Amosando publicacións coa etiqueta METEOMOECHE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta METEOMOECHE. Amosar todas as publicacións

mércores, 31 de maio de 2023

RESUMO DE MAIO EN METEOMOECHE!

Aquí temos as fotos que chegaron no mes de maio para o noso observatorio. Podedes seguir mandando fotos que entrarán nunha última publicación que pechará este curso escolar. Animádevos que seguro que esta última parte da primavera nos ofrece un espectáculo digno de fotografar!


Comezamos cunha madrugadora Estrela (5º primaria) que nos envía unha foto que saca ela mesma ás 6:49 horas da mañá. Estamos na época do ano no que máis luz solar temos.


A continuación Iria (5º primaria) ofrécenos dúas instantáneas onde nos quere facer pensar. Seríades capaces de indicarnos cal é o lugar onde toma a preciosa paisaxe da seguinte foto? E, por outra banda, tamén podemos xogar a adiviñar a que semellan as nubes da segunda foto.



Moitas veces, nesta época do ano, son frecuentes as treboadas. Estas, veñen precedidas por unhas nubes moito máis escuras que significa que veñen cargadas de auga. A nosa amiga Julia foi quen coller os instantes previos a unha treboada ocorrida en San Ramón días atrás. Que vos parece o contraste de cor das nubes?



venres, 5 de maio de 2023

Obradoiro Lecturas dramatizadas

O CEIP San Ramón non deixa de recibires a grandes profesionais con obradoiros moi interesantes. Esta vez, en colaboración coas familias, o alumnado de 3º a 6º aprendeu moitísimo de lecturas dramatizadas da man de Damián Alonso.

Traballamos as distintas intensidades que se poden usar coa nosa voz, velocidades e tons dun xeito moi lúdico e práctico. 



venres, 14 de abril de 2023

PRIMEIRA DO TERCEIRO TRIMESTRE EN METEOMOECHE!

 Hoxe daremos un pequeno tour galego vendo fotos de meteo!!!


Comezamos coa máis asidua a este foro: teacher Alba. Hoxe tráenos un solpor en Vilaxoán de Arousa (estamos comezando a ser moi fans dese lugar...) e outras dúas tomas onde podemos ver as ondas da praia de Doniños baixo unha capa de cúmulos moi interesante.




De seguido temos unha foto de Noa Fraga (infantil). Ela, nas súas vacacións de Semana Santa quixo retratar este mar en Burela. Parece certo o que di: ten unha cor turquesa!



martes, 21 de marzo de 2023

METEOMOECHE: FIN DO INVERNO

Hoxe xa é primavera oficialmente, polo que toca facer un pequeno repaso do que foi o inverno vendo unhas fotiños onde podemos ver a neve. De todos é sabido que cando vai moito frío pode precipitar en forma de neve. Se é reiterada pode chegar a callar, tal e como veremos nas seguintes fotos e vídeos.

Comezamos con Noa Caneiro (5º de primaria) que nos fai chegar varias fotografías do Cebreiro nevado, que chulada!!!






A continuación temos un vídeo que nos envía a teacher Alba desde Manzaneda. Podemos ver como botan neve polos cañóns, pois tal e como nos conta, parece ser que a chuvia estaba desfacendo a neve que había.


E rematamos de novo con Noa, que nos amosa outro lugar nevado. Nesta ocasión trátase de A Faladoira. Grazas por tantos aportes Noa!!!


luns, 6 de marzo de 2023

METEOMOECHE!!!

 Comezamos marzo con fotos desas que vos gustan!!!


A primeira delas chéganos grazas a Gael (infantil) i Efrén (2º). Fotografaron un fenómeno moi interesante que nos explica a súa familia no correo tal que así:

Estes dias de febreiro se miramos o ceo hacia o oeste cando se pon o sol podemos podemos ver dous planetas no ceo. Son como unhas estrelas máis luminosas que as outras: son Venus Jupiter . E xunto coa lua formaran entre maña 28 de febreiro e 2 de marzo a Especial Conxuncion Venus Jupiter Lua:  iranse aproximando ata mesmo parecer que se tocan.



E damos paso agora a esta pedazo posta de sol que nos trae Alba desde Vilagarcía!



venres, 24 de febreiro de 2023

ESTA SEMANA EN METEOMOECHE

Antes de comenzar co deste semana queremos lembrarvos que seguimos recollendo fotos da neve para o especial que publicaremos a finais do inverno. Enviade as que teñades a "meteomoeche@gmail.com"

E mentres tanto...

O noso amigo André (5º de primaria) regálanos esta toma que sacou antes de ir ao cole pola mañá. Podemos comprobar que está todo o seu campo xeado, ademais que, pola cor das nubes, parece que choverá esa mañá.



A nosa teacher, habitual por estes lares, tráenos hoxe esta pedazo de foto, onde podemos ver un xogo de cores e luces moi interesante neses cúmulos que abrigan á cidade de Ourense.



Por último, pero non menos importante, vimos a comentar que ás veces o refraneiro falla. "Ceo empredado, mañá chan mollado". Pois desta vez non, o día despois da carreira de Cedeira non choveu...



venres, 10 de febreiro de 2023

ESTA SEMANA EN METEOMOECHE...

MeteoMoeche segue a recibir moitas fotos, GRAZAS! E lembrade que temos reservado un especial sobre a neve de cara a finais de inverno, polo que se ides a vela lembrade enviar foto a "meteomoeche@gmail.com". Polo de agora...


Comezamos vendo como apareceu parque do noso cole totalmente xeado a primeira hora estes días pasados. Foto da profe Yaiza.


Seguimos con teacher Alba que nos ofrece esta pedazo foto na cal podemos ver a lúa chea sobre un ceo rosado en Canido. Velázquez estaría orgulloso desta toma seguro


Curiosas e interesantísimas estas fotos que nos fai chegar Efrén desde As Pontes onde podíamos ver como estaba totalmente xeado nas zonas sombrías e o contrario nas soleadas. Grazas a este alumno de 2º, esperemos que gañaras ese partido!



Estrela, de 5º, quere ofrecernos esta marabillosa vista desde Pardiñas, onde podemos ver un fenómeno típico destas datas: a néboa.



A lúa chea tamén a "cazou" Sergio (3º primaria). Unha foto ben fermosa, por certo


E para rematar con moita tranquilidade, Andrea ofrécenos este "mar en calma" do cal desfrutou na parroquia do Porto, en Meirás.





luns, 30 de xaneiro de 2023

NOVAS DE METEOMOECHE

Mentres seguimos recibindo fotos da neve imos a publicar algunha outra que no chega doutros fenómenos meteorolóxicos. Lembrade que podedes seguir enviando a "meteomoeche@gmail.com".


Comezamos coa nosa amiga Adriana (infantil) que nos quere ensinar unha foto que ela mesma titulou

 "Despois da choiva sae o arco da vella por Gudín"



A profe Alba tamén nos mostra como amanece o día diante da nosa escola con esas nubes, claramente de tormenta.


E rematamos co profe Abel, que nos manda este arco da vella tomado desde a feira de Moeche



venres, 20 de xaneiro de 2023

NOVAS FOTOS EN METEOMOECHE!

Aínda que seguimos recollendo fotografías para ese especial da neve, hoxe presentamos unha serie de capturas outros procesos invernais que nos fan chegar. 

Comezamos coa techar Alba, que nos quere ensinar unha foto na cal podemos ver a saraiba caendo, fixádevos como se ven as pedriñas de xeo.


Non é do mesmo día pero a profe Andrea ensínanos como quedou o tellado despois dunha saraibada


Cambiando un pouco de tema temos este fermoso solpor na praia de Carnota. Sabedes que é a praia con máis extensión de Galicia? Nada máis e nada menos que sete quilómetros!!!


Os irmáns Adrián e Martín (3º primaria e infantil respectivamente) amósannos un arco da vella que se deixou ver por Narón


 E rematamos cun vídeo dunha marexada, cortesía da teacher, na fermosa praia do Ancoradoiro, en Muros. Tamén podemos ver a lagoa de Louro. Grazas!



luns, 19 de decembro de 2022

FINAL DE TRIMESTRE EN METEOMOECHE

Aínda que podedes seguir enviando capturas que serán publicadas á volta, MeteoMoeche fará a última recompilación de fotos deste 2022. Temos que agradecer enormemente a cantidade de propostas que nos facedes chegar a "meteomoeche@gmail.com". Comezamos coas desta semana!

A primeira fáinola chegar Adriana (infantil). "Ceo ovellado, mañá mollado" di o refrán, haberá que preguntarlle se nesta ocasión se cumpriu. E por suposto o cabalo, emblemático no noso concello tomando protagonismoda instantánea.


Iria (5º primaria) achéganos esta imaxe do tamén ovellado pero cun xogo de luz que fai pensar que o Sol domina á noite...



Noa Caneiro (5º primaria) tamén quere facer ver o refrán coas súas dúas fotos tomadas desde diferentes ángulos.




Óscar (5º primaria) quere sorprender a todos cun marabilloso amencer nas Barbelas...


E pechamos con outra foto de Noa, cun dos clásicos desta sección, o arco da vella.





venres, 9 de decembro de 2022

ESTA SEMANA EN METEOMOECHE...

Unha semana máis, aquí temos o noso observatorio cunha morea de fotos que nos facedes chegar a "meteomoeche@gmail.com". Comezamos!

Comezamos con este Halo Lunar, que nos fai chegar a profe Yaiza. Aínda que non é moi común en zonas que non son tan fría podémolo ver en contadas ocasións cando cando a luz da lúa refráctase (coma se doblase) a atravesar critais de xeo. Para iso ten que ocorrer que haxa nubes moi altas e, sobre todo, frías.


A nosa amiga Briana (infantil) fai estrea nesta sección cunha preciosa foto tomada na cidade de A Coruña, tamén chamada herculina porque a torre que no ensina Briana chámase Torre de Hércules. Ao seu lado, un fermoso arco da vella.


E rematamos esta semana con dúas fotos de Noa Fraga (infantil), que ela titula "Nubes bonitas". Pois si Noa, esta combinación de cúmulos e estratos quedou ben fermosa en Abade.




venres, 25 de novembro de 2022

ESTA SEMANA EN METEOMOECHE...

O noso observatorio meteorolóxico xa comeza a funcionar como outros anos coa chegada de varias propostas das familias e profesorado.

A primeira foto nola fai chegar dúas irmás: Oihane (4º de primaria) e Uxue (infantil). Nela podemos ver un arco da vella que amosa toda a súa gama de cores!



Noa (5º de primaria) quere ensinarnos unha tormenta que deixou moita auga na súa visita a Porto do Son. Encántanos cando viaxades e vos acordades de MeteoMoeche!


Noel (infantil) quixo tomar el mesmo unha foto do arco da vella. Todo un profesional con só 5 anos!


E a última é cortesía da profe Yaiza, que antes de entrar no cole visualizou este espectacular arco da vella. Esperamos verte moito por este foro Yaiza!



martes, 15 de novembro de 2022

NOVA TEMPADA NO OBSERVATORIO DE METEOMOECHE

Comezamos nova tempada en MeteoMoeche, o noso particular observatorio. Lembrade que toda a comunidade educativa pode mandar fotografías que considere interesantes no tocante á meteoroloxía: choivas, neve, arco da vella, calquer fenómeno atmosféricos en xeral!

Hoxe inauguramos con propostas de dúas profes:

Unha das máis habituais neste espazo o curso pasado, a teacher Alba envía, en primeiro lugar, un arco da vella visto na cidade de Ferrol!


E neste pequeno vídeo un solpor na praia de Esmelle (Ferrol)


Aquí podemos observar a Ría de Arousa e a súa beleza, contemplamos esta fermosa paisaxe desde o Monte Xiabre. As illas de Sálvora e Ons saúdannos desde o mar.




Unha forte marexada na praia da Frouxeira (Valdoviño)


E a profe Andrea debuta con este pedazo arco da vella que cazou vindo para Moeche!


Xa sabedes, se queredes enviar as vosas propostas facédeo a través de "meteomoeche@gmail.com"

domingo, 19 de xuño de 2022

FINALIZANDO METEOMOECHE

 O curso vai chegando ao seu fin e con el as últimas achegas ao noso observatorio. 

Comezamos por dúas de Óscar (4º primaria) que nos ofrecen unha espectacular visión dun lóstrego. Que boas capturas Óscar!!!



A profe máis asidua neste observatorio, teacher Alba, fainos hoxe dúas achegas. Na primeira podemos observar unhas nubes cirriformes, o famoso "ceo enladrillado" do refrán. Dise que o día seguinte deste tipo de nubes adoita chover. Teremos que preguntarlle á nosa teacher se foi certo iso ao día seguinte de tomar a foto en Santa Comba.


A segunda fala por si soa. Solpor na praia do Terrón, en Vilanova de Arousa.


Asier, de 1º, propón tres fotografías. Parece que houbo unha noite na que a el lle chamaron a atención a cor desas nubes, seguramente se lle veu á cabeza que chovería... Informannos que son tres fotos tomadas sobre a mesma hora en San Ramón, dirección suroeste.




Iria, de 4º de primaria, quedaría alucinada ao poder contemplar en directo como se forma unha tormenta. Nesta ocasión avistou e capturou este fenómeno desde Cariño.


Outra das habituais, Noa de 4º, que nos quere mostrar un anoitecer desde tres puntos de vista á mesma hora.




E pechamos este post cunha proposta que invita a relaxarse. Este solpor capturado por Álex de 4º é do máis fermoso, verdade?