SAÍDA 5º E 6º - RECOLLIDA LIXO MARIÑO
Esta actividade está organizada dende a materia de ciencias da natureza de 5º e 6º de primaria, polo que so vai dirixida a este grupo estable do centro. Está promovida polo centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia..
A actividade programada, se o tempo o permite, terá lugar na praia de Portocovo en Santa Cruz de Oleiros, situada frente ao castelo de Santa Cruz o vindeiro luns 24 de maio.
A temporalización da actividade será a seguinte:
10:30 horas - Recepción do grupo e explicación da actividade polos especialistas.
10:45 - Traballo de revisión da praia, inventariado dos residuos e fichas-formulario da limpeza de praias.
12:00 - Breve descanso para tomar a merenda.
12:15 - Posta en común
12:45 - 13:00 - Charla e finalización da actividade.
Deben levar roupa e calzada axeitados e cómodos para traballar na praia, tendo en conta as condicións meteorolóxicas do propio día( roupa de abrigo e chuvasqueiro se hai mal tempo;. e gorra, pantalóns largos e protector solar con bo tempo).
É recomendable levar auga e evitar levar mochilas con moito peso.
FUNDAMENTAL: LEVAR PEQUENO ESTOXO CON MÁSCARA DE REPOSTO, PANOS DESBOTABLES E XEL HIDROALCOHÓLICO.
Motivo da actividade:
A actual sociedade de consumo na que estamos a vivir leva da man unha xeración de residuos en cantidades intolerables para o noso planeta. Estes residuos ameazan de xeito moi intenso aos ecosistemas terrestres e mariños, por non falar da saúde humana. A meirande parte dese lixo acaba por chegar aos mares, provocando problemas ambientais moi graves.
Preténdese, por tanto:
- Identificar a problemática do lixo mariño, sendo capaz de entendela, ollándoo de xeito crítico.
- Coñecer os impactos negativos que xeran as nosas actividades cotiás na xeración de residuos.
- Traballar e implicar no desenvolvemnento das posibles solución que nos poden levar a unha mitigación e correccción desta grave problema ambiental.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.