xoves, 15 de outubro de 2026

SIMULACRO DE INCENDIOS



Un ano máis, e sen previo aviso, tocou a sirena tres veces seguidas. O noso alumnado xa sabe o que iso significa: debemos abandonar as clases de xeito ordenado pero con rapidez, para acudir a un lugar seguro, pois iso é unha alarma de incendios.

E tamén un ano máis, en cuestión de segundos todo o mundo se atopaba no centro da pista, a salvo. Son moitas veces as que practicamos o simulacro e as nenas e nenos coñecen ben as normas. Está ben que as lembremos ano tras ano, aínda que nunca as cheguemos a utilizar de verdade.

Da mesma maneira, o GES de Ortigueira participou de maneira activa, apagando un lume inexistente no faiado. Para eles tamén é unha práctica na que nós colaboramos. 

Por suposto, ao rematar, deixáronnos ver os seus camións, montar neles, acender luces... ademais de ensinarnos as súas ferramentas de traballo.

Desde aquí queremos volver a agradecer a todo o equipo do GES a súa labor e a oportunidade de compartir con eles esta xornada, que sempre é unha das máis esperadas do ano no San Ramón.

Deixamos un link onde podedes ver moitas fotos da xornada:

FAI CLIC PARA FOTOS


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.