martes, 5 de novembro de 2024

SIMULACRO

Este luns, 4 de novembro, arredor das 10:30 soaba o timbre do cole tres veces seguidas. E iso pode querer dicir dúas cousas: emerxencia real ou simulacro.

Pola fiestra vimos chegar o camión de bombeiros e o coche da Garda Civil.

Coma todos os anos, formamos filas axiña pero, á súa vez, intentando manter a calma o máximo posible. Asegurámonos de que non quedara ninguén atrás e pechamos ventás e portas para que non haxa correntes de aire. 

Saímos do cole atravesando fume ficticio e reunímonos todos na pista exterior, o noso punto de encontro seguro. Fixemos reconto e, coma todos os anos... faltaba un alumn@! Este ano Carolina (5º de Primaria) tivo que ser "rescatada" polos bombeiros. Rescate exitoso, por certo, xa que de alí a un par de minutos reuníase con nós na pista polideportiva.

Para finalizar, montamos no coche da Garda Civil, probamos o chaleco, puxéronnos as esposas coma se estivésemos detidos, montamos no camión de bombeiros e simulamos apagar un incendio coa mangueira.

Moitas grazas, unha vez máis, ao GES de Ortigueira e á Garda Civil de San Sadurniño por facer o simulacro no noso cole.

Deixámosvos unhas fotos deste día. Podedes acceder a elas pinchando na seguinte:




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.