O pasado martes tivemos a sorte de volver a contar no centro cunha escritora que xa é amiga do cole, pois son varias as ocasións nas que tivemos a oportunidade de compartir contos e historias con ela. María Canosa arrincaba a xuntanza virtual contando unha das súas últimas creacións. "Quero saír" cóntanos, a través da visión dunha pequena nena,a importancia de respectar as normas para combatir esta batalla que temos contra o bichito...
Unha vez escoitado o contacontos era hora de falar con ela e facerlle moitas preguntas sobre as obras que lemos este curso: "A fábrica de bicos", ""A cazadora de estrelas" e "Muriel". Unha vez máis, a autora respondeu a todas as cuestións de maneira que nos fixo poñernos no papel de cada un dos seus personaxes.
Finalizamos o encontro cunha serie de propostas interesantes como realizar segundas partes dos libros lidos, a posibilidade de escribir sobre dinosauros, fútbol ou dinosauros que xogan ao fútbol...
GRAZAS MARÍA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.