Amosando publicacións coa etiqueta CLUBE_DE_LETRAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CLUBE_DE_LETRAS. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de maio de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Para celebrares o Día Das Letras Galegas 2022, dende o CEIP San Ramón propúxose a idea de deseñar e elaborar alfombras florales con motivos de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, e ao alumnado non lles puido gustar máis! 

Deixaron voar a súa imaxinación e nos deixaron obras de arte como as que se poden ver a continuación no vídeo.

Ademáis, a elaboración das alfombras fíxose a modo concurso, e os máis pequerrechos levaron o premio á máis votada. Noraboa a todos!



mércores, 1 de decembro de 2021

MALETA VIAXEIRA

No CEIP San Ramón estivemos de sorte este mes, pois contamos cunha maleta viaxeira por unha biblioteca inclusiva, facilitada por "Bibliotecas escolares de Galicia", con nada máis nin nada menos que 38 contos que nos fixeron reflexionar e darnos conta da diversidade das necesidades de tódalas persoas, culturas e comunidades. 


Esperamos poder contar con outra destas maletas tan especiais dentro de pouco!

martes, 15 de xuño de 2021

CLUB DE LETRAS

 Este curso académico o noso cole foi admitido no proxecto “Club de Letras”, que este ano ten como temática principal “O coidado”.

Os nenos e nenas de Moeche, dende Infantil a 6º de primaria, estivemos traballando ao longo de todos estes meses o tema do coidado partindo do estudo da científica, primatóloga e naturalista Jane Goodall.


Asistimos a diversos talleres entorno a esta temática, limos contos relacionados con esta científica e fixemos actividades moi moi chulas!

-Taller “Conociendo a los chimpancés”: Neste taller achegámonos ao mundo dos chimpancés, descubrindo e imitando algúns dos seus comportamentos como coller termitas, rirse, saudar, etc. Comprobamos, ademais, que son capaces de realizar actividades moi complexas (memorizar gran cantidade de números desordeados) e que gran parte de actividades humanas están afectando a súa supervivencia.

-Taller "Concienciación medioambiental": Recordamos os principais problemas medioambientais, como o cambio climático, a perda da biodiversidade e o tráfico ilegal de especies.

Pinchade nos enlaces de cada apartado para poder ver as fotos.

1) LIBROS

2) FOTOS TALLERES 

3) DIPLOMAS

4) ACTIVIDADES

    -Infantil: "O meu amigo o gorila"

    -1º e 2º: O coidado a partir da alimentación

    -3º e 4º: Mural Jane Goodall, Mural sobre o aceite de palma e herbario.

 -5º e 6º: Booktrailer, chimpancé con material de refugallo, poboado africano e carteis sobre o coidado   medioambiental.

Dende a área de Educación física tamén estiveron a traballar sobre Jane Goodall e as súas investigacións. Realizaron diversos xogos acerca dos chimpancés e as súas formas de vida, a selva do Gombe, os clans, etc.

    -EF: Fotos

Ademais de todo o anterior, as rapazas e rapaces de 5º e 6º de primaria escribíronlle unha carta a Jane Goodall que farán chegar a través da rapaza que nos impartiu os talleres. Actualmente están a traducila ao inglés e moi pronto compartirana con todos nós. Estamos desexando lela!


Dende logo, tal e como di Jane Goodall: "as persoas máis importantes son os nenos, xa que teñen nas súas mans o futuro do noso planeta para poder melloralo".

domingo, 13 de xuño de 2021

CHARLA SOBRE ABELLAS



Este venres tivemos a sorte de contar no centro con Vanesa, de Abellariza, para que nos false sobre as abellas. Grazas a ela coñecimos un pouco máis sobre este insecto que gusta tanto polo cole. Ademais dunha gran presentación sobre a temática resolveu moitas súbidas sobre as mesmas e incluso trouxo agasallos como un tarriño de mel para cada neno/a e varias plantas. 

Da mesma maneira entregou os premios aos gañadores do concurso organizado pola súa asociación.

Queremos agradecer de corazón a Vanesa a implicación nesta actividade, esperamos poder contar contigo en vindeiras ocasións para seguir aprendendo de ti.

A actividade foi levada a cabo en todos os grupos estables, deixamos algunha fotiño:

FOTOS

venres, 4 de xuño de 2021

ACTIVIDADE MEDIOAMBIENTAL CEIDA

Este curso, os nenos e nenas de 5º e 6º na clase de ciencias da natureza, traballamos con CEIDA(Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia) o tema da problemática ambiental.


 

En 1º lugar tivemos unha charla impartida por Anxo na propia clase na que nos explicou moitos dos problemas que ten a natureza hoxe en día, e concretamente, o mar.

O pasado 24 de maio fumos á praia de Sta. Cruz en Oleiros a facer unha recollida de lixo para ver in situ a realidade e o dano que os humanos estamos a facer no medio ambiente.

Distribuídos en 3 grupos, cada un co seu monitor do CEIDA, recollemos nunha hora a cantidade de 100 kilogramos de lixo. Atopamos: colillas, rodas, redes, cordas, botella, máscaras, poliestireno, plásticos, vidro, etc.. Pero aprendemos que o máis perigoso de todo isto, son os "Microplásticos", xa que ao ser practicamente invisibles, os peixes tráganos con facilidade.

Queremos animarvos a todos e todas a coidar do noso planeta, evitando a "basuraleza".

Propoñemos: usar máis envases de cartón en lugar de plástico, usar materiais reciclables e reutilizables como as bolsas de tea, depositar o lixo nos contenedores axeitados, etc... En definitiva, poñer en práctica as 3 R: Reciclar, reducir e reutilizar.

 

SOMOS O PROBLEMA, PERO TAMÉN A SOLUCIÓN! 

Fotos 

xoves, 3 de xuño de 2021

O amigo gorila de Infantil

 Esta pasada quincena os nenos e nenas de Educación Infantil profundizaron nas súas investigacións sobre os gorilas, en relación coa defensora dos animais e amiga dos primates Jane Goodall. Iso permitiulles aprender moitos aspectos relacionados cos mamíferos, a súa alimentación, sentimentos, relacións familiares e un longo etcétera co paso dos días.

Se facedes click co seguinte enlace poderedes ver o producto final das súas aprendizaxes no referente a isto. Os nenos e nenas están moi orgullosos porque son autores dun conto!

Preme aquí:  O meu amigo o gorila - Educación Infantil



venres, 28 de maio de 2021

RETOMAMOS A HORTA DO COLEXIO

Por fin nos atrevemo a montar de novo a horta do colexio. 

Nesta ocasión, armados como é debido(botas ou zapatóns, sacho, pá.,..) marcharmos cara a horta dispostos a realizar unha plantación con xeito.

Ben é certo que contamos coa axuda inestimable de Toñito do Concello de Moeche que ademais de remover a terra, tamén nos deu unhas instruccións sobre os plantíos.

Plantamos: acelgas, cenorias, pementos, tomates, fresas e coliflores. Agora realizaremos turnos para o seu coidado, rega, etc.. aínda que cremos que non sairán moitas herbas grazas á tea que lle puxemos.

Aproveitamos o compost que fixemos durante o curso pasado para aboar a terra.


Por suposto, esta actividade foi realizada conforme ao establecido no Protocolo Covid do centro. Os catro grupos estables do colexio baixaron por quendas a plantar.

FOTOS

venres, 14 de maio de 2021

SENLLEIRAS



No día de hoxe, previa da celebración das Letras Galegas, tivemos a sorte de contar no centro con Manuela Varela co seu espectáculo senlleiras.

As nosas nenas e nenos puxéronse mans á obra para axudar á detective Cunqueira para salvar o galego. Cunqueira quedou moi satisfeita co traballo do alumnado a prol da nosa lingua. 

Deixamos un enlace coas fotos e un vídeo resumo que esperemos que vos guste!


xoves, 6 de maio de 2021

ENCONTRO CON MARÍA CANOSA

O pasado martes tivemos a sorte de volver a contar no centro cunha escritora que xa é amiga do cole, pois son varias as ocasións nas que tivemos a oportunidade de compartir contos e historias con ela. María Canosa arrincaba a xuntanza virtual contando unha das súas últimas creacións. "Quero saír" cóntanos, a través da visión dunha pequena nena,a importancia de respectar as normas para combatir esta batalla que temos contra o bichito...

Unha vez escoitado o contacontos era hora de falar con ela e facerlle moitas preguntas sobre as obras que lemos este curso: "A fábrica de bicos", ""A cazadora de estrelas" e "Muriel". Unha vez máis, a autora respondeu a todas as cuestións de maneira que nos fixo poñernos no papel de cada un dos seus personaxes.

Finalizamos o encontro cunha serie de propostas interesantes como realizar segundas partes dos libros lidos, a posibilidade de escribir sobre dinosauros, fútbol ou dinosauros que xogan ao fútbol...

GRAZAS MARÍA!!!





sábado, 1 de maio de 2021

DÍA DA TERRA

 O noso centro, para celebrar o Día da Terra, participou na proposta de Ecoembes e decidiu facer unha actividade consistente en sensibilizar ao alumnado para un mellor coidado do noso planeta. En primeiro lugar, as alumnas e alumnos traballaron sobre a temática e valoraron que cousas podemos facer para coidar a Terra. Despois elaboramos uns banderíns que incluían unha mensaxe de sensibilización e cada clase escolleu un lema de Jane Goodall centrado no coidado do noso planeta.

Por último, os/as maiores fixeron un manifesto que todo o mundo debe escoitar, pois resume en poucas liñas unha serie de pasos a seguir para darlle unha mellor vida ao noso planeta. 

MIRADE ESTE VÍDEO!!!

venres, 19 de marzo de 2021

8-M : MULLERES DEPORTISTAS



As nenas e nenos de quinto e sexto quixeron levar a cabo un traballo sobre aquelas mulleres que abren e abriron camiño no mundo de deporte ao longo da historia. Elaboraron un mural na escola e unha presentación dixital para que poidades vela todos/as:


mércores, 17 de marzo de 2021

APRENDENDO SOBRE CULTURA TRADICIONAL MARIÑA GALEGA



Hoxe tivemos a gran sorte de ter no centro un obradoiro sobre cultura tradicional mariña de Galicia. A actividade era impartida por persoal do Museo do Pobo Galego e, como non nos podemos desprazar ata alí, fixemos unha visita virtual ao museo a través dunha videoconferencia. Por sorte, tamén tivemos a oportunidade de disfrutar in situ de moitos dos materiais que se atopan alí, xa que Jose achegounos ao centro unha gran variedade de propostas que nos ensinaron moitas cousas que non sabíamos sobre a tradición do mar na nosa comunidade.

Así foi que aprendemos diferentes tipos de pesca, embarcación ao longo da historia, como remar para non afundir (aínda que recoñecemos que nisto todavía nos queda moito), tipos de peixes nas diferentes zonas...

Foi unha sesión teórico - práctica na cal puidemos incluso manipular certos obxectos cos cales facemos da aprendizaxe algo máis significativo. A actividade era para as idades de 3º a 6º de primaria que asistiron nas diferentes quendas e respectando en todo momento as medidas de hixiene e desinfección indicadas no protocolo.

Queremos dar grazas aquí ao Museo do Pobo Galego pola súa atención e especialmente a Jose e Carme pola profesionalidade demostrada.

Esperemos que nun futuro cercano poidamos facer unha visita ao museo, pois quedamos con ganas de máis!!!

Deixamos algunha foto e vídeo resumo da xornada:

FOTOS

venres, 5 de marzo de 2021

MIÑA ABUELA MANUELA (VERSIÓN MOECHE)

 Unha vez máis o noso alumnado volve a sorprendernos. Hoxe queremos contarvos unha fermosa historia que nace da idea dunha das nosas alumnas. Alba, de 5º de primaria, nos primeiros días deste trimestre (onde todos lembramos que foron tempos difíciles en Moeche) estaba algo preocupada por como os nos@s maiores estarían vivindo esa situación. Foi así como un día na clase quixo compartir unha idea que lle levaba tempo roldando esa cabeciña e ese corazonciño tan humano que ten. 

Pensou que sería boa idea que as nenas e nenos do centro aprenderan unha canción para cantarlle ás persoas máis maiores que se atopan en residencias, avós, avoas, e a todo o mundo en xeral. Cavilou que un pequeno xesto por parte dun grupo de rapaces/zas podía facer sacar un sorriso en tempos complicados. Así llo fixo saber ao profesorado, quenes, por suposto, decidiron axudala. Foi así como foron organizándose para buscar unha canción axeitada, buscar traxes, aprendela etc

Hoxe queremos compartir con vós, con toda a ilusión do mundo, o resultado do proxecto que se inicia cunha idea dunha nena de 10 anos. Démoslles voz as nenas e nenos, sempre teñen algo especial que aportar. Aquí tedes "Miña abuela Manuela" (versión da casa):



martes, 23 de febreiro de 2021

CULTURA CASTREXA


 


O alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria tiveron hoxe unha xornada especial. Visitáronnos @s compañeir@s do Museo Arqueolóxico Galego para levar a cabo unha sesión sobre a cultura castrexa. Na mesma fixeron ver ao alumnado de onde vimos, como eran e como vivían os nosos antepasados e a través dunha serie de materiais e unha visita virtual no castro de San Cibrao de Las, coñecer máis sobre o pasado castrexo en Galicia.

A sesión levouse a cabo respectando todas as medidas se seguridade e hixiene, por suposto. 

Queremos agradecerlle a Monste e Jota a súa labor, xa que nos ensinaron moitas cousas e ademais dun xeito lúdico. Da mesma maneira destacar o bo comportamento do noso alumnado, mostrando actitude de interese e curiosidade nesta temática. Tanto que, en canto acabamoa a sesión fomos ao patio a intentar facer lume con pedras e construír armas de caza...

Deixamos unha galería de fotografías para que vexades un pouco máis sobre a actividade!


GALERÍA DE FOTOS

xoves, 11 de febreiro de 2021

OS "CONTOS CHOQUEIROS" CHEGAN MAÑÁ AO NOSO CENTRO

 O coronavirus levou consigo moitas cousas, pero a ilusión nunca a levará. Mañá teríamos no cole unha gran festa de Entroido, pero como isto non pode ser decidimos traer un pequeno contacontos. Para isto virá o cómico galego Pedro Brandariz a presentarnos a súa actuación "Contos choqueiros". Unha sesión de contos divertida, onde a través da comedia, recupera as tradicións do Entroido típico galego con peliqueiros, cigarróns, pantallas, boteiros, ...

Cada aula ten asignado o seu horario diferenciado por grupo burbulla, mantendo as debidas distancias, cun pequeno descanso entre as catro actuacións (unha por grupo-aula) para desinfectar. Manteranse ante todo tódalas medidas hixiénico-sanitarias, pero o fundamental é que detrás das pequenas máscaras que tapan as cariñas dos nosos nenos e nenas a diario, conseguiremos que aparezan moitos sorrisos. 

Non vos esquezades de que mañá temos a última mensaxe do noso querido Meco Juanete! Que nos terá preparado?

Logo disto, agardamos que disfrutedes dunha ponte de Entroido tranquila e acompañados dos vosos. 



xoves, 26 de novembro de 2020

CONCURSO DE LEMAS POLA IGUALDADE

Como todos os anos, o Concello organiza o concurso de lemas contra a non violenca, concurso no que o CEIP San Ramón participa activamente.

CONCURSO DE LEMAS