sábado, 13 de marzo de 2021

GLORIA FUERTES

Gloria Fuertes é unha autora que traballamos todos os anos por estas datas. Gústanos moito a súa maneira de presentar a poesía, poemas sinxelos ao alcance de todo o mundo. Textos adaptados ás nenas e os nenos, explicando cousas que son do seu interese. Os nosos favoritos son aqueles que comezan por "Como se dibuja...". 

É por iso que a nosa amiga Modestina, todos os entroidos, selecciona unha desas composicións para que saquemos as nosas mellores artes de debuxantes e intentemos seguir os pasos do poema para reproducir unha imaxe que se asemelle ao escrito por ela. Marzo é o mes da poesía e a moitos de nós encántanos disfrazarnos de pallasos, polo que pensamos que pintar pallasos a través dunha poesía sería unha idea marabillosa.

Os encargados/as de facer as ilustracións foron os grupos de 3º,4º,5º e 6º e foron moitas as obras presentadas, pero só dúas podían ser as seleccionadas como as "mellores" e levar un pequeno recoñecemento. A decisión sería tomada por un esixente xurado composto polo alumnado de infantil, 1º e 2º.

Taboleiro con todas as propostas


Aquí ofrecémosvos unha representación do xurado, tomando unha dura decisión...




Despois da deliberación pertinente, estes serían os pallasos que máis gustaron (levan un número xa que o xurado non podía coñecer a autoría da obra de arte)





PARABÉNS A ÓSCAR (3º) E ALBERTO (5º), GAÑADORES DESTE CURSO!!!

ESPEREMOS QUE DISFRUTEDES DO VOSO AGASALLO


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.