estas outras:

PEQUENA SORPRESA PARA O NOSO QUERIDO DANI!

De todos é sabido que nenos/as e profes adoramos a Dani, gran profesional e mellor persoa, que sempre realiza o seu traballo de técnico de deportes ás mil marabillas. Pero, ademais diso, sempre está para botar unha man no cole cando se lle chama. Axuda na organización de xogos e actividades varias, acompaña a saídas deportivas... i é por iso que quixemos facerlle un pequeno agasallo (temos que admitir que o levamos enganado)







Tamén se entregaron os regaliños ao alumnado que colaborou como voluntario de biblioteca este curso escolar.


E incluso celebramos un mini "acto de graduación" do alumnado que marcha ao instituto e para os/as peques que pasan a Educación Primaria. Recibiron unha orla e algún que outro agasallo...










EXCURSIÓN CIRCUÍTO MODESTINO E OS BIOSBARDOS

Todavía non tivéramos tempo de subir fotos destas actividades... pero aquí están. Na última semana de cole tivemos dúas saídas. Na primeira delas puidemos coñecer máis se cabe o noso circuíto modestino. Desprazámonos andando ata alí e, unha vez asentados, esperábamos unha gran xornada: unhas voltas ao circuíto coa Policía Local de Narón, xogos de auga con Dani e un mural cunha mensaxe de igualdade no deporte coa monitora do CLIA, Tania. A continuación comida conxunta na nave do mercado e actuación de Peter Punk. Día espectacular. Moitas grazas á Policía Local de Narón, o técnico de deportes, Concello de Moeche e, sobre todo, ao Grupo de Participación Infantil modestino que se encargou de organizar todo!






O luns 19 tamén fomos de excursión, nesta ocasión a Os Biosbardos, en Cambre. Un espazo onde se dedican a cultivar diferentes prantas e hortalizas. Ensináronnos o seu traballo e visitamos as súas instalacións. Despois fomos comer a xogar a Pravio, un lugar cercano que fixo que a auga non fose un problema para pasalo de cine!










luns, 19 de xuño de 2023

venres, 16 de xuño de 2023

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA - CURSO 2023-2024

 Para formalizar a matrícula para o vindeiro curso, débese entregar de xeito presencial no colexio o impreso entre o 20 de xuño e o 30 de xuño.

IMPRESO MATRÍCULA

xoves, 15 de xuño de 2023

PEDROSO 2023

Esta semana, os maiores do noso cole estiveron de acampada en Pedroso. Foron 3 días estupendos onde non faltaron risas, bailes, xogos e río!!!

As monitoras Mireia, Noe e Bea, de Tempus Educa foron as encargadas de facer desta excursión unha experiencia inesquecible. Grandes profesionales e, sobre todo persoas, que estiveron a tope durante a nosa estancia para que as nenas e nenos de Moeche desfrutaran facendo xincanas divertidas, escape room, xogos no río, paintball, festa holli e incluso discoteca!!!

Desde aquí queremos agradecerlles todo e desexar que sexan moitas as excursión que realicemos xuntos/as.

Unha vez máis, a cativada do San Ramón amosou un comportamento exemplar e unha gran actitude para divertirse. Proba diso, esta pequena mostra das actividades nun vídeo!!!


mércores, 14 de xuño de 2023

Excursións fin de curso

 Temos previstas dúas saídas para rematar o curso

1.- O  venres día 16 de xuño iremos ao circuíto modestino. O material que deberán levar será o seguinte:

            - Merenda como todos os días. 

            - Xantar

            - Roupa cómoda

            - Unha muda( vai haber xogos populares de auga).

            - Gorra para o sol e crema solar.

   

2.- O luns 19 de xuño iremos á granxa "O Biosbardos". O material que deberán levar será o seguinte:

            Alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria

  • Un tubo de cartón do rollo de papel hixiénico
  • Elexir unha destas opcións: unha libreta tamaña cuartilla usada, unha revista ou un papel de xornal vello.
  • Mapa impreso( xa o levan do colexio)
  • Lapis
  • Roupa cómoda
  • Camiseta ou mandil( opcional par se se manchan)
  • Gorra para o sol
  • Auga 
  • Merenda e xantar

                Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria

  • Mapa impreso(xa o levan do colexio)
  • Lapis
  • Roupa cómoda
  • Gorra para o sol
  • Auga
  • Merenda e xantar
     

 


 

           

       

martes, 13 de xuño de 2023