Hoxe tivemos no colexio unha sesión moi especial de contacontos da compañía de teatro Migallas Teatro. Foi unha mañá moi divertida na que todo o alumnado, profesorado e familias participamos con moita atención e entusiasmo. As historias, cheas de ritmo e humor, fixeron que todos e todas pasásemos un rato moi agradable.
Como sempre, Migallas non defrauda e conseguiu que gozásemos moito desta actividade tan especial. Agardamos poder volver gozar pronto doutra das súas actuacións!
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.