Unha vez máis o noso alumnado volve a sorprendernos. Hoxe queremos contarvos unha fermosa historia que nace da idea dunha das nosas alumnas. Alba, de 5º de primaria, nos primeiros días deste trimestre (onde todos lembramos que foron tempos difíciles en Moeche) estaba algo preocupada por como os nos@s maiores estarían vivindo esa situación. Foi así como un día na clase quixo compartir unha idea que lle levaba tempo roldando esa cabeciña e ese corazonciño tan humano que ten.
Pensou que sería boa idea que as nenas e nenos do centro aprenderan unha canción para cantarlle ás persoas máis maiores que se atopan en residencias, avós, avoas, e a todo o mundo en xeral. Cavilou que un pequeno xesto por parte dun grupo de rapaces/zas podía facer sacar un sorriso en tempos complicados. Así llo fixo saber ao profesorado, quenes, por suposto, decidiron axudala. Foi así como foron organizándose para buscar unha canción axeitada, buscar traxes, aprendela etc
Hoxe queremos compartir con vós, con toda a ilusión do mundo, o resultado do proxecto que se inicia cunha idea dunha nena de 10 anos. Démoslles voz as nenas e nenos, sempre teñen algo especial que aportar. Aquí tedes "Miña abuela Manuela" (versión da casa):
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.