Hoxe tivemos a gran sorte de ter no centro un obradoiro sobre cultura tradicional mariña de Galicia. A actividade era impartida por persoal do Museo do Pobo Galego e, como non nos podemos desprazar ata alí, fixemos unha visita virtual ao museo a través dunha videoconferencia. Por sorte, tamén tivemos a oportunidade de disfrutar in situ de moitos dos materiais que se atopan alí, xa que Jose achegounos ao centro unha gran variedade de propostas que nos ensinaron moitas cousas que non sabíamos sobre a tradición do mar na nosa comunidade.
Así foi que aprendemos diferentes tipos de pesca, embarcación ao longo da historia, como remar para non afundir (aínda que recoñecemos que nisto todavía nos queda moito), tipos de peixes nas diferentes zonas...
Foi unha sesión teórico - práctica na cal puidemos incluso manipular certos obxectos cos cales facemos da aprendizaxe algo máis significativo. A actividade era para as idades de 3º a 6º de primaria que asistiron nas diferentes quendas e respectando en todo momento as medidas de hixiene e desinfección indicadas no protocolo.
Queremos dar grazas aquí ao Museo do Pobo Galego pola súa atención e especialmente a Jose e Carme pola profesionalidade demostrada.
Esperemos que nun futuro cercano poidamos facer unha visita ao museo, pois quedamos con ganas de máis!!!
Deixamos algunha foto e vídeo resumo da xornada:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.