venres, 7 de maio de 2021

CHARLA METEORTEGAL



Hoxe no centro tivemos a sorte de contar con Chema, de Meteortegal. Coñecíamolo de ver as súas publicacións nas redes sociais sobre a meteoroloxía da nosa contorna e nesta xornada puidemos pasar un anaco con el aprendendo sobre o tema.

Chema ofreceuse para falar un pouco con cada aula, respectando os grupos estables. Ademais de ensinarnos a súa propia estación meteorolóxica falounos sobre conceptos como o tempo, clima, factores e elementos que inflúen no clima, aparatos de medida etc

Ao final de cada sesión houbo un tempo para que nós tamén lle comentaramos os nosos avances dentro do programa "MeteoMoeche" e incluso lle presentamos ás nosas mascotas. 

Moitísimas grazas Chema por dedicarnos o teu tempo, velaí vos van unhas fotos do encontro!

CLIC PARA FOTOS

1 comentario:

  1. toda sembradura en algun momento da su fruto. enhorabuena Chema por tu trabajo y aportacion por donde pasas, bendiciones desde Berlin
    Natza Artismo

    ResponderEliminar

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.