Os pequeniños e pequeniñas do cole están de cheo investigando sobre os bechos da contorna de Moeche, comezamos polos máis próximos a eles, como podían ser as formigas, arañas, caracois... Pero destas investigacións xa sairon algúns que descoñecíamos como son as vacalouras ou escornabois, cun nome tan curioso como a súa apariencia.
Dende logo que está sendo un traballo que nos motivou máis do imaxinable, e que non só nos está permitindo traballar vocabulario e coñecer moito máis sobre a natureza, senón tamén lóxica-matemática con simetrías, cores, formas, clasificacións, seriacións, relacións, etc.
Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo, para o que aceptamos colaboracións de todo aquel que teña coñecemento sobre o tema :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.