venres, 30 de xaneiro de 2026

ANDAINA SOLIDARIA PARA A INVESTIGACIÓN DA LEUCEMIA INFANTIL E DÍA DA PAZ

 


Hoxe, despois do recreo, tivemos unha actividade especial arredor do valor da paz e da solidariedade. O alumnado de 5ºe 6º preparou un fermoso contacontos e tamén escoitamos varios podcasts sobre a paz feitos por eles e elas mesmas. Ademais, o alumnado de terceiro e cuarto escribiu un poema colectivo sobre a paz, mentres que os nenos e nenas de primeiro e segundo compartiron con todos e todas nós o que significa a paz para eles e elas. 

A continuación, desprazámonos ao pavillón para celebrar a carreira solidaria para recadar fondos para a Asociación Unoentrecienmil. Debido ao mal tempo, a actividade converteuse nunha andaina solidaria, coa que recadamos fondos para a investigación da leucemia infantil.

Para rematar esta mañá tan especial, lanzamos avións de papel ao aire como símbolo de amor e paz, enviando unha mensaxe positiva a todo o mundo. Foi unha xornada chea de valores, convivencia e solidariedade. 

Moitas grazas pola vosa participación e colaboracion, familias!

Aquí tedes máis imaxes e video do día de hoxe e tamén deixamos os podcast feitos polo alumnado de 5º e 6º. 

PODCAST 1

PODCAST 2 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.