martes, 11 de maio de 2021

EXPERIMENTO MISIÓN ALBA- NOVO RETO

 Ola chicos, chicas:

Aquí vos deixamos un novo reto que fixemos na clase de ciencias da natureza dentro da Misión Alba.

Nesta ocasión, formamos grupos de 4 compoñentes:

- 1 inflaba e sostiña un globo.

- Outro sostiña unha lupa para concentrar a luz do sol no globo.

- O 3º cronometraba o tempo que o globo tardaba en estoupar(se estoupaba).

- O último membro do grupo, o secretari@, anotaba o tempo que levaba estoupar a cada globo segundo a súa cor.

 


 

RESULTADOS:

Os globos de cor negra, estoupaban ao momento; os de cor blanca non chegaron a estoupar e os de outras cores foron estoupando en maior ou menor tempo.

PREGUNTAS A RESOLVER:

1.- Por que os globos negros estoupan antes que ningún?

2.- Por qué o globo branco non chega a estoupar?

Se vos atrevedes a resolver o enigma, podedes enviar as vosas respostas ao seguinte correo:

ayanez@edu.xunta.es e o alumnado de 5º e 6º contestarán encantados.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.