xoves, 13 de maio de 2021

TRABALLO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS: FEIRA MODESTINA



Os/as Históric@s 5.0 traballaron na área de Ciencias Sociais un pequeno proxecto en relación ao tema da actividade económica. Decidiron crear cada neno/a a súa propia empresa. Para comezar había que pensar en que produto querían traballar, para posteriormente deseñar un logo de empresa e un slogan de ventas. A partir de aí investigamos, para todos os produtos, cal era a orixe dos mesmos. Acto seguido pasamos a ver a súa elaboración, produción, distribución, empaquetado... Tamén fixemos un pequeno estudo de mercado para ver a que prezos sería razoable vendelos.


Foi un traballo moi laborioso pero enriquecedor. Decidimos plasmalo nun mural que está no corredor do centro, 






Ademais de producilo tamén en formato dixital para que todos e todas puidésedes velo por aquí:

CLIC PARA ACCEDER AOS DOCUMENTOS

Da mesma maneira fixemos unhas exposicións orais na aula para que cada compañeiro/a coñece a forma de traballar nas empresas dos seus amigos/as. E, como xa sabedes que este grupo é un pouco artista, moitos deles quixeron crear un vídeo para a súa canle onde se colaron directamente na Feira de Moeche para promocionar as súas empresas!!! Non volo perdades!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.