mércores, 27 de novembro de 2024

25-N

O 25 de novembro é unha data especial. Data na que conmemoramos aquilo que traballamos na escola día a día coa rapazada.  O día para a eliminación da violencia contra a muller. 
Nas clases falamos coas nenas/os sobre a temática, comprendemos a importancia de seguir traballando nisto para a súa eliminación, vimos vídeos, fixemos debuxos, frases etc
A proposta do Concello de Moeche, como todos os anos, convocáronnos ao tradicional concurso de lemas, aínda que só é convocado para as aulas de 3º a 6º. Foron moitas as propostas que pensaron as alumnas/os, e todas recibiron o seu aplauso e diploma. Pero este ano toca felicitar especialmente a Oihane, Lía e Candela (3ª, 2ª e 1ª clasificada respectivamente). Como agasallo levaron un libro, aínda que o de Lía recolleuno a súa irmá, pois ese día non estaba no centro.
Por outro lado, tamén nos lanzamos á pista polideportiva para, a proposta da federación de ANPAS, realizar un "Chalk Back", no que pintamos con xices as nosas mensaxes para a eliminación da violencia contra a muller.

Deixamos un vídeo que esperamos vos guste!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.