Para comezar esta aventura, tiñamos un reto: aprender a mirar a nosa contorna con outros ollos, descubrir a beleza das pequenas cousas e atopar arte alí onde ás veces pasa desapercibida.
Para iso, convertémonos en equipos de exploradores e exploradoras e percorremos o cole na procura de pistas, detalles e descubrimentos, superando os retos artísticos que Modestina nos tiña preparados. Despois da expedición, reunímonos todos e todas na biblioteca para compartir os nosos achados e poñer en común as nosas ideas e descubrimentos.
A través deste proxecto queremos descubrir que a arte non está só nos museos, nos cadros ou nas esculturas. A arte tamén pode agocharse nunha folla, nunha sombra, nunha pedra, nun cheiro, nunha historia, nunha persoa ou nunha paisaxe. Incluso nunha desas cousas que levamos toda a vida vendo, pero nas que nunca nos paramos a reparar.
Que comece a aventura! Benvidos e benvidas a MODESTIN-ARTE!





















.png)





















.jpg)



