O coronavirus levou consigo moitas cousas, pero a ilusión nunca a levará. Mañá teríamos no cole unha gran festa de Entroido, pero como isto non pode ser decidimos traer un pequeno contacontos. Para isto virá o cómico galego Pedro Brandariz a presentarnos a súa actuación "Contos choqueiros". Unha sesión de contos divertida, onde a través da comedia, recupera as tradicións do Entroido típico galego con peliqueiros, cigarróns, pantallas, boteiros, ...
Cada aula ten asignado o seu horario diferenciado por grupo burbulla, mantendo as debidas distancias, cun pequeno descanso entre as catro actuacións (unha por grupo-aula) para desinfectar. Manteranse ante todo tódalas medidas hixiénico-sanitarias, pero o fundamental é que detrás das pequenas máscaras que tapan as cariñas dos nosos nenos e nenas a diario, conseguiremos que aparezan moitos sorrisos.
Non vos esquezades de que mañá temos a última mensaxe do noso querido Meco Juanete! Que nos terá preparado?
Logo disto, agardamos que disfrutedes dunha ponte de Entroido tranquila e acompañados dos vosos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.