sábado, 6 de marzo de 2021

NOVIDADES SEMANAIS DE METEOMOECHE

 Esta semana recibimos máis detalles interesantes da meteoroloxía da contorna. 

Comezamos cun solpor en Barreiros que nos achega a profe Ofelia, unha foto moi chula coma sempre.


Grazas ao noso amigo Efrén (6º de EI) hoxe coñeceremos un novo fenómeno: o halo lunar. Trátase dun efecto óptico no cal parece que a lúa está rodeada por un anel. Normalmente é típico en lugares máis fríos que aquí, aínda que se se reúnen as condicións meteorolóxicas indicadas pode ocorrer en calquera lugar. Pode que Bardaos sexa un sitio especial?


Adrián e Martín achégannos hoxe dúas fotos dun solpor en Chanteiro, onde descubriron como o Sol lles dixo "adeus" escondéndose tralo mar. Martín, que é moi aficionado ao Sistema Solar, quere compartir con todos nós, que na primeira foto o Sol parecía Saturno!




Se queredes que as vosas fotos aparezan nestas publicacións, non tedes máis que enviar a:

meteomoeche@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.