xoves, 15 de outubro de 2026

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR - INFORMACIÓN

 RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR


Informamos a toda a comunidade educativa —familias, profesorado e alumnado — de que se pon en marcha o proceso de renovación parcial do Consello Escolar do centro, de acordo coa Resolución do 27 de agosto de 2026 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, publicada no DOG do 4 de setembro de 2026.

Calendario electoral

As principais datas previstas para o desenvolvemento do proceso electoral son as seguintes:

Constitución da Xunta Electoral: entre o 20 e o 26 de outubro de 2026.

Presentación de candidaturas: establecerase un prazo mínimo de sete días naturais a partir da constitución da Xunta Electoral. Os modelos necesarios e as datas concretas publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro.

Votación telemática das familias a través do Espazo Abalar: desde as 00.00 horas do 11 de novembro ata as 23.59 horas do 17 de novembro de 2026. Cómpre ter en conta que o voto telemático é definitivo: as persoas que xa votasen por esta vía non poderán volver votar presencialmente nin modificar o voto emitido.

Votación presencial no centro: entre o 23 e o 27 de novembro de 2026, segundo os horarios que se establezan para cada sector.

Próximas comunicacións

Ao longo das vindeiras semanas, o centro irá difundindo toda a información necesaria para seguir o proceso electoral, incluíndo os censos electorais, a convocatoria específica para a presentación de candidaturas e os horarios das votacións presenciais correspondentes a cada sector da comunidade educativa.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e animámosvos a participar activamente nesta renovación do Consello Escolar, contribuíndo así a fortalecer a representación e a participación de toda a comunidade educativa na vida do noso centro.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.