O pasado martes fixemos unha saída todo o centro ata Ortigueira e Viveiro. No primeiro lugar visitamos a súa igrexa e coñecimos un belén que posúe a mesma e que ten 101 anos!
O parroco comentounos algo da historia do propio belén e tamén sobre o escudo de Ortigueira, ademais de cantarnos unha divertida canción, a cal bailamos a tope!!!
Tras unha merecida merenda e un paseíño polo pobo para coller de novo o bus, fomos á segunda das nosas paradas: Viveiro. Fixemos un pequeno rueiro polo casco vello ata chegar ao belén que ocupa unha boa parte desta zona viveirense, vimos grandes construcións, con casas ambientadas, coñecimos oficios da época e ademais, como colofón final... aí estaban os tres Reis Magos de Oriente!
Deixamos algunha fotiño para que vexades o ben que o pasamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.