O curso vai chegando ao seu fin e con el as últimas achegas ao noso observatorio.
Comezamos por dúas de Óscar (4º primaria) que nos ofrecen unha espectacular visión dun lóstrego. Que boas capturas Óscar!!!
A profe máis asidua neste observatorio, teacher Alba, fainos hoxe dúas achegas. Na primeira podemos observar unhas nubes cirriformes, o famoso "ceo enladrillado" do refrán. Dise que o día seguinte deste tipo de nubes adoita chover. Teremos que preguntarlle á nosa teacher se foi certo iso ao día seguinte de tomar a foto en Santa Comba.
A segunda fala por si soa. Solpor na praia do Terrón, en Vilanova de Arousa.
Asier, de 1º, propón tres fotografías. Parece que houbo unha noite na que a el lle chamaron a atención a cor desas nubes, seguramente se lle veu á cabeza que chovería... Informannos que son tres fotos tomadas sobre a mesma hora en San Ramón, dirección suroeste.
Iria, de 4º de primaria, quedaría alucinada ao poder contemplar en directo como se forma unha tormenta. Nesta ocasión avistou e capturou este fenómeno desde Cariño.
Outra das habituais, Noa de 4º, que nos quere mostrar un anoitecer desde tres puntos de vista á mesma hora.
E pechamos este post cunha proposta que invita a relaxarse. Este solpor capturado por Álex de 4º é do máis fermoso, verdade?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.