http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
venres, 26 de abril de 2024
Semana do libro
xoves, 25 de abril de 2024
DATCHBALL NA PISTA DE ABADE - CLIA
O grupo de participación Irmandiñ@s do 23 ten unha nova proposta!
🗓 O sábado 4 de maio organiza o I Torneo de Datchball do Concello de Moeche, cun máximo de 8 equipos participantes.
🏐🏐🏐 Para participar tes que ter entre 6 e 15 anos, e formar un equipo de 5 persoas, mixto por sexo e idade.
📝 Para inscribir o voso equipo tedes que enviarnos un correo a gpiamoeche@gmail.com indicando os nomes e idades de quen o integra! Recibiredes un correo de volta confirmando a vosa inscrición. Doado non?
🤾🏼♀️🤾🏾♂️ O 4 de maio véremonos nas pistas de tenis de Abade ás 16.00. Estaremos xogando até as 19.00, aproximadamente, e despois compartiremos uns pinchiños 🍕 para recuperar enerxías 🔋
🏆 Pasarémolo en grande! Animádevos!
domingo, 21 de abril de 2024
RADIO 23: Feira do 23 de abril de Moeche
Nova entrega en radio 23!
Desta volta, as rapazas e rapaces do CEIP San Ramón queren informar e animar a todos a que vaiamos á Feira do 23, que xa case está aquí!
venres, 19 de abril de 2024
Obradoiro de cociña
Andainas do terceiro trimestre
luns, 15 de abril de 2024
MODIFICACIÓN DA SOBREMESA 16/4
A sobremesa prevista para o 24 de abril, amorodos con iogur natural, servirase o día de mañá martes, 16 de abril.
Desculpade as molestias.
venres, 12 de abril de 2024
O REGRESO DE CHISTÍN
2ª CATEGORÍA:SEMANA DO 22 AO 26 DE ABRIL
Chistes de galegos
En breve poderedes dar o voso voto no blogue a un destes finalistas dende o luns 22 ata o venres 26.
- ABRAHAM de 4º:
- OIHANE DE 5º:
- UXUE DE 1º:
DE CHISTÍN
Queridos nenos, nenas e familias, aquí volvo un ano máis a retarvos para que participedes no meu concurso: "CONCURSO DE CHISTES"
Como participar?
Colle unha nube de Chistín, pon nome, curso e escribe o teu chiste que debe ser da CATEGORÍA indicada.
Non esquezas a BOA LETRA e coida a ORTOGRAFÍA porque este ano veño
MOI ESIXENTE
A continuación entrégallo ao teu mestre ou mestra que mo dará a mín para velo e publicalo no corredor do colexio.
EN CADA CATEGORÍA HABERÁ 4 FINALISTAS QUE PASARÁN Á GRAN FINAL.
AH, poderes votar dende o blogue.
Haberá premios para aqueles nenos e nenas que participen en TODAS AS CATEGORÍAS.
COMEZAMOS.......
1ª CATEGORÍA:SEMANA DO 15 AO19 DE ABRIL
Abrese o telón .......
xoves, 11 de abril de 2024
BECAS E AXUDAS A NEAE
BECAS E AXUDAS NEAE
Saiu publicada a resolución definitiva da convocatoria de NEAE 2023/24 para que os alumnos/as poidan presentar recurso de reposición.
A solicitude poderá tramitarse de dous xeitos:
Xeito presencial:
-
REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO
-
REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
-
REXISTROS DO CONCELLO E DA DEPUTACIÓN
-
CORREO POSTAL (ORDINARIO E CERTIFICADO)
Xeito telemático:
-
No seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/portada (ten que estar autorizado: CHAVE 365)
martes, 9 de abril de 2024
Folleto de vida saudable.
Os nenos e nenas de 2º de primaria, acompañados dos seus compañeiros de 1º, estiveron estes días a repartir un traballo que estiveron elaborando dende hai unhas semanas. Despois de moito investigar e estudar, realizaron un folleto moi interesante no que resumen en 6 puntos chave o que temos que facer para ter saúde.
Despois de repasalo e poñelo bonito, fixeron entrega dos mesmos a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, cociñeira, persoal de limpeza...).
Deixamos algunhas fotos dos días da entrega.
martes, 2 de abril de 2024
A PORTA AO MUNDO DA LOUCURA (AUDIOCONTO)
"A porta ao mundo da loucura" é o título que escolleu María par ao seu conto na materia de Lingua Galega. Unha historia realmente estarrecedora a que nos mostra a alumna de 6º.
Podedes escoitala neste audioconto!
venres, 22 de marzo de 2024
VAI DE CONTOS!
Na clase de 5º e 6º estamos a traballar a creación de contos, tanto en galego como en castelán. Velaquí tedes algunhas probas do mesmo (e chegarán máis):
UN CASO SEN RESOLVER
Autora: Carolina
Gravación i edición: Carolina, Itziar e Lola
MANUEL Y FERNANDO
Autor: Óscar
Edición e gravación: Óscar, Estrela e Candela
xoves, 21 de marzo de 2024
CLUBE DA COMEDIA
O grupo de 3º e 4º quixo deleitarnos cunha rolda de chistes, actividade que se enmarca dentro da área de Lingua Castelá.
Pinchade na foto para ver o vídeo.
sábado, 16 de marzo de 2024
OBRADOIRO DE INSECTOS
Este venres recibimos a visita de Miguel Santamaría, biólogo e entomólogo santiagués.
Gracias ao seu obradoiro puidemos aprender e coñecer máis sobre uns pequenos seres vivos: os insectos.
Quedamos abraiados observando, tocando e collendo, con total seguridade, un bicho pao, dous insectos follas (cunha excepcional camuflaxe), escaravellos, tartarugas, saltóns e milpés xigantes, bolboretas de gran tamaño chuchando o zume dun plátano e ata unha tarántula de pata raiada.
Tamén vimos un escorpión que na escuridade cambia de cor coa luz, caracois xigantes e un cangrexo ermitán que se animou a dar uns pasiños polo chan da biblioteca.
Gracias a este obradoiro, ademais de coñecer estas especies exóticas de África, Madagascar, México..., puidemos vencer os nosos medos e prexuízos e recoñecer a súa importancia nos ecosistemas.
Desfrutamos moitísimo!
Pinchade na foto para ver o vídeo e no enlace se queredes ver máis fotos deste día.
martes, 12 de marzo de 2024
PUNTO LARANXA
PUNTO LARANXA NOS CENTROS EDUCATIVOS
A Consellería vén de publicar o “Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar” así como a actualización do “Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar”. En relación con isto, da instruccións aos centro educativos para a creación e posta en funcionamento do PUNTO LARANXA tanto físico como virtual.
O punto laranxa é unha medida impulsada pola Xunta de Galicia para intentar erradicar o acoso e ciberacoso nos centros educativos grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar facilitando así o destape dos acosos.
- Respecto ao punto laranxa físico do noso centro, estará situado no patio cuberto a carón da porta da biblioteca no lado dereito. Aquí podedes de xeito anónimo meter unha mensaxe no buzón indicando a túa preocupación. Só poderá abrilo a persoa encargada desta tarefa e terá un carácter estrictamente confidencial.
- O punto laranxa virtual está na páxina web do centro, nun acceso directo no lateral dereito da páxina principal. Ao premer nel, abrirá un pequeno cadro de texto no que podes de xeito anónimo indicar a túa preocupación. Ao igual que o punto físico só poderá ser lido pola persoa encargada e terá igualmente un carácter confidencial.
E Enlace á páxina web do centro para acceder ao punto laranxa.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanramonmoeche/
Calquera dúbida ao respecto, podedes poñervos en contacto coa dirección do centro. Agardamos que esta medida sexa usada correctamente para que de bos resultados.
luns, 11 de marzo de 2024
8M
Coincidindo coas datas do 11 de febreiro (Día da muller e a nena na Ciencia) e o 8 de marzo (Día da muller) fixemos moitas actividades:
VISITA DE FARRUCA
Unha científica que lles gusta moito ás nenas/os de infantil e que sempre trae un experimento. Nesta ocasión crearon unha especie de plastilina con elementos da nosa vida cotiá.
EXPOSICIÓNS
Na materia de Naturais tamén estivemos traballando duro sobre mulleres científicas, adicándolles unha gran exposición das súas vidas e logros importantes. Ademais, podedes ver diferentes creacións artísticas coas cales podemos xogar.
xoves, 7 de marzo de 2024
Contacontos "Ratoncito Pérez"
O pasado venres, os nenos de 1º e 2º de Primaria sorprenderon a todo o cole representando un conto sobre o rato Pérez. Non soamente fixeron disfrutar ós nenos e nenas coa divertida historia de cómo este intrépido animaliño comezou a recoller os dentes, senón que nos deixaron a todos abraiados ó saber que tamén foran eles os que fixeran os monicreques e os obxectos que aparecían na obra.
A verdade é que o fixeron xenial! Agardamos que repitan prontiño xa que nos deixaron con ganas de máis.
mércores, 6 de marzo de 2024
UNHA XORNADA MOI ESPECIAL
O alumnado de 6º, na materia de Valores Cívicos e Sociais, propuxo a realización dun pequeno proxecto consistente en concienciar á veciñanza do municipio en torno ao coidado do medio ambiente, aos hábitos de vida saudable e a nosa saúde mental.
Tras solicitar por mail permiso ao Concello de Moeche, fomos realizar un roteiro no cal paramos e pegamos carteis nos supermercados de San Ramón, a correduría de seguros, nave da feira, pavillón polideportivo e edificio consistorial. Queremos dar as grazas Cris, Iria, María, Natalia, Pilar e Bea por permitirnos facelo e axudarnos.
Outro lugar no que solicitamos colgar os carteis foi na Casa Niño e Casa do Maior de Casabranca. Laura e Vanesa recibíronnos cos brazos abertos para que esta xornada se convertese nunha inesquecible para a rapazada de 5º e 6º. Cos máis pequenos tivemos a ocasión de xogar un montón e agora xa somos un pouco máis amiguetes. Sabemos que a Hugo, o máis pequeno da casa, encántalle que o collamos no colo. Con Aitana bailamos, cantamos e corremos, ao igual que con Lucas, que acabou por deitarse enriba dos seus futuros compis de cole. Mariña e Sandra, que ao principio amosaban algo de vergoña, ao final foron quenes nos ensinaron un montón de xoguetes, e un súper truco coas telas da cociniña.