O pasado luns tivemos a oportunidade de desfrutar dunha xornada moi divertida con Maruxa e o Señor Dormilón. As nosas nenas e nenos esforzáronse moito para axudalos a atopar a Lois (e de paso non deixar que o Señor Dormilón se deitase por canta esquina vise). Para iso fixeron un quencemento ao ritmo da música, xogaron con globos, bailaron e riron moito. Non podía rematar a xornada sen que Maruxa nos deleitase coa súa aficción favorita: os contos.
Rosa Caramelo foi a obra escollida e nela puidemos falar de igualdade, e reforzar así todo o que se traballou nas aulas co gallo do Día da Muller.
O espectáculo transcorreu respectando en todo momento os grupos estables e levando a cabo as medidas de hixiene e desinfección recollidas no protocolo. Queremos darlle as grazas a "La Guagua" pola profesionalidade amosada ao respecto, ademais da calidade do evento en si.
Cabe destacar que esta actuación recibímola no cole a proposta do Concello de Moeche que nos brindou a posibilidade para que as nenas e nenos puidesen ter unha xornada diferente.
Deixamos fotos no seguinte enlace:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.