venres, 14 de maio de 2021

METEOMOECHE, SEGUIMOS COAS FOTOS!

A primeira das fotos que nos chegan é de Noa Martínez (3º primaria), que nos quere ensinar como está o ceo antes de caer unha boa!!! Estes días podemos sacar este tipo de fotos en calquera momento co tempo que está a facer!!! Grazas Noa pola túa aportación.


Seguimos cunha foto que sacou o profe Abel no mesmo patio de recreo. O ceo parece que estea "empedrado" con esta formación de estratocumulos, tamén coñecida como "os borreguiños", e xa sabedes polos refráns que nos foron chegando para o libro que "ceo empredado, en tres días chan mollado". Isto foi a semana pasada, non digo máis!



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.