Hoxe é o Día da Infancia. E como xa é tradición, asistimos ao Concello de Moeche a un pleno infantil.
Xa hai unhas semanas comezamos a traballar o tema, coñecimos os dereitos que temos como nenos e nenas, firmamos un manifesto a proposta de UNICEF, baixo o lema #somosinfancia, que fala sobre que temos que loitar polos nosos dereitos. Dereitos que afirmamos non rexeitaremos, e que ademais cumpriremos cos nosos deberes, tal e como nos comentou Nuno na súa intervención.
Tamén nas aulas fixemos unhas pancartas que versaban sobre aquilo que nos preocupaba da infancia, do que máis nos gusta desta etapa e daquilo que nos gustaría que cambiase. Niko foi o encargado de comentar isto no pleno, poñendo exemplos.
Outra a actividade levamos a cabo foi unha fermosa estrela, que como ben nos comentou Paula, recolle todos os dereitos da infancia: educación, sanidade, á protección... e queremos que se cumpran!
Xa na recta final do pleno, a alcaldesa daba paso a Héctor, que días atrás representou ao CLIA modestino no Parlamento de Galicia. Volveu a realizar a exposición que fixo en Santiago. Bravo Héctor!
Para rematar o día, como chovía, fomos á biblioteca do Concello, onde Pilar nos deixou ler os nosos contos preferidos e facer debuxos.
GRAZAS POR CONVIDARNOS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.