Amosando publicacións coa etiqueta NDLG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NDLG. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2026

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA: ESCAPE ROOM E CHISTÍN

Na xornada de hoxe a biblioteca de Modestina tivo moito movemento: Escape Room i entrega de premios de Chistín.

En primeiro lugar visitounos Iria, unha gran profesional que nos levou ao mundo dos Escape Room. A clase de 3º e 4º tivo a oportunidade de descifrar diferentes códigos sobre o San Xoán. Fixérono ás mil marabillas para ser quen de abrir todos os candados!

Logo foi a quenda dos maiores do centro, que investigaron moito para conseguir descifrar unha receita de chocolate saudable. Por suposto, houbo que probala!!!


Ademais, o tradicional concurso de Chistín tivo a súa entrega de premios. Houbo unha gran participación e todos levaron un pequeno agasallo. Pero desta volta, os agraciados coa ansiada taza do noso dragón preferido foron Leo e Clarís (ambos de 3º e 4º), que resolveron todas as probas á perfección!





martes, 16 de xuño de 2026

SAÍDA FIN DE CURSO ÁS FRAGAS DO EUME E PRAIA DE CABANAS

A pasada semana tivemos a saída de final de curso de todo o centro. Unha xornada moi completa onde puidemos aprender moito sobre a fauna e flora do Parque Natural das Fragas do Eume, en primeiro lugar no centro de interpretación e, a continuación, no propio parque. A segunda foi a experiencia máis produtiva porque, ademais de pegar unha boa camiñada, desfrutamos dunha entorna espectacular que temos ben pretiño da casa.

Ao rematar, cansos e famentos, fomos cara o Pinar de Cabanas, onde comimos e xogamos na area da praia. Ademais houbo tempo de mollar os pés para referescarnos un pouco.




mércores, 20 de maio de 2026

CONVIVENCIA POR LETRAS GALEGAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas fixemos unha convivencia cos centros de A Barqueira e Somozas.

Desde ben cediño pola mañá compartimos unha gran xornada. Creamos dúas alfombras florais, un maio vertical, cadros con flores e xogamos a xogos populares. Por suposto houbo tempo para compartir un bo recreo e unha merendola ben rica.

Como colofón final, o grupo de 5º e 6º ofreceu un mini concerto de frauta, tocando "Na beira do mar" e o Himno Galego, o cal acompañamos todo o mundo cantando.

Queremos felicitar á rapazada dos tres coles o seu bo comportamento e disposición para pasalo pipa!

E, como non, agradecer aos centros de O MARBÁN E A BARQUEIRA por asistir e polos regalos!



mércores, 18 de marzo de 2026

AUDIOCONTOS LINGUA GALEGA



Na materia de Lingua Galega estivemos a traballar os contos. Ademais de redactalos, tamén quixemos gravalos en audio para que todo o mundo os poida escoitar.

Deixamos enlace ao programa deste curso da nosa canle de Radio 23, onde os podedes escoitar. Iso e moitos podcast máis!


RADIO 23 CURSO 25-26

martes, 10 de marzo de 2026

CONSUMO RESPONSABLE

O pasado venres tivemos a oportunidade de contar no cole co Instituto Galego de Consumo. Da man de Paula aprendemos sobre produtos, obrigas e dereitos que temos os consumidores.

Ademais fixemos un xogo para comprobar as nosas aprendizaxes.

Grazas Paula!





xoves, 19 de febreiro de 2026

O UNIVERSO: INVESTIGAMOS UN POUCO MÁIS...



Na materia de Ciencias Sociais tocou traballar sobre un tema como é o universo. Nesta ocasión propuxemos unha actividade para profundizar un pouco máis. Eliximos tema, investigamos, producimos unha maqueta e un mural e logo tocou contalo!

Existe unha exposición no corredor da entrada onde podedes ver todas as producións!

Aquí vos deixamos as distintas propostas!











ABRIL AS NOVAS: UN XORNAL DOS HISTÓRIC@S 10.0



"Abril as novas" é un pequeno proxecto de Lingua Galega onde a rapazada de 5º e 6º elaborou un xornal que recollía diversas noticias ficticias sobre o noso centro educativo. Desaparición de profesores, segredos misteriosos ou un divertido "xamonazo" son algúns dos sucesos que ocorren neste centro.

Queredes saber máis? Pois podedes ver a versión en papel no corredor de arriba ou ben escoitar as audionovas que vos ofrecen a continuación:


A CAÍDA DE LUPE A CAÍDA DE MANOLA A DESAPARICIÓN DE ÓSCAR A PANTASMA DO COLEXIO A PELEXA A SUBSTITUTA A TIXOLA MISTERIOSA DE LUPE ALUMNOS ROYALE CONCURSO DE CHISTES DATCHBALL A CAÍDA DO COLEXIO NOTICIA ALMUDENA SEGREDO MESTRE ABEL UNHA CABRA NO DESPACHO XAMONAZO AO PROFE ABEL

sábado, 14 de febreiro de 2026

TRABALLO SOBRE O ENTROIDO!

Durante as xornadas previas á festa do Entroido, a alumnado estivo a traballar sobre o Entroido galego. Investigación, traballo da información i exposición oral sobre a nosa cultura.







martes, 10 de febreiro de 2026

DÍA DA RADIO 2026



O 13 de febreiro é o Día da Radio, desde a rede de radios escolares propoñían que participaramos neste día ofrecendo un programa no cal déramos lugar a pensar sobre a importancia da radio nas nosas vidas.

O grupo de 5º e 6º creou un podcast orixinal no que imaxinaron que un grupo de invasores chamados "Larries" atacaban o noso planeta. O único medio de comunicación que aguantou este ataque foi Radio 23... como cres que continuará?


mércores, 4 de febreiro de 2026

NOVOS PODCASTS NA RADIO 23

 A rapazada de 3º e 4º de primaria estivo a traballar na creación duns podcasts para a Radio 23, dentro da materia de Lingua Galega. Para iso, buscaron información, crearon o guión, ensaiárono e foron gravalo á radio do colexio.

Agardamos que vos gusten! Pronto volveremos con máis!

sábado, 20 de decembro de 2025

FESTIVAL DE NADAL 2025

Unha data moi especial para a nosa comunidade educativa, sen dúbida. Hoxe traemos todas as actuacións en vídeo para que podades volver a velas as veces que queirades.

Queremos agradecer a todas as persoas que viñeron desfrutar con nós desta especial xornada. Ademais de agradecer enormemente a quen axudou nas labores de montaxe, desmontaxe e gravación. GRAZAS!

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO!!!


1.- LLEGÓ LA NAVIDAD (BAILE INFANTIL)



2.- HOXE NO BAUTIZO (TEATRO 5º E 6º)



3.- FIND YOUR OWN MUSIC (TEATRO EN INGLÉS 3º E 4º)



4.- NA BEIRA DO MAR (FRAUTA) + AO RITMO DE MOZART (PERCUSIÓN CORPORAL 5º E 6º)



5.- I WANT TO BE AN ELF (BAILE EN INGLÉS 1º E 2º)



6.- DESATINOS NA AULA DE DON CONSTANTINO (TEATRO 3º E 4º)



7.- SNOWMAN (BAILE EN INGLÉS INFANTIL)



8.- NADAL NA GRANXA (TEATRO 1º E 2º)



9.- FRIENDS (TEATRO EN INGLÉS 5º E 6º)



10.- CAMPÁS DE NADAL (CANCIÓN 1º E 2º)



11.- UNHA VELLA TIÑA NUN CAN (TEATRO MUSICAL 3º E 4º)



12.- BEDENDEN UYONA (PERCUSIÓN CORPORAL 3º E 4º)



mércores, 17 de decembro de 2025

PROGRAMA FESTIVAL DE NADAL 2025

Boas familias!

Deixamos un listado das actuacións que ten preparadas a rapazada para este prometedor festival. Van con un horario orientativo que intentaremos cumprir, pero entendendo que con nenos/as é difícil ser exactos. Pregamos puntualidade na entrada das familias para non interromper as actuacións.

Grazas por adiantado a toda a comunidade pola vosa participación!



venres, 12 de decembro de 2025

TRÁILER "HOXE NO BAUTIZO"

O Festival de Nadal está a piques de chegar e aquí chegan os primeiros adiantos. Un aperitivo que vos ofrecen os Históric@s 10.0 en formato tráiler do que será a súa obra de teatro!

Un ano máis volve a vosa familia favorita! Desta volta cun bautizo que non vai ter nin pés nin cabeza. 

Xa sabes, non podes faltar o día 19 de decembro ao CEIP SAN RAMÓN para ver actuar a este pedazo grupo. Hoxe, un pequeno agasallo:




luns, 1 de decembro de 2025

VOLVE A RADIO 23 PARA CELEBRAR O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA!

Radio 23 volve a abrir as súas portas para que escoitedes os mellores podcast de toda a volta. E faino cunha ocasión moi especial, a celebración do Día dos Dereitos da Infancia.

Para iso asistimos ao Concello de Moeche a un pleno infantil onde expoñeremos as nosas conclusións sobre os dereitos das nenas e nenos no ámbito dixital. Para vivir neste mundo e que se respecten os nosos dereitos temos que elaborar un kit de supervivencia, pero... que meteríades nel? Polas diferentes clases do cole fomos recollendo información que vos ofrecemos neste programa de radio!



luns, 24 de novembro de 2025

CANLE YOUTUBE HISTÓRIC@S 10.0

Un ano máis, o grupo de 5º e 6º configuraron o nome do cal vai ser o seu equipo. Un ano máis tiraron de creatividade e puxéronse "Históric@s 10.0". 

Teñen a súa propia canle Youtube, e aínda que xa hai tempo que traballan nela (xa temos vídeos de este ano) aínda non se presentaran oficialmente. Podedes seguir os seus traballos, potenciando o proxecto de centro "Escoita que che conto" en Youtube.com/historicosmoeche.

Eles mesmos subirán vídeos sobre os seus traballos, de propia creación i edición.

Deixamos enlace co vídeo de presentación onde explican un pouco de que vai:



mércores, 19 de novembro de 2025

TÍRALLE DA LINGUA!

Tíralle da Lingua é un certame de relato oral proposto pola Asociación Pedagóxica Galega que este ano celebra a edición XXIV. O alumnado de 5º e 6º participou presentando relatos orais inventados por eles/as de xeito libre. 

A única norma era facer unha contada en galego. Fixeron 5 grupos i estas foron as súas propostas!















martes, 18 de novembro de 2025

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO!

Polo San Martiño, peóns ao camiño!!! Así berramos tódolos anos por estas datas para celebrar o Día do Peón no cole. Un curso máis trouxemos as nosas buxainas ao centro para xogar un pouco con elas e recuperar este xogo propio da nosa cultura e tradición. Deixamos un vídeo para que vexades algunha imaxe...



xoves, 25 de setembro de 2025

OBRADOIRO DE MICOLOXÍA



Un ano máis contamos no centro coa presenxa de Miriam, de Amabul. E un ano máis veu a ensinarnos moito sobre o mundo dos cogomelos. Con ela aprendemos unha variedade de aspectos sobre eles como as súas partes, os tipos, hábitat... 

Non todo foi charla, senón que ao final de cada quenda houbo oportunidade para demostrar o que aprendemos cuns xogos!

Moitas grazas Miriam pola túa labor e bo facer!

Clicade no link para ver o ben que o pasamos!

FOTOS

venres, 20 de xuño de 2025

CONTACONTOS DO ALUMNADO

 Ao longo desta última semana do curso tivemos o pracer de poder desfrutar de dous contacontos no reino dos libros.

-"A casa da mosca chosca" interpretado polas nenas e nenos do reino dos Coelliños.

-"Hamburguesa de calcetín" interpretado polo alumnado do reino dos Irmandiños.

Fixéronno tan ben que nos deixaron con ganas de máis! 

Pinchade na imaxe para ver o vídeo.