venres, 28 de maio de 2021

SEGUIMOS CON FOTOS PARA METEOMOECHE

Seguen a chegar fotografías das familias ao noso observatorio. Nesta ocasión temos unha de día e outra de noite. Comezamos coa proposta diurna, feita por Noa Martínez (3º primaria), que nos ensina unha forma dunha nube un tanto estrana, será que quere comer algo?


A continuación mostraremos dúas que nos chegan da familia de Paula (EI) e Carlos (6º primaria). Nesta semana existía a posibilidade de ver un eclipse total lunar (tamén chamado "lúa de sangue"), pero non nos tocaba a este lado do charco. Sen embargo, estes dous amigos quixeron mostrarnos que iluminada se vía a lúa desde a súa casa. A verdade é que é abraiante!




Todavía podedes seguir enviando fotos nesta recta final a "meteomoeche@gmail.com". Aproveitade para mandar curiosidades, nubes ou outros fenómenos que vos chamen a atención.

GRAZAS FAMILIAS!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.