venres, 26 de marzo de 2021

TIME LAPSE EN SAN RAMÓN

Esta semana queremos achegarvos un time lapse que feito por Asier (6º de EI) co seu papá. Elaborado o día 20 de marzo, coincidindo co inicio da primavera astronómica, quixeron facer unha serie de fotografías (que se verán logo no vídeo como unha película) que retrataran un anoitecer en Moeche, concretamente en San Ramón.

Son 325 fotografías tomadas entre as 19:14 e as 19:34 horas en intervalos de 3 segundos. Da mesma maneira nos ofrecen un detallado análise das características meteorolóxicas do momento:

"Ceo pouco anubrado, cun vento forte de Nordés, seco e frío.

O ceo refrexa o alaranxado ao anoitecer, e ao lonxe vese o manto de nubes que cubre a serra da Capelada que frea a humidade do vento do norte ou nordés (efecto Föhn).
No caso da serra da Capelada, co tempo de Nordés ao ser ventos fríos e secos, non chegan a facer precipitación en situacións anticiclónicas, simplemente crea un manto de nubes en altura."




Deixamos tamén o vídeo do Time Lapse creado por eles:




Pero iso non é todo, senón que ademais, as nenas e nenos de infantil tiveron a gran sorte de que Fran se conectase con eles a través dunha videochamada para ensinarlles máis cousas sobre meteoroloxía, como por exemplo as fotos que saca o noso amigo Asier da lúa.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN CHICOS!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.