O venres tivemos a oportunidade de contar no cole con Álex, de Buda Dog. Un adestrador de cans que nos ensinou moito sobre este animal. En primeiro lugar explicounos como funcionan os cinco sentido neles. A continuación aprendemos como relacionarnos con eles de maneira correcta, puidemos tocalos, acaricialos e incluso darlles de comer.
Lizzy e Trufa portáronse moi ben e fixeron ademais unha exhibición de "Agility" guiados polo seu adestrador e axudados polos nenos e nenas de Moeche.
Pasámolo en grande, grazas Álex!
Fai clic no enlace para acceder a todas as fotos da xornada!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.